{"id":15227,"date":"2024-12-11T10:28:12","date_gmt":"2024-12-11T08:28:12","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15227"},"modified":"2024-12-12T00:30:14","modified_gmt":"2024-12-11T22:30:14","slug":"a-prevencion-do-branqueo-de-capitais-e-o-financiamento-do-terrorismo-en-asociacions-e-fundacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/a-prevencion-do-branqueo-de-capitais-e-o-financiamento-do-terrorismo-en-asociacions-e-fundacions\/","title":{"rendered":"A prevenci\u00f3n do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo en asociaci\u00f3ns e fundaci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/blanqueo-de-capitales.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-15228 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/blanqueo-de-capitales.jpg\" alt=\"\" width=\"486\" height=\"292\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/blanqueo-de-capitales.jpg 750w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/blanqueo-de-capitales-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/blanqueo-de-capitales-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 486px) 100vw, 486px\" \/><\/a>Neste artigo pretendo resumir de forma xeral a normativa en vigor sobre prevenci\u00f3n do branqueo de capitais e de financiamento do terrorismo (en diante PBC e FT) que ten como obxectivo fundamental trasladar \u00e1s persoas que exercen cargos de direcci\u00f3n e administraci\u00f3n nestas entidades que as s\u00faas obrigaci\u00f3ns nesta materia distan moito de ser reducidas, como parece ser a opini\u00f3n xeneralizada actualmente.<\/p>\n<p>En primeiro lugar, \u00e9 indiscutible indicar que este tipo de entidades estean entre as obrigadas a cumprir con gran parte das obrigaci\u00f3ns da lei 10\/2010, do 28 de abril, a\u00ednda que \u00e9 certo que non chegan a ter id\u00e9nticos compromisos legais que outros grandes obrigados a cumprila, como os bancos, asesor\u00edas ou notar\u00edas, sen\u00f3n a un nivel m\u00e1is b\u00e1sico.<\/p>\n<p><strong>A que se debe esta aplicaci\u00f3n da normativa citada \u00e1s asociaci\u00f3ns ou fundaci\u00f3ns? <\/strong><\/p>\n<p>Hai dous motivos fundamentais:<\/p>\n<ol>\n<li>Estas entidades adoitan ser destino de numerosos fondos econ\u00f3micos provenientes de persoas e entidades que llos entregan para que executen os seus fins de interese xeral. Parece obvio dicir que, dado que o branqueo de capitais consiste en dar aparencia legal a uns fondos obtidos de maneira ilegal, poder\u00eda haber fondos que entrasen nas entidades con proveniencia il\u00edcita para, por exemplo, dar beneficios fiscais aos doantes ou, mesmo, para financiar actividades que te\u00f1an un interese espurio para o beneficio dos aportantes.<\/li>\n<li>O segundo motivo, \u00e9 que as entidades ao entregar, de maneira continuada, en cumprimento dos seus fins de interese xeral, fondos a persoas ou entidades, ben como axudas, ben como financiamento de proxectos, poder\u00edan estar a entregar devanditos fondos a financiar en parte ou totalmente actividades il\u00edcitas ou de financiamento do terrorismo, ao non establecer mecanismos de control e co\u00f1ecemento dos beneficiarios das s\u00faas axudas.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Ent\u00f3n, <strong>a que obrigaci\u00f3ns somete a normativa vixente de prevenci\u00f3n do branqueo de capitais e de financiamento do terrorismo no caso das asociaci\u00f3ns e fundaci\u00f3ns?<\/strong><\/p>\n<p>Sen \u00e1nimo de facer un detalle preciso das mesmas, facemos, a continuaci\u00f3n, unha listaxe dalgunhas das que nos parecen m\u00e1is relevantes:<\/p>\n<ol>\n<li>Co\u00f1ecer a normativa e ter unha especial atenci\u00f3n \u00e1s operaci\u00f3ns que puidesen ser consideradas indiciarias deste tipo de actividade il\u00edcita (na formaci\u00f3n para recibir \u00e9 importante obter informaci\u00f3n sobre as actividades m\u00e1is com\u00fans).<\/li>\n<li>Establecer mecanismos de control interno que faciliten a posta en marcha dos procedementos de xesti\u00f3n aos que obriga a norma.<\/li>\n<li>Identificar e comprobar a identidade de todas as persoas -f\u00edsicas ou xur\u00eddicas- que acheguen fondos \u00e1 entidade por importe superior a 100 euros. Si, 100 euros.<\/li>\n<li>Identificar e comprobar a identidade de todas as persoas -f\u00edsicas ou xur\u00eddicas- que reciban fondos da entidade (sen ser a cambio de prestaci\u00f3ns de servizos ou venda de bens).<\/li>\n<li>Colaborar e informar as autoridades que xestionan a PBC e FT.<\/li>\n<li>Implantar mecanismos que garantan a idoneidade dos membros dos \u00f3rganos e postos de goberno e direcci\u00f3n da propia entidade.<\/li>\n<li>Co\u00f1ecemento das contrapartes: aplicar procedementos que permitan co\u00f1ecer \u00e1s contrapartes que executan proxectos financiados pola nosa entidade e as persoas designadas por estas (inclu\u00edndo a s\u00faa adecuada traxectoria profesional e a honorabilidade das persoas responsables da s\u00faa xesti\u00f3n).<\/li>\n<li>Control das actividades realizadas: parece obvio, pero, isto \u00e9 algo que, sendo inherente \u00e1s entidades sen fin de lucro, debe estar especialmente no seu quefacer, se financio actividades cos fondos da entidade comprobo a execuci\u00f3n efectiva dos mesmos.<\/li>\n<li>Por \u00faltimo, todas estas obrigaci\u00f3ns e procedementos han de quedar documentados durante un prazo que \u00e9, polo menos, de dez anos. Ademais, algunhas das obrigaci\u00f3ns implicar\u00e1n consultar bases de datos de condenados, imputados en procesos xudiciais, sancionados e inhabilitados en \u00e1mbitos de PBC e FT e tam\u00e9n en \u00e1mbitos m\u00e1is xerais como o tributario, mercantil, laboral etc.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Dada a cantidade de elementos a tratar e analizar en cada caso, segundo o que faga cada entidade -de onde procedan os seus fondos e onde vaian-, a nosa recomendaci\u00f3n \u00e9 po\u00f1erse en contacto con algunha consultora en PBC e FT que apoie o cumprimento normativo en ESFL.<\/p>\n<p><em>Jorge Rodr\u00edguez, responsable da \u00e1rea Econ\u00f3mica de Algalia. <\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste artigo pretendo resumir de forma xeral a normativa en vigor sobre prevenci\u00f3n do branqueo de capitais e de financiamento do terrorismo (en diante PBC e FT) que ten como obxectivo fundamental trasladar \u00e1s persoas que exercen cargos de direcci\u00f3n e administraci\u00f3n nestas entidades que as s\u00faas obrigaci\u00f3ns nesta materia distan moito de ser reducidas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15228,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[11,35,48],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15227"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15227"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15227\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15229,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15227\/revisions\/15229"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15228"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15227"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15227"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15227"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}