{"id":15168,"date":"2024-10-23T09:00:19","date_gmt":"2024-10-23T07:00:19","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=15168"},"modified":"2024-10-30T21:20:14","modified_gmt":"2024-10-30T19:20:14","slug":"as-competencias-emocionais-para-dinamizar-equipos-e-construir-entidades-efectivas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/as-competencias-emocionais-para-dinamizar-equipos-e-construir-entidades-efectivas\/","title":{"rendered":"As competencias emocionais para dinamizar equipos e constru\u00edr entidades efectivas"},"content":{"rendered":"<p><em><a href=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Art_laura_ok-scaled.jpg\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\" wp-image-15169 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Art_laura_ok-300x180.jpg\" alt=\"\" width=\"327\" height=\"196\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Art_laura_ok-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Art_laura_ok-1024x614.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Art_laura_ok-768x461.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Art_laura_ok-1536x922.jpg 1536w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Art_laura_ok-2048x1229.jpg 2048w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Art_laura_ok-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 327px) 100vw, 327px\" \/><\/a>\u201cA xente esquecer\u00e1 o que dixeches, pero nunca esquecer\u00e1 como os fixeches sentir.\u201d (Maya Angelou) <\/em><\/p>\n<p>Antes de continuar lendo este artigo, conv\u00eddoche a que dediques s\u00f3 trinta segundos (o que durar\u00eda un v\u00eddeo de redes sociais) a realizar unha pr\u00e1ctica de imaxinaci\u00f3n. An\u00edmasche?<\/p>\n<p>Le e imaxina: <em>Empezas nun novo traballo onde te atopas con dous escenarios distintos, visual\u00edzache como membro de cada un deles e, tras uns segundos, tes que tomar a decisi\u00f3n de en que contexto quedar\u00edas.<\/em><\/p>\n<p><em>O primeiro escenario \u00e9 un equipo situado nunha sala na que os membros est\u00e1n situados coma se dun fluxograma se tratase, centrados na s\u00faa tarefa, cada un ten un reloxo na s\u00faa mesa, e alg\u00fan obxecto que impide verse as caras entre eles. S\u00f3 escoitas o son dos teclados, e un par de compa\u00f1eiros falar dos resultados obtidos. Ti s\u00f3 tes que sentarte no espazo libre, onde aparece un cartel co teu nome e seguir unhas indicaci\u00f3ns moi claras que che permitir\u00e1n realizar o teu traballo. Se tes algunha d\u00fabida, podes enviarlle un mail ao director. <\/em><\/p>\n<p><em>O segundo escenario \u00e9 un equipo no que os membros est\u00e1n situados en forma de U, un espazo que permite verse uns a outros, \u00e1 fronte hai tres paneis, un que reflicte as indicaci\u00f3ns do traballo para realizar, outro con informaci\u00f3n sobre os membros do equipo, e un terceiro que ilustra os valores e comportamentos aceptados. Un membro do equipo d\u00e1che a benvida e expl\u00edcache e acompa\u00f1a o resto da xornada. <\/em><\/p>\n<p><em>Xa decidiches onde quedarche? Ser\u00edas capaz de identificar os motivos? En \u00e1mbolos dous escenarios hab\u00eda indicaci\u00f3ns sobre o traballo para realizar, pero que factor principal marcaba a diferenza? <\/em><\/p>\n<p>Somos seres humanos sintientes que fan o mellor que poden fronte aos obxectivos que temos diante, polo que, as competencias emocionais son claves na vida dos equipos e na construci\u00f3n de entidades efectivas.<\/p>\n<p>Este aspecto, en gran medida descoidado polas persoas, acaba sendo absolutamente crucial. Nunha contorna cada vez m\u00e1is centrada na raz\u00f3n e a l\u00f3xica, a mi\u00fado esquecemos a importancia das emoci\u00f3ns e a empat\u00eda. Non soamente para poder levar unha vida moito m\u00e1is equilibrada, sen\u00f3n tam\u00e9n para aumentar as probabilidades de ter \u00e9xito nos diferentes proxectos.<\/p>\n<p>A que nos referimos cando falamos de competencias emocionais? Son aquelas que conforman a intelixencia emocional, que van m\u00e1is al\u00f3 do t\u00e9cnico e o profesional, xa que permiten comprender as necesidades e perspectivas de cada membro do equipo e como sistema en si.<\/p>\n<p>Estas habilidades non s\u00f3 infl\u00faen en como nos relacionamos cos nosos compa\u00f1eiros ou a nosa contorna, sen\u00f3n que tam\u00e9n te\u00f1en un impacto significativo no noso traballo, dado que o desenvolvemento destas competencias nos equipos marcar\u00e1 a diferenza \u00e1 hora de manexar o estr\u00e9s, tomar as decisi\u00f3ns adecuadas e adaptarse a situaci\u00f3ns cada vez m\u00e1is cambiantes.<\/p>\n<p>A influencia \u00e9 tal que pode levar \u00e1 mellora da cultura organizativa, o aumento da eficacia dos equipos de traballo e dun maior sentido de pertenza e compromiso. En \u00faltima instancia, as competencias emocionais poden contribu\u00edr ao \u00e9xito a longo prazo nunha entidade, mellorando a satisfacci\u00f3n dos equipos, o que conlevar\u00e1 \u00e1 retenci\u00f3n de talento.<\/p>\n<p>Estes beneficios son fundamentais para axudar aos equipos para seguir sendo adaptables e resilientes durante tempos dif\u00edciles e menos susceptibles a condutas non construtivas.<\/p>\n<p>Como se xestionan no teu equipo as competencias emocionais? Expl\u00f3ranse, se evaporan ou se explotan?<\/p>\n<p><em>Laura Ram\u00edrez Ramos, coach no Programa VIRADA<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cA xente esquecer\u00e1 o que dixeches, pero nunca esquecer\u00e1 como os fixeches sentir.\u201d (Maya Angelou) Antes de continuar lendo este artigo, conv\u00eddoche a que dediques s\u00f3 trinta segundos (o que durar\u00eda un v\u00eddeo de redes sociais) a realizar unha pr\u00e1ctica de imaxinaci\u00f3n. An\u00edmasche? Le e imaxina: Empezas nun novo traballo onde te atopas con dous [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":15169,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12,34,53],"tags":[39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15168"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15168"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15168\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15170,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15168\/revisions\/15170"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15169"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15168"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15168"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15168"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}