{"id":15689,"date":"2025-06-16T17:03:31","date_gmt":"2025-06-16T15:03:31","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15689"},"modified":"2025-10-20T10:22:40","modified_gmt":"2025-10-20T08:22:40","slug":"doce-meses-once-historias-xuno-da-incerteza-a-innovacion-a-aposta-de-algalia-pola-consultoria-organizativa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/doce-meses-once-historias-xuno-da-incerteza-a-innovacion-a-aposta-de-algalia-pola-consultoria-organizativa\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: XU\u00d1O. Da incerteza \u00e1 innovaci\u00f3n: A aposta de Algalia pola consultor\u00eda organizativa"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Combinado_consultoria.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-15690 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Combinado_consultoria.jpg\" alt=\"\" width=\"480\" height=\"288\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Combinado_consultoria.jpg 700w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Combinado_consultoria-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Combinado_consultoria-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 480px) 100vw, 480px\" \/><\/a>Era 2005 e a mi\u00f1a vida profesional transitaba pola empresa tradicional, entre auditor\u00edas e masters de xesti\u00f3n. Sent\u00eda que faltaba algo: sentido, conexi\u00f3n, impacto. Non sab\u00eda nada de econom\u00eda social nin do terceiro sector, pero unha chamada de Algalia cambiou o meu rumbo.<\/p>\n<p>Lembro con nitidez a primeira vez que crucei a s\u00faa porta, traxe e gravata inclu\u00eddos, e como me descolocou a naturalidade e proximidade de quen me recibiu. Pronto entend\u00edn que aqu\u00ed as cousas fac\u00edanse doutra maneira: o centro non era o resultado econ\u00f3mico, sen\u00f3n as persoas e os colectivos en situaci\u00f3n de exclusi\u00f3n social. Ese foi o meu punto de inflexi\u00f3n.<\/p>\n<p>Atopeime cunha \u00e1rea de proxectos diversa, plural, onde aterraban iniciativas de dinamizaci\u00f3n social e formaci\u00f3n en voluntariado. O equipo era pequeno pero bravo: Paula, Jorge, Ibra, Ram\u00f3n\u2026 e, pouco despois, David, o meu compa\u00f1eiro de mil batallas. Tocounos aprender xuntas e xuntos, reinventarnos ante a crise de 2008 e acompa\u00f1ar \u00e1s entidades en retos in\u00e9ditos: an\u00e1lises organizativas, clima laboral, plans de mellora, estratexias de futuro etc.<\/p>\n<p>Entre os primeiros encargos, gardo un agarimo especial ao dese\u00f1o dun selo de accesibilidade para a Fundaci\u00f3n Menela. Pouco ti\u00f1a que ver con auditor\u00edas nin procesos de calidade, e a\u00ednda que aquel proxecto quedou gardado nun caix\u00f3n, foi a mi\u00f1a porta de entrada a outra maneira de entender a consultor\u00eda: dende a escoita, a creatividade e o compromiso coa inclusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Non foi un cami\u00f1o doado. A \u00e1rea de proxectos era un espazo de supervivencia, onde a incerteza era a norma e a creatividade, a ferramenta principal. Pero foi tam\u00e9n un laboratorio de aprendizaxes compartidas, onde cada erro convert\u00edase nunha oportunidade para medrar e cada acerto, nun motivo para celebrar colectivamente.<\/p>\n<p>Co tempo soubemos transformar ese \u201ccaix\u00f3n desastre\u201d nunha consultor\u00eda de desenvolvemento organizativo especializada, capaz de acompa\u00f1ar procesos de cambio profundo en organizaci\u00f3ns do terceiro sector e da econom\u00eda social. Este paso non foi s\u00f3 un cambio de nome, sen\u00f3n unha aposta estrat\u00e9xica de Algalia por consolidar un negocio de consultor\u00eda propio, con identidade e prop\u00f3sito, capaz de ofrecer valor engadido e respostas innovadoras \u00e1s necesidades das entidades sociais.<\/p>\n<p>Nesta viaxe, as alianzas foron clave. A colaboraci\u00f3n con entidades como Fundaci\u00f3n EDE, LKS e Imatia permitiunos sumar forzas, compartir metodolox\u00edas e multiplicar o impacto na econom\u00eda social. Da man destas alianzas e da experiencia compartida con decenas de organizaci\u00f3ns, naceu VIRADA: o noso programa de referencia para o desenvolvemento de liderado e transformaci\u00f3n cultural, e que tam\u00e9n nos ensinou unha profesi\u00f3n nova, a de facilitador e coach. VIRADA \u00e9 moito m\u00e1is que unha proposta formativa; \u00e9 un espazo de acompa\u00f1amento e crecemento colectivo, onde traballamos o liderado, a cohesi\u00f3n de equipos e a evoluci\u00f3n cara a modelos organizativos m\u00e1is humanos e sostibles.<\/p>\n<p>Hoxe, miro atr\u00e1s e reco\u00f1ezo que o esencial non foi s\u00f3 o xiro profesional, sen\u00f3n a viaxe persoal e colectiva: aprender a escoitar, a acompa\u00f1ar, a constru\u00edr soluci\u00f3ns desde a empat\u00eda e a colaboraci\u00f3n. Nada disto ser\u00eda posible sen todas as persoas que formaron parte da \u00e1rea de proxectos e consultor\u00eda ao longo dos anos, nin sen a confianza das organizaci\u00f3ns que nos abriron as s\u00faas portas e permit\u00edronnos medrar ao seu lado. E, por suposto, sen a aposta decidida de Algalia por constru\u00edr e soster un negocio de consultor\u00eda propio, comprometido coa transformaci\u00f3n social.<\/p>\n<p>Quiz\u00e1 a historia non sexa exacta, pero \u00e9 a que vivimos xuntas e xuntos. E segue aberta, porque a transformaci\u00f3n social \u00e9 un proceso colectivo, imperfecto e apaixonante, onde cada paso conta.<\/p>\n<p><strong><em>\u00a0<\/em><\/strong><strong><em>Miguel Barbosa, responsable de Servizo de Consultor\u00eda de Algalia<\/em><\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Era 2005 e a mi\u00f1a vida profesional transitaba pola empresa tradicional, entre auditor\u00edas e masters de xesti\u00f3n. Sent\u00eda que faltaba algo: sentido, conexi\u00f3n, impacto. Non sab\u00eda nada de econom\u00eda social nin do terceiro sector, pero unha chamada de Algalia cambiou o meu rumbo. Lembro con nitidez a primeira vez que crucei a s\u00faa porta, traxe [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15690,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12,14,48,53],"tags":[31],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15689"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15689"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15689\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15691,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15689\/revisions\/15691"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15690"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15689"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15689"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15689"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}