{"id":15701,"date":"2025-06-23T10:44:59","date_gmt":"2025-06-23T08:44:59","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15701"},"modified":"2025-10-20T10:22:20","modified_gmt":"2025-10-20T08:22:20","slug":"gonzalo-mira-algalia-e-unha-companeira-de-viaxe-das-que-deixan-pegada-axudounos-a-que-nestes-25-anos-alento-sexa-o-que-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/gonzalo-mira-algalia-e-unha-companeira-de-viaxe-das-que-deixan-pegada-axudounos-a-que-nestes-25-anos-alento-sexa-o-que-e\/","title":{"rendered":"Gonzalo Mira, de Alento: \u201cAlgalia \u00e9 unha compa\u00f1eira de viaxe das que deixan pegada\u201d"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-scaled.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-15704 aligncenter\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-scaled.jpg\" alt=\"\" width=\"643\" height=\"386\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-scaled.jpg 2560w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-1024x614.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-768x461.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-1536x922.jpg 1536w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-2048x1229.jpg 2048w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/ALENTO-1-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 643px) 100vw, 643px\" \/><\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong>Os fundadores de Alento, no seu 25 aniversario.<\/strong><\/p>\n<p><em>Alento, asociaci\u00f3n de dano cerebral, \u00e9 unha entidade que naceu da inquietude duns mozos relacionados co terceiro sector que v\u00edan nas familias a necesidade de ser escoitadas. Este ano cumpren cinco lustros de actividade e a s\u00faa cidade reco\u00f1eceulles como entidade Viguesa Distinguida. Hoxe lembramos os seus inicios e pr\u00f3ximos retos nunha conversaci\u00f3n cun dos seus fundadores e actual director xerente, Gonzalo Mira.<\/em><\/p>\n<ol>\n<li><strong><em> A que se dedica Alento?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>Alento constitu\u00eduse o 24 de maio do ano 2000 como unha asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro de apoio \u00e1s persoas afectadas por un dano cerebral adquirido. Xurdiu tras un traballo previo con familias que estaban a sufrir as consecuencias dun dano cerebral. Nesta iniciativa estabamos implicados un grupo de profesionais no social, Chus, Pili, Roc\u00edo, Rafa, Celso e eu, A nosa idea inicial era que as propias familias liderasen o proxecto, pero co tempo entendemos que o que realmente necesitaban eran soluci\u00f3ns, non verse envoltas nun proceso complexo de papelada e organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Houbo unha familia que marcou a diferenza: Mari, presidenta de Alento e Manolo, o seu marido e pais de Jony, que con 16 anos sufriu traumatismo cranioencef\u00e1lico grave nun accidente de tr\u00e1fico. Eles foron a mecha para que se constitu\u00edse Alento, ese \u201cfolio en branco\u201d con m\u00e1is preguntas que respostas, transformouse nun proxecto con alma e prop\u00f3sito. Sen eles, quizais todo se quedou nunha boa intenci\u00f3n sen percorrido.<\/p>\n<p>Hoxe, 25 anos despois e tras moito esforzo colectivo, Alento \u00e9 unha entidade de referencia en Galicia e a nivel nacional na atenci\u00f3n ao dano cerebral.<\/p>\n<ol start=\"2\">\n<li><strong><em> Como foi a s\u00faa traxectoria profesional dentro de Alento?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>Como di a canci\u00f3n \u201cpasaba por al\u00ed\u201d, Naquel ent\u00f3n eu xa traballaba no \u00e1mbito da discapacidade e participaba en diferentes proxectos sociais No ano 2000 traballaba en Aspanaex en Vigo, e compart\u00eda o proxecto de Alento con algunhas persoas que co\u00f1ec\u00edn anos antes. A nosa intenci\u00f3n nunca foi fundar a asociaci\u00f3n, sen\u00f3n apoiar tecnicamente \u00e1s familias para que elas liderasen o proxecto.<\/p>\n<p>Pero nese proceso inicial viuse a necesidade de profesionalizar a xesti\u00f3n. A xunta directiva prop\u00faxome asumir a direcci\u00f3n para impulsar o crecemento da entidade. Naquel momento o orzamento era m\u00ednimo, non hab\u00eda persoal e eu deixei un traballo estable que me encantaba para lanzarme a esta aventura, impliqueime ao 100% sen saber se poder\u00eda cobrar ou canto tempo durar\u00eda.<\/p>\n<p>Foi empezar de cero. Non hab\u00eda manual nin modelo, era un papel en branco, pero sabendo que era un proxecto viable e que estaba moi ben acompa\u00f1ado, a necesidade era tan perentoria que ti\u00f1a que sa\u00edr ben si ou si. Ningu\u00e9n falaba ent\u00f3n de dano cerebral en poboaci\u00f3n adulta. Fixemos un labor moi intensa de sensibilizaci\u00f3n, especialmente coa Administraci\u00f3n, para visibilizar a magnitude do problema.<\/p>\n<ol start=\"3\">\n<li><strong><em> Cal foi o fito m\u00e1is significativo logrado como entidade nestes 25 anos?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>Sen d\u00fabida, chegar ata aqu\u00ed, 25 anos despois, sendo capaces de dar unha resposta real \u00e1s necesidades de tantas persoas e familias. Hoxe traballamos 73 profesionais en Alento, cun enfoque moi centrado na persoa m\u00e1is al\u00f3 da discapacidade. Atendemos a 110 persoas cada d\u00eda, entre centro de d\u00eda e residencia, e miramos ao futuro con solidez t\u00e9cnica e compromiso.<\/p>\n<ol start=\"4\">\n<li><strong><em> Reco\u00f1ecidos recentemente como Vigueses Distinguidos 2025 polo Concello de Vigo: Que sup\u00f3n para Alento ser unha entidade de referencia no terceiro sector en Vigo e arredores?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>\u00c9 un reco\u00f1ecemento que sentimos como un agradecemento mutuo entre a cidade e a nosa entidade. Ao longo destes anos, sentimos o respaldo das familias, das persoas afectadas, veci\u00f1os e veci\u00f1as e da propia Administraci\u00f3n. Emoci\u00f3nanos porque, detr\u00e1s deste premio, est\u00e1 a historia de moitas persoas afectadas por un dano cerebral, que loitan cada d\u00eda por superarse, aprender, relacionarse, vivir. Historias de esforzo e dignidade que agora tam\u00e9n a cidade val\u00f3raas e reco\u00f1\u00e9ceas como propias.<\/p>\n<ol start=\"5\">\n<li><strong><em> Algunha destas historias que che ve\u00f1an \u00e1 cabeza?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>Uf, moitas. Todas te\u00f1en un elemento com\u00fan: persoas que sufriron un ictus ou traumatismo cranioencef\u00e1lico e que a s\u00faa vida p\u00faxose patas para arriba, persoas que pasan de ser coidadoras a ter que ser coidadas, que non poden volver ao seu traballo, persoas que a\u00ednda sufrindo unha discapacidade que lles fai dependentes, pero que a\u00ednda as\u00ed atopan benestar, e valoran profundamente o espazo humano que atopan en Alento.<\/p>\n<p>Ao final a nosa misi\u00f3n cando nos constitu\u00edmos era esa: mellorar a calidade de vida das persoas que sofren un dano cerebral. Ver a persoas que pasaron por un proceso moi duro e sa\u00edron de a\u00ed co apoio que reciben aqu\u00ed, \u00e9 ver cumprido o noso obxectivo como organizaci\u00f3n.<\/p>\n<ol start=\"6\">\n<li><strong><em> Algalia celebra 30 anos con Alento na s\u00faa carteira de clientes desde a s\u00faa fundaci\u00f3n. Que achega Algalia a entidades como Alento na s\u00faa actividade diaria?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>M\u00e1is que como organizaci\u00f3n, acomp\u00e1\u00f1annos as persoas que forman Algalia desde moito antes de fundar Alento, porque xa eramos compa\u00f1eiros e amigos noutros proxectos, como Celso \u2013 tam\u00e9n socio fundador de Alento-, \u00c1ngel, Jorge, Rafa, Tuco, Xose Ant\u00f3n, Suso\u2026Eramos persoas comprometidas a nivel social e que compartiamos experiencias e inquietudes e que uns fundaron Algalia, outros Alento, ou outros proxectos sociais como Arela. Seguimos xuntos en proxectos moi relevantes.<\/p>\n<p>Hoxe en d\u00eda Algalia \u00e9 un soporte t\u00e9cnico moi importante, sobre todo na toma de decisi\u00f3ns, \u00e1 hora de planificar a estratexia da entidade, na procura constante de melloras para achegarnos \u00e1 nosa misi\u00f3n. A\u00ed est\u00e1 Algalia, na construci\u00f3n dun proxecto que sexa capaz de dar resposta \u00e1s persoas e \u00e1s s\u00faas necesidades.<\/p>\n<p>Algalia, as persoas que a compo\u00f1en, son compa\u00f1eiras de viaxe dos que deixan pegada. Compartir mil conversaci\u00f3ns das que sa\u00edron moi boas decisi\u00f3ns, e que permitiron que nestes 25 anos Alento sexa o que \u00e9 actualmente. Coa visi\u00f3n clar\u00edsima de futuro de seguir traballando xuntos.<\/p>\n<ol start=\"7\">\n<li><strong><em> Cales son os valores m\u00e1is destacados de Algalia ou cos que Alento m\u00e1is se identifica?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>O compromiso cara \u00e1s persoas. O apoio do bo: con profesionalidade, rigor, proximidade, \u00e9tica, con decisi\u00f3ns compartidas en base a valores \u00c9 fundamental coidar \u00e1s persoas e especialmente \u00e1s que coidan.<\/p>\n<p>Para quen te\u00f1o responsabilidades, \u00e9 clave poder contar con profesionais de confianza, que nos apoien non s\u00f3 tecnicamente, sen\u00f3n tam\u00e9n no humano, con proximidade e sensibilidade. Iso \u00e9 o que atopamos en Algalia todos estes anos.<\/p>\n<ol start=\"8\">\n<li><strong><em> Que retos afronta Alento para os pr\u00f3ximos 25 anos?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ol>\n<p>Temos desaf\u00edos en dous niveis: cantidade e calidade. Por unha banda, debemos chegar a m\u00e1is persoas e territorios. Vigo xa est\u00e1 consolidado, pero queremos estender servizos a Pontevedra e outras zonas da provincia.<\/p>\n<p>Por outro, debemos seguir profundando na calidade. Queremos seguir ofrecendo unha atenci\u00f3n centrada na persoa, coidando a quen acompa\u00f1o e coid\u00e1ndonos tam\u00e9n como equipo. Ese equilibrio ser\u00e1 clave para poder crecer sen perder a nosa esencia.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os fundadores de Alento, no seu 25 aniversario. Alento, asociaci\u00f3n de dano cerebral, \u00e9 unha entidade que naceu da inquietude duns mozos relacionados co terceiro sector que v\u00edan nas familias a necesidade de ser escoitadas. Este ano cumpren cinco lustros de actividade e a s\u00faa cidade reco\u00f1eceulles como entidade Viguesa Distinguida. Hoxe lembramos os seus [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15704,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[11,14,48],"tags":[31],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15701"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15701"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15701\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15718,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15701\/revisions\/15718"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15704"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15701"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15701"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15701"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}