{"id":15883,"date":"2025-10-27T13:24:49","date_gmt":"2025-10-27T11:24:49","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15883"},"modified":"2025-10-30T13:35:59","modified_gmt":"2025-10-30T11:35:59","slug":"doce-meses-once-historias-outubro-estratexia-e-coherencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/doce-meses-once-historias-outubro-estratexia-e-coherencia\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: OUTUBRO. Estratexia e coherencia."},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-scaled.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-15884 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-scaled.jpg\" alt=\"\" width=\"515\" height=\"309\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-scaled.jpg 2560w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-1024x614.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-768x461.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-1536x922.jpg 1536w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-2048x1229.jpg 2048w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/etxanove-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 515px) 100vw, 515px\" \/><\/a>X\u00e9rame unha gran satisfacci\u00f3n escribir estas li\u00f1as no 30 aniversario de ALGALIA. A trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n no \u00e1mbito profesional, desde fai xa preto de 15 anos, co\u00f1ec\u00edn a moitas das persoas que integran a organizaci\u00f3n e non poder\u00eda facer outra cousa m\u00e1is que subli\u00f1ar as s\u00faas virtudes. Moi especialmente o punto de vista humano, que trasladan \u00e1 s\u00faa forma de desenvolver a actividade profesional. Sen d\u00fabida, no seu modo de facer as cousas, ALGALIA \u00e9 diferente a outras empresas de servizos.<\/p>\n<p>Pero neste momento vou cinguirme a un \u00e1mbito m\u00e1is t\u00e9cnico, que desenvolvemos conxuntamente neses primeiros momentos da relaci\u00f3n entre ALGALIA e a cooperativa da que son socio, LKS Next, empresa de servizos do grupo MONDRAGON. A inquedanza por aprender e compartir e a procura de organizaci\u00f3ns coas que puidesen facelo levou ao conxunto de persoas socias de ALGALIA a propiciar e establecer esta relaci\u00f3n, que pronto se concretou na colaboraci\u00f3n no \u00e1mbito da xesti\u00f3n estrat\u00e9xica.<\/p>\n<p>A mellor forma de facelo foi, en primeiro lugar, fortalecendo os seus propios procesos de dese\u00f1o e seguimento da estratexia. Al\u00e1 por 2012, ALGALIA integrou o concepto de modelo de negocio e unha ferramenta que ent\u00f3n emerx\u00eda con forza e que posteriormente foi obxecto de aplicaci\u00f3n en numerosas organizaci\u00f3ns: o canvas de Osterwalder, unha forma de interpretar modelos de negocio de forma sinxela e sint\u00e9tica. Non foi a aplicaci\u00f3n en ALGALIA da ferramenta en si, sen\u00f3n a profundidade e alcance das reflexi\u00f3ns do equipo o que chamou a mi\u00f1a atenci\u00f3n.<\/p>\n<p>Foi unha \u00e9poca, ademais, na que ALGALIA estruturou os seus procesos estrat\u00e9xicos ao redor dos \u00e1mbitos corporativo e de negocio, dando sentido ao conxunto da organizaci\u00f3n e os temas prioritarios que deb\u00eda abordar. Doutra banda, definida a s\u00faa estratexia, o despregamento a trav\u00e9s dos POAs en per\u00edodos anuais \u00e9 outra boa pr\u00e1ctica asentada desde ent\u00f3n. A coherencia das formulaci\u00f3ns estrat\u00e9xicas co modelo de empresa e os seus procesos de xesti\u00f3n sempre foi unha preocupaci\u00f3n en ALGALIA. E con gran alegr\u00eda podo constatar que, tras varios per\u00edodos estrat\u00e9xicos cuadrienais, ALGALIA consolidou a xesti\u00f3n estrat\u00e9xica e, nestes momentos, est\u00e1 no limiar dun novo per\u00edodo, cunha reflexi\u00f3n altamente participativa e profunda nun contexto tan complexo como o actual.<\/p>\n<p>Digo o que digo cun profundo convencemento. Sen iso, non ser\u00eda posible exp\u00f3r \u00e1mbitos de colaboraci\u00f3n e traballo conxunto entre ALGALIA e LKS Next. Colaboraci\u00f3n que se concretou no mercado en proxectos de estratexia, modelos organizativos ou contabilidade social, por nomear os m\u00e1is recorrentes na nosa relaci\u00f3n. Facer equipo con profesionais de ALGALIA ach\u00e9game a garant\u00eda de prestar un bo servizo e seguir aprendendo conxuntamente.<\/p>\n<p>A traxectoria das empresas axuda a explicar moi ben as cousas que ocorren hoxe. Boto a vista atr\u00e1s, e o pasado sobre o que escrib\u00edn estas li\u00f1as, centrado nun proceso tan importante como a xesti\u00f3n estrat\u00e9xica en ALGALIA, ax\u00fadame a entender por que cumpren xa 30 anos como unha organizaci\u00f3n referente. Inquedanza por aprender, disposici\u00f3n a compartir, elevado nivel profesional e coherencia. Hai que homenaxear a unha organizaci\u00f3n que fai realidade a m\u00e1xima de predicar co exemplo. A todas as persoas que formades parte deste gran proxecto, felicidades!<\/p>\n<p><em>Alfonso Echanove<\/em><\/p>\n<p><em>Responsable da \u00e1rea de Estratexia de LKS Next<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>X\u00e9rame unha gran satisfacci\u00f3n escribir estas li\u00f1as no 30 aniversario de ALGALIA. A trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n no \u00e1mbito profesional, desde fai xa preto de 15 anos, co\u00f1ec\u00edn a moitas das persoas que integran a organizaci\u00f3n e non poder\u00eda facer outra cousa m\u00e1is que subli\u00f1ar as s\u00faas virtudes. Moi especialmente o punto de vista humano, que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15884,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[54,14],"tags":[31],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15883"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15883"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15883\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15885,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15883\/revisions\/15885"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15884"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15883"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15883"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15883"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}