{"id":14570,"date":"2024-01-10T11:57:54","date_gmt":"2024-01-10T09:57:54","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=14570"},"modified":"2024-01-29T12:41:28","modified_gmt":"2024-01-29T10:41:28","slug":"un-acordo-entre-algalia-e-tandem-go-achega-a-retribucion-flexible-as-entidades-de-economia-social","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/un-acordo-entre-algalia-e-tandem-go-achega-a-retribucion-flexible-as-entidades-de-economia-social\/","title":{"rendered":"Un acordo entre Algalia e Tandem Go achega a retribuci\u00f3n flexible \u00e1s entidades de Econom\u00eda Social"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright wp-image-14571\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/AlgaliaTandem-300x180.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"240\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/AlgaliaTandem-300x180.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/AlgaliaTandem-1024x614.jpg 1024w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/AlgaliaTandem-768x461.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/AlgaliaTandem-1536x922.jpg 1536w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/AlgaliaTandem-2048x1229.jpg 2048w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/AlgaliaTandem-610x366.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/><\/p>\n<p>Algalia e Tandem Go unen forzas para achegar a retribuci\u00f3n flexible \u00e1s organizaci\u00f3ns da Econom\u00eda Social e incrementar o poder adquisitivo das s\u00faas persoas traballadoras. Con esta colaboraci\u00f3n, os clientes de Algalia poder\u00e1n acceder \u00e1 plataforma de retribuci\u00f3n flexible desenvolvida pola cooperativa catal\u00e1, adaptada \u00e1 idiosincrasia da Econom\u00eda Social e personalizada segundo as necesidades de cada organizaci\u00f3n. Ademais, as organizaci\u00f3ns que opten por implementar a retribuci\u00f3n flexible a trav\u00e9s desta alianza gozar\u00e1n de condici\u00f3ns vantaxosas exclusivas.<\/p>\n<p>Tandem Go \u00e9 unha cooperativa impulsada por Tandem Social coa intenci\u00f3n de axudar \u00e1s organizaci\u00f3ns da Econom\u00eda Social e Solidaria e do Terceiro Sector a mellorar o poder adquisitivo das persoas traballadoras a trav\u00e9s do consumo de servizos b\u00e1sicos que necesitan no seu d\u00eda a d\u00eda, e que est\u00e1n exentos de IRPF, tales como restaurantes, transporte p\u00fablico, escola infantil, seguro m\u00e9dico ou estudos e formaci\u00f3ns. E \u00e9 que, a\u00ednda que a priori soe inveros\u00edmil, este caso ten nome: retribuci\u00f3n flexible.<\/p>\n<p>Actualmente, a media salarial da Econom\u00eda Social \u00e9 case un 19% inferior \u00e1 do sector privado. En consecuencia, a retenci\u00f3n do talento \u00e9 tam\u00e9n inferior, est\u00edmase que un 23% inferior respecto a \u00a0media do mercado laboral que se sit\u00faa no 66%. Esta realidade mostra a necesidade de que se po\u00f1an en marcha iniciativas que melloren as condici\u00f3ns e a estabilidade deste sector.<\/p>\n<p><strong>Unha medida efectiva de aforro directo<\/strong><\/p>\n<p>Neste sentido, a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n entre Algalia e Tandem Go b\u00fascase axudar \u00e1s organizaci\u00f3ns para mellorar a situaci\u00f3n dos seus equipos de forma f\u00e1cil e cun custo moi reducido, xa que a s\u00faa inplementaci\u00f3n non sup\u00f3n custos salariais adicionais. Unha persoa traballadora cun soldo medio de 25.000\u20ac anuais pode aforrar ata 2.250\u20ac ao ano. Unha cantidade que pode variar en relaci\u00f3n co salario anual e ao importe que cada persoa decida asignar a cada un dos servizos. Por exemplo, unha familia con beb\u00e9s na escola infantil pode conseguir, grazas \u00e1 retribuci\u00f3n flexible, aforrarse unha media de tres mensualidades ao ano<strong>.<\/strong><\/p>\n<p>A proposta artic\u00falase a trav\u00e9s dunha plataforma dixital, moi f\u00e1cil e intuitiva de utilizar tanto para as organizaci\u00f3ns como as persoas traballadoras. A trav\u00e9s da aplicaci\u00f3n, as organizaci\u00f3ns poden dese\u00f1ar e xestionar o plan de retribuci\u00f3n flexible sen que supo\u00f1a cargas administrativas adicionais. As persoas traballadoras poden contratar os servizos de forma completamente voluntaria e flexible, adaptando o plan \u00e1s s\u00faas necesidades. Poden decidir que importe destinan aos seus gastos de restauraci\u00f3n (ata 220\u20ac mensuais) e transporte p\u00fablico (ata 136\u20ac mensuais), contratar seguro m\u00e9dico para elas e os seus familiares (ata 500\u20ac anuais), e pagar o importe da mensualidade da escola infantil e das formaci\u00f3ns que cursen.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre esta plataforma e o seu funcionamento, pode contactar co seu asesor de Algalia, ou coa responsable da plataforma en Tandem Go, Marta Dalmau, no correo electr\u00f3nico <a href=\"mailto:martadalmau@tandemgo.coop\">martadalmau@tandemgo.coop<\/a> \u00a0ou o tel\u00e9fono 722 54 17 24.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Algalia e Tandem Go unen forzas para achegar a retribuci\u00f3n flexible \u00e1s organizaci\u00f3ns da Econom\u00eda Social e incrementar o poder adquisitivo das s\u00faas persoas traballadoras. Con esta colaboraci\u00f3n, os clientes de Algalia poder\u00e1n acceder \u00e1 plataforma de retribuci\u00f3n flexible desenvolvida pola cooperativa catal\u00e1, adaptada \u00e1 idiosincrasia da Econom\u00eda Social e personalizada segundo as necesidades de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":14571,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[48],"tags":[31,49,18],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14570"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14570"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14570\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14574,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14570\/revisions\/14574"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14571"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14570"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14570"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14570"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}