{"id":15389,"date":"2025-02-27T16:04:51","date_gmt":"2025-02-27T14:04:51","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15389"},"modified":"2025-05-07T17:37:02","modified_gmt":"2025-05-07T15:37:02","slug":"doce-meses-once-historias-febreiro-os-inicios-de-algalia-pipiolos-nun-baixo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/doce-meses-once-historias-febreiro-os-inicios-de-algalia-pipiolos-nun-baixo\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: FEBREIRO. Os inicios de Algalia, pipiolos nun baixo"},"content":{"rendered":"<p>Hai uns d\u00edas Algalia cumpriu anos. Como non pod\u00eda ser doutro xeito o noso aniversario f\u00edxase no momento en que levamos \u00e1 Delegaci\u00f3n da Axencia Tributaria de Vigo o 036 de alta da nosa empresa.<\/p>\n<p>Iso foi un 31 de xaneiro de 1995 polo que acabamos de cumprir 30 anos xa. Que pronto se di e o que custou cumprilos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/1.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-full wp-image-15390 aligncenter\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/1.jpg\" alt=\"\" width=\"670\" height=\"402\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/1.jpg 670w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/1-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/1-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 670px) 100vw, 670px\" \/><\/a><\/p>\n<p>Naquel momento os que estabamos no proxecto ti\u00f1amos escasos vinte pico anos e participamos cada un co que pod\u00eda achegar: alg\u00fans achegaron o seu tempo, porque ou ben acababan de estudar na Universidade, ou lles quedaba algunha materia e ti\u00f1an moito tempo, e outros achegaron as s\u00faas ideas e, durante un tempo importante, financiamento para que os primeiros puid\u00e9ramos levarnos unhas pesetas para casa e pagar CDs de m\u00fasica ou calquera outra cousa inexcusable.<\/p>\n<p>Nestas li\u00f1as quero recordar especialmente o compromiso dos socios colaboradores de Algalia co proxecto (Tuco, Fran, Suso e Xos\u00e9 Ant\u00f3n, que deixar\u00eda o proxecto m\u00e1is adiante). Eles foron os que tiveron a idea inicial de crear unha asesor\u00eda orientada \u00e1s asociaci\u00f3ns e fomentar a s\u00faa creaci\u00f3n implic\u00e1ndonos no proxecto con conversas nocturnas durante viaxes en coche.<\/p>\n<p>Unha vez tomada a decisi\u00f3n de ir adiante co proxecto fix\u00e9molo \u00f3 grande, traballando nun baixo na r\u00faa Rosario, no que despregamos mobiliario (t\u00e1boas, cabaletes, mobles de segunda man), alg\u00fan PC con Windows 3.1, un fax \u2013con papel t\u00e9rmico, a \u00faltima innovaci\u00f3n- e unha conta de correo electr\u00f3nico con dominio terra.es.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/2.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-full wp-image-15391 aligncenter\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/2.jpg\" alt=\"\" width=\"616\" height=\"342\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/2.jpg 616w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/2-300x167.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/02\/2-610x339.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 616px) 100vw, 616px\" \/><\/a><\/p>\n<p>O baixo fora unha vivenda polo que ti\u00f1amos unha coci\u00f1a-almac\u00e9n, unha habitaci\u00f3n de nenos-despacho de asesoramento, un sal\u00f3n-departamento de laboral e un ba\u00f1o con ba\u00f1eira. Al\u00ed estivemos traballando ata 1999 cando xa nos mudamos \u00e1 sede actual.<\/p>\n<p>N\u00f3s sempre fomos moi de sa\u00edr a traballar \u00e1s sedes dos clientes polo que, recordo, especialmente, o d\u00eda que nos timbraron na porta e era un cliente que quer\u00eda facer a declaraci\u00f3n da renda. Que susto!<\/p>\n<p>Os primeiros clientes foron amigos ou co\u00f1ecidos nosos que confiaron nuns pipiolos cunha empresa que, hoxe, ser\u00eda unha start-up pero daquela parec\u00eda m\u00e1is un ruxerruxe empresarial.<\/p>\n<p>Especialmente l\u00e9mbrome de Tito, meu pai, o cliente n\u00famero 1 en varios sentidos. En 1995 o Colectivo Galego do Menor foi a primeira entidade sen fin de lucro que entendeu que o asesoramento deb\u00eda ser espec\u00edfico. Fademga foi a segunda entidade e a que nos deu un pulo que a\u00ednda hoxe nos soporta grazas a Antonio Fuentetaja.<\/p>\n<p>Os 90 foron anos especiais. A ilusi\u00f3n ga\u00f1ou por goleada e hoxe segue viva, a\u00ednda que \u00f3 profesionalizarse o tema estamos m\u00e1is tempo facendo cousas que sent\u00edndoas. Mudamos isto?<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>Jorge Rodr\u00edguez, responsable \u00c1rea Econ\u00f3mica de Algalia.<\/em><\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai uns d\u00edas Algalia cumpriu anos. Como non pod\u00eda ser doutro xeito o noso aniversario f\u00edxase no momento en que levamos \u00e1 Delegaci\u00f3n da Axencia Tributaria de Vigo o 036 de alta da nosa empresa. Iso foi un 31 de xaneiro de 1995 polo que acabamos de cumprir 30 anos xa. Que pronto se di [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15390,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15389"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15389"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15389\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15392,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15389\/revisions\/15392"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15390"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15389"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15389"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15389"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}