{"id":15302,"date":"2025-01-31T09:23:00","date_gmt":"2025-01-31T07:23:00","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15302"},"modified":"2025-02-27T16:06:13","modified_gmt":"2025-02-27T14:06:13","slug":"algalia-cumpre-30-anos-ao-servizo-da-economia-social","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/algalia-cumpre-30-anos-ao-servizo-da-economia-social\/","title":{"rendered":"DOCE MESES, ONCE HISTORIAS: XANEIRO. Algalia cumpre 30 anos ao servizo da econom\u00eda social"},"content":{"rendered":"<p>Este 31 de xaneiro de 2025, Algalia acada a madurez como entidade ao servizo da econom\u00eda social.<\/p>\n<p>Non todos os grandes proxectos comezan nun garaxe de Silicon Valley; alg\u00fans comezan na sala dun pequeno hospedaxe no centro de Vigo. Como podedes imaxinar, estou a falar dos primeiros pasos de Algalia. Xa fai m\u00e1is de 30 anos desde ent\u00f3n e, pechando os ollos e tratando de visualizar os recordos de todo o vivido, tanto persoal como profesionalmente, gustar\u00edame compartir convosco todo o que creo que Algalia ten aportado \u00e1 mi\u00f1a experiencia ata o d\u00eda de hoxe.<a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/cintillo30.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"size-full wp-image-15303 aligncenter\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/cintillo30.jpg\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"182\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/cintillo30.jpg 500w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/cintillo30-300x109.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a>Dende o punto de vista persoal, \u00e9 dif\u00edcil imaxinar o meu cami\u00f1o sen os valores e as emoci\u00f3ns que acompa\u00f1aron este proxecto ao longo dos anos. Moita ilusi\u00f3n, amizade, solidariedade, esforzo, empat\u00eda, alegr\u00eda e tam\u00e9n, en certos momentos, cansazo, decepci\u00f3n, frustraci\u00f3n, tristeza e medo&#8230; As\u00ed \u00e9 como Algalia medrou con n\u00f3s ao longo destas d\u00e9cadas.<\/p>\n<p>Dende un punto de vista profesional, nacemos como un proxecto innovador de autoemprego e creo que sempre mantivemos esa esencia. Para iso, tivemos que ser curiosos, creativos, valentes, traballadores, profesionais e, sobre todo, estar en constante aprendizaxe, desaprendizaxe e redescuberta.<\/p>\n<p>Son xa trinta anos prestando servizos nos que crecemos por dentro e por f\u00f3ra, en volume de persoal, pero tam\u00e9n no n\u00famero de clientes que cada d\u00eda conf\u00edan en n\u00f3s para que lles asesoremos na toma de decisi\u00f3ns no \u00e1mbito sociolaboral e econ\u00f3mico e, ademais, acompa\u00f1ando e facilitando procesos de transformaci\u00f3n organizacional. Treinta anos perseguindo o reto de adaptarnos \u00e1s distintas necesidades dos nosos clientes que foi evolucionando co paso do tempo e da dimensi\u00f3n adquirida.<\/p>\n<p>Penso que todo o que acabo de compartir convosco \u00e9 raz\u00f3n dabondo para celebrar estes 30 anos de Algalia e o xermolo de moitos m\u00e1is. Por iso, este ano en Algalia tam\u00e9n preparamos acci\u00f3ns especiais que nos representen como entidade pioneira neste sector, e que pretendemos que acheguen \u00e1 nosa contorna inmediata. Entre elas destacamos:<\/p>\n<ol>\n<li>Programaremos visitas especiais a algunhas das organizaci\u00f3ns coas que traballamos para que o noso persoal co\u00f1eza de primeira man a s\u00faa realidade, e viceversa.<\/li>\n<li>Realizaremos ao longo do ano o <em>I Informe Algalia sobre as perspectivas do sector 2025-2026<\/em>, en colaboraci\u00f3n coa Universidade de Vigo, e presentar\u00e9molo en 2026 nun gran evento do que, esperamos, tam\u00e9n formes parte.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Anim\u00e1mosche a acompa\u00f1arnos nesta celebraci\u00f3n os pr\u00f3ximos doce meses, nos que co\u00f1ecer\u00e1s, a trav\u00e9s das nosas canles, opini\u00f3ns, historias e an\u00e9cdotas da nosa traxectoria, e do que a\u00ednda nos queda por explorar.<\/p>\n<p><strong><em>\u00c1ngel Rodr\u00edguez, presidente do Consello Reitor de Algalia.<\/em><\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este 31 de xaneiro de 2025, Algalia acada a madurez como entidade ao servizo da econom\u00eda social. Non todos os grandes proxectos comezan nun garaxe de Silicon Valley; alg\u00fans comezan na sala dun pequeno hospedaxe no centro de Vigo. Como podedes imaxinar, estou a falar dos primeiros pasos de Algalia. Xa fai m\u00e1is de 30 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15388,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14,48],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15302"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15302"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15302\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15393,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15302\/revisions\/15393"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15388"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15302"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15302"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15302"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}