{"id":14366,"date":"2023-12-27T12:01:39","date_gmt":"2023-12-27T10:01:39","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=14366"},"modified":"2023-12-28T10:32:57","modified_gmt":"2023-12-28T08:32:57","slug":"somos-algalia-sonia-pena-tecnica-economica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/somos-algalia-sonia-pena-tecnica-economica\/","title":{"rendered":"Somos Algalia: Sonia Pe\u00f1a, t\u00e9cnica econ\u00f3mica en Algalia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-14367 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/12\/foto_SONIA-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"449\" height=\"276\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/12\/foto_SONIA-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/12\/foto_SONIA-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/12\/foto_SONIA.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 449px) 100vw, 449px\" \/><\/p>\n<p>Comezou en agosto do ano 2000 como efecto retardado do Windows 2000 e moito antes da entrada do euro en Espa\u00f1a. O seu primeiro contrato foi a media xornada como administrativa no Departamento Econ\u00f3mico da asesor\u00eda.\u00a0 Na actualidade, ostenta o cargo de t\u00e9cnica econ\u00f3mica<\/p>\n<p><strong>\u00a01.- <\/strong><strong>Que tarefas levas a cabo no teu posto de traballo? Canto te\u00f1en mudado nos \u00faltimos anos? <\/strong><\/p>\n<p>Enc\u00e1rgome de tarefas, sobre todo, relacionadas coa contabilidade, as\u00ed como fiscalidade xeral. Apoio aos asesores en determinadas \u00e1reas e son fonte de consulta de d\u00fabidas contables e fiscais para os clientes.<\/p>\n<p>Ao comezo, os meus clientes eran maioritariamente de tipo lucrativo (SL, aut\u00f3nomos, &#8230;) e actualmente, derivado da nosa especializaci\u00f3n en econom\u00eda social e ONL, as \u201clucrativas\u201d son as menos, virando a esta \u00faltima tipolox\u00eda: asociaci\u00f3ns, fundaci\u00f3ns e cooperativas, principalmente.<\/p>\n<p>O noso traballo evolucionou como os m\u00f3biles: do Nokia 8210 co que fac\u00edas e recib\u00edas chamadas, ao de \u00faltima xeraci\u00f3n, que che fala, gu\u00edache e soluci\u00f3nache sen que case llo pidas. No noso departamento empezamos con varios programas porque ning\u00fan ti\u00f1a todas as opci\u00f3ns que necesitabamos para dar cobertura ao cliente. Agora xa case s\u00f3 cun realizamos todo.<\/p>\n<p>Doutra banda, a burocracia en papel e visitas aos organismos oficiais para entregar documentaci\u00f3n sufriu a transformaci\u00f3n dixital e agora \u00e9 todo telem\u00e1tico. Ti\u00f1amos que reservar un espazo para arquivar a documentaci\u00f3n f\u00edsica, agora est\u00e1 todo na nube e en servidores. En definitiva, melloramos en procedementos para poder optimizar tempos e aumentar a calidade do servizo.<\/p>\n<p>Por contra, si \u00e9 verdade que o contacto f\u00edsico persoal diminu\u00edu moito, a\u00ednda que creo que non nos afecta significativamente ao labor que realizamos xa que buscamos sempre un clima de di\u00e1logo e apoio para os clientes.<\/p>\n<p><strong>2.- Que papel ten a confianza e outros valores na relaci\u00f3n cos clientes? Que ferramentas empregas no teu labor diario para afianzala? <\/strong><\/p>\n<p>Considero a confianza como un dos piares sobre os que constru\u00edmos a relaci\u00f3n cos clientes: intento que estean c\u00f3modos cando se trata de temas econ\u00f3micos, xa que moitas veces levan aparellada unha burocracia e uns conceptos que non entenden do todo. Para conseguilo, tento realizar un traballo acorde co que necesitan e fomentar un clima agradable, falar de contabilidade de maneira comprensible e practicar esc\u00f3itaa activa.<\/p>\n<p><strong>\u00a03.- <\/strong><strong>Cal \u00e9 a parte m\u00e1is satisfactoria da t\u00faa profesi\u00f3n e do que recibes dos teus clientes? <\/strong><\/p>\n<p>A satisfacci\u00f3n de saber que axudaches, dalgunha maneira, a que os nosos clientes logren os seus obxectivos. Ao ter moitos clientes que axudan a outras persoas, isto serve para que valores m\u00e1is o teu traballo.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comezou en agosto do ano 2000 como efecto retardado do Windows 2000 e moito antes da entrada do euro en Espa\u00f1a. O seu primeiro contrato foi a media xornada como administrativa no Departamento Econ\u00f3mico da asesor\u00eda.\u00a0 Na actualidade, ostenta o cargo de t\u00e9cnica econ\u00f3mica \u00a01.- Que tarefas levas a cabo no teu posto de traballo? [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":14367,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[11],"tags":[31,18],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14366"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14366"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14366\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14370,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14366\/revisions\/14370"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14367"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14366"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14366"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14366"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}