{"id":14825,"date":"2024-04-16T09:49:58","date_gmt":"2024-04-16T07:49:58","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=14825"},"modified":"2024-10-30T21:23:02","modified_gmt":"2024-10-30T19:23:02","slug":"laura-ramirez-virada-e-un-programa-maxico-e-moi-especial-que-permite-crear-un-espazo-de-aprendizaxe-continua-desenvolvemento-e-transformacion-persoal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/laura-ramirez-virada-e-un-programa-maxico-e-moi-especial-que-permite-crear-un-espazo-de-aprendizaxe-continua-desenvolvemento-e-transformacion-persoal\/","title":{"rendered":"Laura Ram\u00edrez: \u201cVIRADA \u00e9 un programa m\u00e1xico e moi especial, que permite crear un espazo de aprendizaxe continua, desenvolvemento e transformaci\u00f3n persoal\u201d"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-14826 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/20240422-Alento-300x180.png\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"270\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/20240422-Alento-300x180.png 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/20240422-Alento.png 600w\" sizes=\"(max-width: 450px) 100vw, 450px\" \/>Laura Ram\u00edrez \u00e9 directora t\u00e9cnica en Alento, Asociaci\u00f3n de Dano Cerebral, ademais de responsable e formadora da Escola DCA na mesma entidade. En 2024 incorporouse ao equipo de VIRADA como coach.<\/p>\n<p>Psic\u00f3loga H. Sanitaria e sex\u00f3loga de formaci\u00f3n, cursou o M\u00e1ster en Coaching de persoas e equipos da Mondragon Unibersitatea e est\u00e1 acreditada como Facilitadora de Mindfulness pola International Practitioners of Holistic Medicine (IPHM).<\/p>\n<p><strong>1.- Cal \u00e9 a funci\u00f3n do coach no Programa VIRADA?<\/strong><\/p>\n<p>O coach en VIRADA acompa\u00f1a e apoia \u00e1s persoas para descubrirse, a enfrontarse a diferentes situaci\u00f3ns identificando as s\u00faas fortalezas persoais. Busca detectar e disolver os obst\u00e1culos que impiden \u00e1s persoas abrirse novos cami\u00f1os. \u00c9 unha testemu\u00f1a que facilita o desenvolvemento e a transformaci\u00f3n persoal sempre dirixida cara a unha meta.<\/p>\n<p><strong>2.- Que estratexias psicol\u00f3xicas poden mellorar a comunicaci\u00f3n entre os membros do equipo e axudar a constru\u00edr un ambiente de traballo positivo e produtivo?<\/strong><\/p>\n<p>Existen moitos tipos de comunicaci\u00f3n, de feito, co silencio tam\u00e9n estamos a comunicar, pero as mellores estratexias van dirixidas \u00e1 Comunicaci\u00f3n Efectiva.\u00a0 Mellorar as habilidades comunicativas \u00e9 esencial para o \u00e9xito nas relaci\u00f3ns interpersoais, e iso conleva incorporar estratexias como:<\/p>\n<ul>\n<li>Co\u00f1ecer o observador que \u00e9 o outro: o termo que comunmente se utiliza \u00e9 \u201ca empat\u00eda\u201d, pero isto vai m\u00e1is al\u00f3. Incorpora unha escoita efectiva, que non s\u00f3 activa, xa que implica prestar atenci\u00f3n completa ao que a outra persoa est\u00e1 a dicir, e indagar para clarificar e reflectir os seus sentimentos, e comprender a vida desde a mirada da outra persoa. A maior\u00eda dos problemas que enfrontamos na comunicaci\u00f3n xorden do feito de que as persoas non se dan conta de que escoitamos desde a nosa historia social e persoal, interpretamos de acordo a como somos, e non desde o outro.<\/li>\n<li>A conciencia da comunicaci\u00f3n non verbal, xoga un papel significativo na forma en que nos percibimos mutuamente. Esta estratexia ens\u00ednanos a prestar atenci\u00f3n aos xestos, expresi\u00f3ns faciais, posturas e tons de voz. Ali\u00f1ar a comunicaci\u00f3n verbal e non verbal \u00e9 esencial para transmitir a mensaxe de maneira efectiva.<\/li>\n<li>A xesti\u00f3n e regulaci\u00f3n de emoci\u00f3ns e estados de \u00e1nimo, tan presentes na nosa vida e que, non ben xestionada pode levarnos a unha comunicaci\u00f3n inefectiva.<\/li>\n<li>A claridade na comunicaci\u00f3n, o como emitimos as mensaxes, se somos capaces de facernos entender, o comprobar que palabras utilizamos para dicir o que queremos dicir, sen danar ao outro e asegurarnos a trav\u00e9s de preguntas, de se se comprendeu a mensaxe.<\/li>\n<li>Desenvolver a intelixencia emocional contrib\u00fae a unha comunicaci\u00f3n m\u00e1is profunda e significativa e prepara \u00e1s persoas para entender mellor a s\u00faa vida interna (co\u00f1ecerme), para pasar despois a desenvolver a intelixencia social (co\u00f1ecerme e co\u00f1ecerte)<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>\u00a03.- <\/strong><strong>Que papel xogan as emoci\u00f3ns e as actitudes individuais no funcionamento colectivo dun equipo?<\/strong><\/p>\n<p>Tradicionalmente, o tema das emoci\u00f3ns foi tratado con dificultade xa que unicamente d\u00e1baselle peso ao desempe\u00f1o das tarefas e aos resultados. Pero demostrouse que, a atenci\u00f3n e coidado tanto das emoci\u00f3ns como dos estados de \u00e1nimo son cruciais para que un equipo sexa funcional, tanto na tarefa que leva a cabo como nas relaci\u00f3ns entre os distintos membros.<\/p>\n<p>Atender e coidar o plano emocional nos equipos compatibiliz\u00e1ndoo co desenvolvemento das tarefas ser\u00eda unha das materias que catalogar\u00eda como obrigatoria na formaci\u00f3n de liderado e traballo cos equipos.<\/p>\n<p>O maior inimigo nun equipo \u00e9 que se dean emoci\u00f3ns que limiten as relaci\u00f3ns e o desenvolvemento dun equipo. Por iso \u00e9 importante crear eses espazos no que se fale de como sentimos e que \u00e9 o que provoca que sintamos as\u00ed. S\u00f3 sac\u00e1ndoo \u00e1 luz e abord\u00e1ndoo, poderemos previr que se dean emoci\u00f3ns como o resentimento ou a resignaci\u00f3n, emoci\u00f3ns disfuncionais nos equipos.<\/p>\n<p><strong>4.- <\/strong><strong>Como se pode desenvolver o liderado positivo dentro dun equipo?<\/strong><\/p>\n<p>Se partimos de que un equipo disfuncional pode presentar falta de confianza, medo ao conflito, falta de compromiso, evasi\u00f3n de rendici\u00f3n de contas e falta de atenci\u00f3n aos resultados, tratar\u00edase de po\u00f1er o foco neses cinco piares que, abordados dun modo efectivo, pode xerar din\u00e1micas construtivas e un liderado positivo dentro dun equipo.<\/p>\n<p>O respecto, a confianza, o compromiso, a responsabilidade e os resultados son, por tanto, factores nos que un l\u00edder ha de atender para que estean sempre presentes no equipo.<\/p>\n<p>Estando presentes eses piares, ser\u00e1 m\u00e1is f\u00e1cil desenvolver a intelixencia do sistema relacional, que se centra na relaci\u00f3n que existe entre as persoas nese equipo\/entidade\/organizaci\u00f3n e permite aos l\u00edderes e equipos aproveitar o verdadeiro potencial da intelixencia colectiva e a capacidade creativa das persoas.<\/p>\n<p><strong>\u00a05.- <\/strong><strong>Que beneficios achega un programa como VIRADA aos equipos e profesionais das entidades de econom\u00eda social?<\/strong><\/p>\n<p>VIRADA \u00e9 un programa \u201cm\u00e1xico\u201d e \u201cmoi especial\u201d, que permite crear un espazo de aprendizaxe continua, desenvolvemento e transformaci\u00f3n persoal. Para min foi e \u00e9 unha chamada a unha porta cara ao teu interior, que facilita que adquiras co\u00f1ecementos para entender como funcionamos as persoas, os equipos, e ach\u00e9gache ferramentas moi \u00fatiles para aplicalas a nivel persoal e profesional.<\/p>\n<p>Na vida estamos a relacionarnos continuamente, e o programa VIRADA m\u00f3strache como podemos mirar de distintas maneiras as relaci\u00f3ns, cunha mesma e co resto. \u00c9 como pasar dunha visi\u00f3n t\u00fanel a unha visi\u00f3n de 360\u00ba, unha mirada que favorece a abordaxe de calquera tipo de dificultade tanto nas relaci\u00f3ns como no desempe\u00f1o das tarefas.<\/p>\n<p>O programa VIRADA incorpora no liderado algo tan b\u00e1sico e esencial como \u00e9 a Humanizaci\u00f3n, entender e co\u00f1ecer a quen te\u00f1o en fronte e, non nos esquezamos, comprender e ter compaix\u00f3n coa persoa que somos.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Laura Ram\u00edrez \u00e9 directora t\u00e9cnica en Alento, Asociaci\u00f3n de Dano Cerebral, ademais de responsable e formadora da Escola DCA na mesma entidade. En 2024 incorporouse ao equipo de VIRADA como coach. Psic\u00f3loga H. Sanitaria e sex\u00f3loga de formaci\u00f3n, cursou o M\u00e1ster en Coaching de persoas e equipos da Mondragon Unibersitatea e est\u00e1 acreditada como Facilitadora [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":14826,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12,53],"tags":[27,26,33,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14825"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14825"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14825\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14829,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14825\/revisions\/14829"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14826"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14825"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14825"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14825"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}