{"id":15527,"date":"2025-04-15T11:36:08","date_gmt":"2025-04-15T09:36:08","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15527"},"modified":"2025-04-23T12:31:51","modified_gmt":"2025-04-23T10:31:51","slug":"as-andainas-pola-compostela-rua-algalia-a-orixe-dunha-historia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/as-andainas-pola-compostela-rua-algalia-a-orixe-dunha-historia\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: ABRIL. As andainas pola compostel\u00e1 r\u00faa Algalia, a orixe dunha historia"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/ruaALGALIA.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-15528 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/ruaALGALIA.jpg\" alt=\"\" width=\"448\" height=\"269\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/ruaALGALIA.jpg 700w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/ruaALGALIA-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/ruaALGALIA-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 448px) 100vw, 448px\" \/><\/a>A\u00ednda gardo o primeiro documento da primeira reuni\u00f3n como asociaci\u00f3n. O primeiro nome que utilizamos foi \u2018Proxecto Balde\u2019, como alegor\u00eda de un recipiente ou caldeiro que recolle a auga e non a deixa escapar, as\u00ed queriamos proxectarnos cara aos nosos clientes, pero ao pouco tempo d\u00e9monos de conta de que hab\u00eda que darlle unha volta \u00e1 nosa carta de presentaci\u00f3n, porque poder\u00eda ser danoso para a nosa actividade\u2026 E se a xente entend\u00eda que non cobrabamos polo noso traballo? De balde, en galego, \u00e9 gratis.<\/p>\n<p>Pux\u00e9monos a darlle voltas ao asunto. Por aquel ent\u00f3n non hab\u00eda webs, nin dispositivos dixitais, conexi\u00f3n a internet &#8230;, polo que nos preocupaba que a nosa pequena entidade puidese ir fac\u00e9ndose visible, co\u00f1ecida, cun nome atractivo, sonoro e, que se algunha vez inclu\u00edase nalgunha gu\u00eda, sa\u00edse nos primeiros postos.<\/p>\n<p>Realizamos unha choiva de ideas. Non lembro a cantidade de nomes que se puxeron sobre a mesa, pero as posibilidades \u00edanse reducindo e o que si te\u00f1o claro \u00e9 que fun eu o que propuxo o nome de Algalia por primeira vez.<\/p>\n<p>Alg\u00fan de n\u00f3s estabamos vencellados con Santiago. Estudabamos Ciencias Econ\u00f3micas en Vigo, pero cuarto e quinto curso ti\u00f1amos que facelo en Santiago, onde vivimos con amigos que levaban xa un tempo al\u00ed. Cruzabamos a vila en diferentes direcci\u00f3ns pero sempre pola zona vella. Durante ese tempo percorremos a r\u00faa Algalia (de Arriba e de Abaixo) para ir tomar algo \u00e1 Praza de Cervantes ou a San Roque.<\/p>\n<p>\u2018Algalia\u2019 ti\u00f1a unha bonita sonoridade, era un referente galego e nos gustou que empezara por A, xa que iso permit\u00edanos unha localizaci\u00f3n privilexiada nas listaxes de empresas e gu\u00edas telef\u00f3nicas.<\/p>\n<p>Co paso do tempo comprobamos que este nome a\u00ednda soa actual, soubo madurar a pesar dos trinta anos que leva \u00e1s s\u00faas costas. Ademais, o \u00e9xito de Algalia Sociedade Cooperativa no seu sector deulle valor e prestixio, non s\u00f3 en Galicia. E \u00e9 un orgullo enorme formar parte da s\u00faa historia.<\/p>\n<p><em>\u00a0<\/em>X<em>os\u00e9 Carlos \u00c1lvarez, secretario do Consello Reitor de Algalia<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A\u00ednda gardo o primeiro documento da primeira reuni\u00f3n como asociaci\u00f3n. O primeiro nome que utilizamos foi \u2018Proxecto Balde\u2019, como alegor\u00eda de un recipiente ou caldeiro que recolle a auga e non a deixa escapar, as\u00ed queriamos proxectarnos cara aos nosos clientes, pero ao pouco tempo d\u00e9monos de conta de que hab\u00eda que darlle unha volta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15528,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15527"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15527"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15527\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15531,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15527\/revisions\/15531"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15528"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15527"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15527"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15527"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}