{"id":14962,"date":"2024-05-20T09:24:11","date_gmt":"2024-05-20T07:24:11","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=14962"},"modified":"2024-05-31T14:04:29","modified_gmt":"2024-05-31T12:04:29","slug":"14962-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/14962-2\/","title":{"rendered":"Cristina Fia\u00f1o: \u201cVIRADA Liderado ax\u00fadanos a co\u00f1ecernos mellor, reco\u00f1ecer as nosas capacidades e potencialidades\u201d"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-14966 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/URDIME-1-300x180.jpg\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"270\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/URDIME-1-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/URDIME-1-1024x615.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/URDIME-1-768x461.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/URDIME-1-1536x922.jpg 1536w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/URDIME-1-2048x1229.jpg 2048w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/URDIME-1-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 450px) 100vw, 450px\" \/>Cristina Fia\u00f1o Rodr\u00edguez, socia cooperativa de Urdime, participa estas semanas na oitava edici\u00f3n de <strong><a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-liderado\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">VIRADA Liderado<\/a><\/strong>, un programa para que as persoas con responsabilidades directivas ou de coordinaci\u00f3n de equipos adquiran habilidades estrat\u00e9xicas, interpersoais e persoais que lles permitan desenvolver un liderado m\u00e1is eficaz. Est\u00e1 promovido por Algalia, en colaboraci\u00f3n con Ede Fundazioa e Mondragon Unibertsitatea.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><strong>1.- Que puntos de valor cres que aporta \u00e1s entidades e \u00e1s personas este itinerario de aprendizaxe?\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-liderado\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">VIRADA Liderado<\/a><\/strong> estanos permitindo habitar un espazo real e compartido para a reflexi\u00f3n profunda no que repensarnos a n\u00f3s mesmas e \u00e1s organizaci\u00f3ns das que formamos parte, algo que o ritmo habitual do noso d\u00eda a d\u00eda non sempre nos posibilita. Dende esa apertura \u00e1 aprendizaxe, o programa ax\u00fadanos a co\u00f1ecernos mellor, a reco\u00f1ecer as nosas capacidades e as nosas potencialidades, a mellorar a nosa autoconfianza, a nosa escoita e a nosa comunicaci\u00f3n e, ao mesmo tempo, d\u00f3tanos de ferramentas que nos permiten ampliar a nosa mirada para poder indagar no mundo das demais persoas dunha maneira desprexuizada, que pase pola adopci\u00f3n dunha actitude de extra\u00f1amento a partir da cal poder comprender mellor o noso sistema e, polo tanto, motivar a nosa participaci\u00f3n activa dentro das nosas entidades para melloralas.<\/p>\n<p><strong>2.- Que aspectos ou recursos descubriches a nivel persoal que podes aplicar na t\u00faa labor profesional e, polo tanto, tam\u00e9n beneficiar \u00e1 t\u00faa organizaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n<p>Para empezar, para min foi importante entender que o liderado non \u00e9 un posto de poder en concreto sen\u00f3n unha actitude, e que liderar debe ser un acto que permita, sobre todo, xerar nas nosas entidades un entorno de aprendizaxe colectivo no que se te\u00f1a en conta \u00e1s persoas e a riqueza que hai na s\u00faa diversidade. A nivel persoal, este programa estame axudando moit\u00edsimo a mellorar a mi\u00f1a comunicaci\u00f3n, pois nel aprendemos a nomear as nosas emoci\u00f3ns, a reco\u00f1ecer mellor as nosas necesidades e as dos demais, e a manifestalas para buscar estratexias compartidas que nos permitan acadalas como grupo. Tam\u00e9n me est\u00e1 ofrecendo outra perspectiva sobre o conflito que para min \u00e9 especialmente importante, pois \u00e9 algo que sempre me xenerou moita tensi\u00f3n e inseguridade e que, sen embargo agora, grazas a este curso, comezo a ver m\u00e1is como un s\u00edntoma e, polo tanto, como unha oportunidade de mellora ante a cal debemos po\u00f1er en pr\u00e1ctica esa apertura de mirada que nos permita atrevernos a realizar cambios tendo en conta todas as perspectivas posibles.<\/p>\n<p>En xeral, sinto que o curso me est\u00e1 dando moitas ferramentas para aportar m\u00e1is como socia da cooperativa e tam\u00e9n para po\u00f1er coidado e atenci\u00f3n en manter un bo ambiente de traballo. Unha das cousas que aprendemos e vivenciamos no curso \u00e9 que o cambio dunha persoa, por pequeno que sexa, modifica todo o sistema e, polo tanto, conf\u00edo que os cambios que eu estou sentindo poidan traducirse en acci\u00f3ns e repercutir de maneira positiva nos meus compa\u00f1eiros e compa\u00f1eiras da cooperativa.<\/p>\n<p><strong>3.- Hai algo que desexes compartir da t\u00faa experiencia para animar a emprender este cami\u00f1o a outras persoas e entidades?<\/strong><\/p>\n<p>A profesionalidade, sabedor\u00eda e implicaci\u00f3n das persoas que imparten o curso e a grande humanidade das compa\u00f1eiras que en cada sesi\u00f3n comparten as s\u00faas experiencias e preocupaci\u00f3n, non s\u00f3 motivadas polos seus procesos personais, sen\u00f3n coa xenerosidade de axudar tam\u00e9n ao demais nos nosos propios, fan que o ambiente para a aprendizaxe sexa realmente extraordinario e inspirador.<\/p>\n<p>Ademais, a combinaci\u00f3n entre a profundidade dos contidos das sesi\u00f3ns te\u00f3ricas, a variedade das din\u00e1micas promovidas nas sesi\u00f3ns en exterior e o asesoramento personalizado para o desenvolvemento dun proxecto espec\u00edfico para a nosa entidade potencian a integraci\u00f3n e a posta en pr\u00e1ctica dos co\u00f1ecementos adquiridos dende o primeiro momento. Dende logo, <strong><a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-liderado\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">VIRADA Liderado<\/a><\/strong> \u00e9 unha experiencia valios\u00edsima que nos axuda a liderar as nosas vidas e a liderar tam\u00e9n as nosas entidades dunha maneira colaborativa que pon as persoas no centro.<\/p>\n<p><em>URDIME nace froito da uni\u00f3n das sinerxias de varias profesionais da xesti\u00f3n cultural, que levan a cabo propostas culturais diversas. Achegan a todo o territorio galego artistas de larga traxectoria e novas compa\u00f1\u00edas, mantendo unha actividade profesional de comunicaci\u00f3n constante e creativa para achegarnos \u00e1 comunidade a partir de tres fios b\u00e1sicos: Acci\u00f3n cultural, distribuci\u00f3n, e producci\u00f3n e eventos. <a href=\"https:\/\/urdime.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Web de Urdime<\/a><\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cristina Fia\u00f1o Rodr\u00edguez, socia cooperativa de Urdime, participa estas semanas na oitava edici\u00f3n de VIRADA Liderado, un programa para que as persoas con responsabilidades directivas ou de coordinaci\u00f3n de equipos adquiran habilidades estrat\u00e9xicas, interpersoais e persoais que lles permitan desenvolver un liderado m\u00e1is eficaz. Est\u00e1 promovido por Algalia, en colaboraci\u00f3n con Ede Fundazioa e Mondragon [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":14966,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[49,27,26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14962"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14962"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14962\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14979,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14962\/revisions\/14979"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14966"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14962"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14962"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14962"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}