{"id":15208,"date":"2024-11-20T14:29:49","date_gmt":"2024-11-20T12:29:49","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15208"},"modified":"2024-11-23T14:47:54","modified_gmt":"2024-11-23T12:47:54","slug":"como-transformar-organizacions-para-que-as-persoas-sexan-de-verdade-importantes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/como-transformar-organizacions-para-que-as-persoas-sexan-de-verdade-importantes\/","title":{"rendered":"Como transformar organizaci\u00f3ns para que as persoas sexan, de verdade, importantes?"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/virada.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-15210 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/virada.jpg\" alt=\"\" width=\"443\" height=\"266\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/virada.jpg 672w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/virada-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/virada-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 443px) 100vw, 443px\" \/><\/a>Deixando de lado agora \u00e1s persoas usuarias, clientes, destinatarias, participantes, beneficiarias\u2026 (cantas denominaci\u00f3ns diferentes para as mesmas persoas! No terceiro sector de acci\u00f3n social est\u00e1 a\u00ednda pendente como denominar dunha forma satisfactoria a este colectivo),\u00a0 \u00e9 habitual o\u00edr dicir a persoas con responsabilidades directivas en organizaci\u00f3ns de econom\u00eda social, que o seu activo m\u00e1is importante son as persoas. Ref\u00edrense a persoas directivas, profesionais, voluntarias\u2026 en definitiva, \u00e1s persoas que axudan a outras persoas, xa sexa prestando un servizo ou elaborando un produto.<\/p>\n<p>Efectivamente, falando de activos, e vendo \u00e1s persoas como un recurso, cuantitativamente \u00e9 as\u00ed: a partida orzamentaria dedicada a persoas, sobre todo na econom\u00eda dos coidados, \u00e9 a maior nas contas anuais.<\/p>\n<p>B\u00e1stanos esta mirada para dar conta desta realidade? Hai algo m\u00e1is al\u00e1 dos recursos?<\/p>\n<p>Hai moitas organizaci\u00f3ns que se esforzan por demostrar con feitos que as persoas que forman as organizaci\u00f3ns son valiosas por si mesmas, e algunhas que seguen atrapadas en paradigmas pouco adaptados ao que queren e merecen esas persoas. En definitiva, hai organizaci\u00f3ns centradas en todas as persoas, e outras, no mellor dos casos, enfocadas en procesos que contan coa contribuci\u00f3n do recurso humano.<\/p>\n<p>Que estamos a constru\u00edr coas nosas organizaci\u00f3ns?<\/p>\n<p>Considero que hai un latexo inicial que parte dunha toma de conciencia persoal, que pode estimularse, pero que non pode ser suplantada, que lle corresponde a cada cal que se mergulle nunha m\u00ednima reflexi\u00f3n. Ese latexo ten que ver cun preguntarse sobre como vexo, e por tanto son para min, as cousas, e como me relaciono con esa realidade que constr\u00fao.<\/p>\n<p>Que lecturas fago da sociedade en que vivo, da organizaci\u00f3n na que traballo, da tarefa que me ocupa? Faime sentir ben, plena? Contrib\u00fae a algo que sinto que merece a pena, que vai m\u00e1is al\u00f3 da obtenci\u00f3n duns recursos que necesito? Est\u00e1 a ser a mi\u00f1a vida unha vida gozada, tam\u00e9n no laboral? Estou a gozar de verdade?<\/p>\n<p>Moitas persoas ad\u00e1ptanse acriticamente a unha realidade que describen con entusiasmo as condutoras de programas musicais de radio f\u00f3rmulas (Los 40, para entendernos): \u201cXa estamos a m\u00e9rcores e queda menos para a fin de semana. Moito \u00e1nimo! E agora convosco, o \u00faltimo de Bad Bunny\u201d<\/p>\n<p>A traduci\u00f3n disto, esaxerando, poder\u00eda ser algo as\u00ed: \u201cXa queda menos desta merda que vives durante 5 d\u00edas \u00e1 semana, que non che deixa vivir, e pronto poder\u00e1s alcanzar o que realmente che importa: a vida da liberdade, de levantarte cando che pete, de gozar de verdade. Unha vez pagada a peaxe semanal, xa que ao traballo non se v\u00e9n a gozar, s\u00f3 faltaba!, daranche o teu salario para que pagues a vida que queres efectivamente vivir\u201d.<\/p>\n<p>Sei que estou a esaxerar, pero ese patr\u00f3n de relaci\u00f3n co traballo est\u00e1 a\u00ed\u2026<\/p>\n<p>E que desexamos, seguramente merezamos, e que algunhas organizaci\u00f3ns demostr\u00e1ronnos que \u00e9 posible?<\/p>\n<p>Queremos vivir se templo completo, non soamente a fin de semana ou vacaci\u00f3ns. Levar ao noso traballo todo o que somos capaces, o que nos ilusiona, o que sabemos, o que sentimos, as nosas cousas. Queremos vivir plenamente.<\/p>\n<p>Queremos sentirnos libres nas nosas organizaci\u00f3ns. Poder dicir a calquera que non nos gusta do que vemos, e como poderiamos melloralo. Facelo libremente, coa seguridade de que non haber\u00e1 represalias polo que comentemos, xa que todas estamos comprometidas co que levamos adiante conxuntamente.<\/p>\n<p>Queremos que o traballo poida ser un espazo onde estean na mesma li\u00f1a o que eu desexo, cales son os meus obxectivos e o meu prop\u00f3sito vital, e o que a mi\u00f1a organizaci\u00f3n quere lograr, cales son os seus obxectivos e o seu prop\u00f3sito de contribuci\u00f3n social.<\/p>\n<p>As organizaci\u00f3ns m\u00e1is exitosas do momento, aquelas que conseguen recoller e impulsar todo o potencial das persoas que a compo\u00f1en, son as que xeran espazos nos que o que queremos sexa viable. Non \u00e9 f\u00e1cil, pero \u00e9 posible. V\u00edmolo.<\/p>\n<p>Estes espazos requiren comprometerse persoal e colectivamente cuns poucos enfoques e compromisos: a transparencia radical, o compartir o poder (status, privilexios\u2026) nun liderado compartido, o axustar estruturas, o apostar por un profundo e frut\u00edfero traballo en equipo\u2026 Require vontade e formaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O paradigma TEAL, cara ao que as organizaci\u00f3ns poden evolucionar no seu esforzo de adaptarse \u00e1 complexidade e globalidade do noso mundo hiperconectado, \u00e1brenos itinerarios para crear o que desexamos e merecemos.<\/p>\n<p>Ademais, a causa que defendemos e o prop\u00f3sito da nosa organizaci\u00f3n, recibir\u00e1n un caudal de enerx\u00eda que \u00e1s veces non somos nin capaces de imaxinar, e que prov\u00e9n dun colectivo de persoas que viven plenamente, traballando en equipos que se autoxestionan, e conectadas co prop\u00f3sito evolutivo da s\u00faa organizaci\u00f3n, que fan plenamente seu.<\/p>\n<p>Se queres afondar un pouco no esencial desta proposta, podes dedicar vinte minutos a escoitar a inspirada intervenci\u00f3n de Ander Mimenza, profesional de EDE Fundazioa que colabora con ALGALIA no programa VIRADA, sobre como facer organizaci\u00f3ns nas que a persoas est\u00e1n realmente no centro.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Portada_ANDER.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignnone wp-image-15209\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/Portada_ANDER.jpg\" alt=\"\" width=\"333\" height=\"214\" \/> \u00a0<\/a><a href=\"https:\/\/youtu.be\/cHjUadAzKQM?feature=shared\">ENLACE ao v\u00eddeo<\/a><\/p>\n<p>Desde VIRADA confiamos en poder compartir en breve convosco a nosa proposta de acompa\u00f1amento a entidades de econom\u00eda social para transformar a s\u00faa cultura organizacional cara a un referente TEAL.<\/p>\n<p><em>David Pereiro. Responsable do Programa VIRADA.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixando de lado agora \u00e1s persoas usuarias, clientes, destinatarias, participantes, beneficiarias\u2026 (cantas denominaci\u00f3ns diferentes para as mesmas persoas! No terceiro sector de acci\u00f3n social est\u00e1 a\u00ednda pendente como denominar dunha forma satisfactoria a este colectivo),\u00a0 \u00e9 habitual o\u00edr dicir a persoas con responsabilidades directivas en organizaci\u00f3ns de econom\u00eda social, que o seu activo m\u00e1is importante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15210,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12,48,53],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15208"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15208"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15208\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15211,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15208\/revisions\/15211"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15210"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15208"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15208"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15208"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}