{"id":15850,"date":"2025-09-30T09:22:03","date_gmt":"2025-09-30T07:22:03","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15850"},"modified":"2025-10-20T10:18:05","modified_gmt":"2025-10-20T08:18:05","slug":"doce-meses-once-historias-setembro-facer-visible-o-que-nos-fai-diferentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/doce-meses-once-historias-setembro-facer-visible-o-que-nos-fai-diferentes\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: SETEMBRO. Facer visible o que nos fai diferentes"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\"><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/COM.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-15851 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/COM.jpg\" alt=\"\" width=\"497\" height=\"298\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/COM.jpg 1500w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/COM-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/COM-1024x614.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/COM-768x461.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/COM-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 497px) 100vw, 497px\" \/><\/a>Dos seus 30 anos de historia apenas gocei un lustro desde que o equipo de Algalia confiou en min para levar a comunicaci\u00f3n corporativa, pero, neste tempo, tiven a sorte de ver como Algalia foi acadando solidez e reco\u00f1ecemento no seu sector. E se algo se probou desde ent\u00f3n, \u00e9 que esa solidez non s\u00f3 se constr\u00fae co traballo ben feito, sen\u00f3n tam\u00e9n coa capacidade de contalo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">A econom\u00eda social ten un valor incalculable, pero \u00e1s veces c\u00fastalle facerse visible. Estamos afeitos a centrarnos no servizo, no coidado das persoas e na misi\u00f3n social que nos move, e deixamos nun segundo plano a maneira de comunicalo. Con todo, a visibilidade non \u00e9 un adorno: \u00e9 unha necesidade. \u00c9 o que permite que quen poder\u00eda beneficiarse do que facemos chegue a co\u00f1ecernos, e que as administraci\u00f3ns nos reco\u00f1ezan como un actor clave.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Comunicar \u00e9 tam\u00e9n coidar: aos clientes, que atopan en n\u00f3s unha resposta \u00e1s s\u00faas necesidades; \u00e1s entidades, que nos co\u00f1ecen mellor e conf\u00edan no noso traballo; ao equipo, que sinte orgullo por pertencer a un proxecto que impacta positivamente en tantas vidas.; e \u00e1 sociedade, que reco\u00f1ece en Algalia unha forma distinta de facer empresa.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Nestes \u00faltimos anos vin como Algalia deu un salto enorme neste sentido. Non se trata s\u00f3 de ter unha web actualizada ou de publicar en redes sociais. Tr\u00e1tase de proxectar cara a f\u00f3ra o que somos dentro: unha cooperativa que aposta pola innovaci\u00f3n, pola calidade nos servizos e polas persoas como motor de todo. A comunicaci\u00f3n permitiunos abrir portas a novas oportunidades, xerar confianza nos nosos clientes, reforzar alianzas e, sobre todo, conectar coa comunidade.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Facer visible a Algalia significa tam\u00e9n reforzar a visibilidade da econom\u00eda social. Porque cada historia que contamos \u2014dun proxecto, dun servizo, dunha persoa\u2014 \u00e9 un recordatorio de que existen outras formas de facer empresa, m\u00e1is xustas e sostibles. Nun mundo onde a competencia \u00e9 feroz e a atenci\u00f3n \u00e9 limitada, coidar a comunicaci\u00f3n non \u00e9 un luxo: \u00e9 unha ferramenta estrat\u00e9xica para seguir crecendo sen perder a nosa esencia.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Hoxe, neste 30 aniversario, toca felicitar a quen fixo posible que Algalia chegue ata aqu\u00ed. Pero tam\u00e9n toca mirar cara a adiante co compromiso de seguir transmitindo mellor, con autenticidade e proximidade, para que a sociedade vexa e valore o que levamos facendo desde 1995: po\u00f1er sempre \u00e1s persoas no centro.<\/span><\/p>\n<p><i><span style=\"font-weight: 400;\">Mireia Su\u00e1rez, responsable de Comunicaci\u00f3n de Algalia.<\/span><\/i><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dos seus 30 anos de historia apenas gocei un lustro desde que o equipo de Algalia confiou en min para levar a comunicaci\u00f3n corporativa, pero, neste tempo, tiven a sorte de ver como Algalia foi acadando solidez e reco\u00f1ecemento no seu sector. E se algo se probou desde ent\u00f3n, \u00e9 que esa solidez non s\u00f3 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15851,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[54,14],"tags":[31],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15850"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15850"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15850\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15852,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15850\/revisions\/15852"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15851"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15850"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15850"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15850"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}