{"id":15663,"date":"2025-05-14T09:41:06","date_gmt":"2025-05-14T07:41:06","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15663"},"modified":"2025-06-03T09:29:42","modified_gmt":"2025-06-03T07:29:42","slug":"doce-meses-once-historias-maio-30-anos-de-acompanamento-e-tranquilidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/doce-meses-once-historias-maio-30-anos-de-acompanamento-e-tranquilidade\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: MAIO. Trinta anos de acompa\u00f1amento e tranquilidade"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\"><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Antonio_Fuentaja.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-15664 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Antonio_Fuentaja.jpg\" alt=\"\" width=\"516\" height=\"310\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Antonio_Fuentaja.jpg 700w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Antonio_Fuentaja-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Antonio_Fuentaja-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 516px) 100vw, 516px\" \/><\/a>En primeiro lugar, agradezo a todo o equipo actual de Algalia, a oportunidade de poder lembrar os primeiros tempos en que contactamos e comezamos unha duradeira relaci\u00f3n, crecendo e acompa\u00f1\u00e1ndonos nun complicado cami\u00f1o de m\u00e1is de vintenove anos (1996).<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Neste \u00e1mbito, tanto nos 80 como nos 90, ning\u00fan inicio foi sinxelo; eu comecei a mi\u00f1a traxectoria laboral no movemento asociativo de familias das persoas con discapacidade intelectual, na asociaci\u00f3n ASPAS \u2013 Santiago de Compostela- en 1985, con recursos escasos, moita ilusi\u00f3n e compromiso, supo\u00f1o que o mesmo que lle sucedeu en 1995 aos pioneiros de Algalia. Por aquel ent\u00f3n, as mi\u00f1as principais ferramentas eran o meu propio computador dom\u00e9stico, un Oric Atmos con interface de casete, un rudimentario procesador de textos e folla de c\u00e1lculo completados cunha m\u00e1quina de escribir el\u00e9ctrica que se pod\u00eda conectar como impresora, todo iso despois dunha longa traxectoria de voluntariado en ASPRONAGA E ASPAS (desde 1972).<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">En 1992 incorp\u00f3rome como director xerente de FADEMGA. Creo que con bo criterio, os m\u00e1ximos responsables de FADEMGA por aquelas datas, Julio Corti\u00f1as e Eladio Fern\u00e1ndez, decat\u00e1ronse de que despois de trece anos de vida, o movemento asociativo e a federaci\u00f3n estaban parados. As poucas asociaci\u00f3ns existentes e o escaso orzamento federativo demostr\u00e1bano, xa que se puxeron en marcha cun escaso orzamento dun mill\u00f3n e medio de pesetas (ao redor de 9.000\u20ac). Era imprescindible e urxente apostar por profesionalizar o sector, as\u00ed que por aquelas datas e como primeiro paso para conseguir este obxectivo, chegou a mi\u00f1a contrataci\u00f3n.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Dada a complexidade do proxecto e especificidade do sector, aos poucos fomos incorporando a Javier, Pepe, Mar\u00eda\u2026; pero careciamos dun bo asesoramento, pr\u00f3ximo, espec\u00edfico e plural que abarcase \u00e1reas fundamentais como laboral, contable, fiscal\u2026 Despois de catro anos de experiencia federativa, o que atopabamos non era espec\u00edfico e, en moitos casos, non se chegaba a entender moi ben o sector social e m\u00e1is en particular o movemento asociativo de familias de FADEMGA. As nosas d\u00fabidas e consultas eran moitas e practicamente diarias, necesitabamos unha asesor\u00eda pr\u00f3xima co\u00f1ecedora da complexidade do sector, moi posta en dereito laboral\u00a0 e co\u00f1ecedora do convenio colectivo, nas peculiaridades contables e fiscais da econom\u00eda social.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">En 1996 contactamos con ALGALIA, unha entidade moi nova constitu\u00edda s\u00f3 un ano antes, especializada no terceiro sector social, que detectou a gran oportunidade e necesidade de ofrecer \u00e1s entidades un servizo de asesoramento completo e especializado, que tivo a visi\u00f3n das grandes carencias e da necesidade destes servizos profesionais. Si, eran moi novos, con ansias de comerse o mundo dando os mellores e m\u00e1is completos servizos do mercado neses momentos, pero en moi pouco tempo pux\u00e9ronse \u00e1 cabeza do asesoramento do sector. Levaban un ano traballando cunha entidade sen \u00e1nimo de lucro potente, o Colectivo\u00a0 Galego do Menor, o que afianzou m\u00e1is a nosa decisi\u00f3n de contratalos; ademais, dado que o valor diferencial era que ofrec\u00edan un asesoramento espec\u00edfico de calidade en moi diversas \u00e1reas, sempre orientamos \u00e1s entidades federadas -e mesmo non federadas-, a contactar con Algalia e deixarse asesorar polos seus profesionais.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Creo que Algalia achegoulle a FADEMGA, a todo o movemento asociativo, ao terceiro sector social sen \u00e1nimo de lucro da Comunidade aut\u00f3noma en xeral, asesoramento moi profesional axudando \u00e1 vez a profesionalizar todo o sector.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Persoalmente, durante todos estes anos \u00e1 cabeza da mi\u00f1a entidade, contei en todo momento cun acompa\u00f1amento que me daba tranquilidade en moitas das mi\u00f1as decisi\u00f3ns. Fomos medrando xuntos e apoi\u00e1ndonos mutuamente en momentos convulsos de continuos e moi r\u00e1pidos cambios lexislativos, que complican cada vez m\u00e1is o d\u00eda a d\u00eda das entidades, polo que se en 1995\/96\u00a0 Algalia\u00a0 era moi necesaria, creo que agora \u00e9 cada vez m\u00e1is imprescindible.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Moitas grazas a Suso, Rafa, Celso, Jorge, Isaura, \u00c1ngel, David, Javier, Miguel, \u2026 polo acompa\u00f1amento durante todos estes anos.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">MOITAS GRAZAS ALGALIA e MOI FELIZ 30 ANIVERSARIO.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><i><span style=\"font-weight: 400;\">Antonio Fuentetaja Cervelo, director xerente de FADEMGA entre 1996 e 2023<\/span><\/i><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En primeiro lugar, agradezo a todo o equipo actual de Algalia, a oportunidade de poder lembrar os primeiros tempos en que contactamos e comezamos unha duradeira relaci\u00f3n, crecendo e acompa\u00f1\u00e1ndonos nun complicado cami\u00f1o de m\u00e1is de vintenove anos (1996). Neste \u00e1mbito, tanto nos 80 como nos 90, ning\u00fan inicio foi sinxelo; eu comecei a mi\u00f1a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15664,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[11,12,48],"tags":[31,24,33],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15663"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15663"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15663\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15679,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15663\/revisions\/15679"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15664"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15663"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15663"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15663"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}