{"id":15724,"date":"2025-07-09T10:26:24","date_gmt":"2025-07-09T08:26:24","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15724"},"modified":"2025-10-20T10:20:43","modified_gmt":"2025-10-20T08:20:43","slug":"doce-meses-once-historias-xullo-socialia-org-os-inicios-da-comunicacion-dixital","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/doce-meses-once-historias-xullo-socialia-org-os-inicios-da-comunicacion-dixital\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: XULLO. Socialia.org, os inicios da comunicaci\u00f3n dixital"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-scaled.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-15725 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-scaled.jpg\" alt=\"\" width=\"480\" height=\"288\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-scaled.jpg 2560w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-1024x614.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-768x461.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-1536x922.jpg 1536w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-2048x1229.jpg 2048w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/socialia_ok-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 480px) 100vw, 480px\" \/><\/a>Deb\u00edn ser unha das primeiras \u201cclientas\u201d de Algalia, cando dende o Colectivo Galego do Menor confiamos nun grupo de mozos que sab\u00edan o que t\u00ed\u00f1amos que facer para xestionar ben a Asociaci\u00f3n e que, ademais, me ensinar\u00edan a aplicar ese rigor e esa visi\u00f3n de \u201csector\u201d ao longo de toda a mi\u00f1a vida profesional.<\/p>\n<p>As\u00ed que, cando me incorporei a Algalia para sacar adiante un novidoso proxecto, impulsado pola Obra Social da Caixa Galicia daquela \u00e9poca, sentinme na casa: xa compart\u00edamos valores, metodolox\u00eda e visi\u00f3n. Non hab\u00eda m\u00e1is que sumar esforzos.<\/p>\n<p>Socialia.org, nos inicios da comunicaci\u00f3n dixital, ofrec\u00eda un espazo virtual de confluencia para as entidades do Terceiro Sector. Coa mi\u00f1a compa\u00f1eira Elisa, \u201cescudri\u00f1\u00e1bamos\u201d revistas e peri\u00f3dicos en papel, bolet\u00edns que chegaban por correo electr\u00f3nico, as primeiras RSS con palabras clave para o sector, carteis e anuncios que pod\u00edamos atopar en calquera lugar\u2026 para seleccionar o contido que pod\u00eda ser de interese para as entidades sociais galegas e po\u00f1elo ao seu servizo a trav\u00e9s dun espazo web. Pensar hoxe en partir do anal\u00f3xico para convertelo en dixital parece unha broma, como doutro s\u00e9culo, pero \u00e9 o que ti\u00f1amos naquel momento, e non era pouco&#8230;<\/p>\n<p>Novas das Administraci\u00f3ns P\u00fablicas que afectaban \u00e1s entidades, convocatorias de financiamento p\u00fablicas e privadas, formaci\u00f3n, novidades lexislativas, proxectos pioneiros que pod\u00edan servir de inspiraci\u00f3n, xornadas, persoas clave\u2026 O co\u00f1ecemento que Algalia ti\u00f1a do sector e o respecto co que se trataba calquera iniciativa, por grande ou pequena que fora, fixeron de <a href=\"http:\/\/socialia.org\">Socialia.org<\/a> un referente. E a confianza que a Obra Social ti\u00f1a en n\u00f3s era total.<\/p>\n<p>Especial lembranza no afundimento do Prestige, cando a acci\u00f3n solidaria estaba desorganizada e segmentada nos primeiros d\u00edas do desastre: ofrec\u00edamos informaci\u00f3n actualizada obtida por radio, chamadas telef\u00f3nicas&#8230; de puntos de encontro para o voluntariado ou necesidades das entidades que estaban dispostas a organizar limpezas. Quer\u00edamos reaccionar r\u00e1pido e ben, prestando servizo, sen outros intereses.<\/p>\n<p>Pero Socialia traspasaba as pantallas. Naqueles anos participamos en varias xornadas de asociacionismo e voluntariado da Universidade de Vigo (Algalia tam\u00e9n rondaba por al\u00ed), na formaci\u00f3n de voluntariado que organizaba a administraci\u00f3n auton\u00f3mica por toda Galicia, nas exposici\u00f3ns sobre tem\u00e1tica solidaria que Caixa Galicia levaba \u00e1s r\u00faas como \u201cSolidar\u00edzate\u201d ou \u201cViradeiras\u201d (con postas en escea innovadoras e contidos sociais para toda a cidadan\u00eda).<\/p>\n<p>Socialia non desapareceu porque deixara de ser necesaria ou interesante. A evoluci\u00f3n do sistema bancario e das obras sociais tivo os seus efectos colaterais\u2026<\/p>\n<p>Algalia sempre tivo \u201cconciencia de terceiro sector\u201d, de participaci\u00f3n social, de construci\u00f3n colectiva da vida. E este proxecto foi unha achega m\u00e1is na que agradezo ter participado. Celebro tam\u00e9n terme atopado con v\u00f3s dende os inicios, ter aprendido con v\u00f3s e sentirme parte deste benquerido sector xuntos.<\/p>\n<p><em>Maite Serra, coordinadora da Fundaci\u00f3n Secretariado Gitano\u00a0en A Coru\u00f1a<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deb\u00edn ser unha das primeiras \u201cclientas\u201d de Algalia, cando dende o Colectivo Galego do Menor confiamos nun grupo de mozos que sab\u00edan o que t\u00ed\u00f1amos que facer para xestionar ben a Asociaci\u00f3n e que, ademais, me ensinar\u00edan a aplicar ese rigor e esa visi\u00f3n de \u201csector\u201d ao longo de toda a mi\u00f1a vida profesional. As\u00ed [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15725,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[54,14,48],"tags":[31],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15724"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15724"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15724\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15727,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15724\/revisions\/15727"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15725"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15724"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15724"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15724"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}