{"id":12988,"date":"2023-02-09T13:36:42","date_gmt":"2023-02-09T11:36:42","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=12988"},"modified":"2023-05-24T15:48:18","modified_gmt":"2023-05-24T13:48:18","slug":"atencion-as-persoas-nas-organizacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/atencion-as-persoas-nas-organizacions\/","title":{"rendered":"Atenci\u00f3n \u00e1s persoas nas organizaci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-12989 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/cuidado_org-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"276\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/cuidado_org-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/cuidado_org-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/cuidado_org.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 450px) 100vw, 450px\" \/><\/p>\n<p>A calidade das nosas relaci\u00f3ns profesionais v\u00e9n determinada, en boa medida, pola \u00e9tica que impera nas nosas organizaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Adoitamos dedicar tempo a revisar e mellorar os procesos produtivos, pero poucas veces nos paramos a pensar se as relaci\u00f3ns entre as persoas que forman o noso equipo son saudables. Unha organizaci\u00f3n saudable \u00e9 aquela que establece procesos de traballo que promoven e mante\u00f1en un estado de completo benestar f\u00edsico, ps\u00edquico e social dos seus traballadores e, \u00e1 s\u00faa vez, pos\u00fae unha alta eficiencia e rendemento laboral.<\/p>\n<p>O doutor Dom\u00e8nec Mel\u00e9, catedr\u00e1tico em\u00e9rito do Departamento de \u00c9tica Empresarial e titular da C\u00e1tedra de \u00c9tica Empresarial do IESE, publicou en 2014 na revista Journal of Business Ethics, <em>\u201cHuman quality treatment\u201d: Five organizational levels<\/em>\u201d, un estudo sobre os cinco niveis organizativos que inciden na calidade do tratamento cara \u00e1s persoas. Mel\u00e9 identifica estes cinco niveis como: maltrato, indiferenza, xustiza, coidado e desenvolvemento.<\/p>\n<p>O <strong>maltrato<\/strong> \u00e9 o nivel m\u00e1is baixo de calidade relacional, e implica un abuso de poder e unha situaci\u00f3n de flagrante inxustiza nunha relaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A <strong>indiferenza<\/strong> sup\u00f3n un trato irrespectuoso por falta de reco\u00f1ecemento e preocupaci\u00f3n cara \u00e1s persoas que integran a nosa organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A <strong>xustiza<\/strong> consiste en respectar as persoas e os seus dereitos, pero esquece que a\u00ednda queda m\u00e1is por andar.<\/p>\n<p>O <strong>coidado <\/strong>sit\u00faase na parte alta da calidade relacional. Asume unha preocupaci\u00f3n real polos intereses lex\u00edtimos das persoas e brinda o apoio necesario para que se solucionen os problemas.<\/p>\n<p>No m\u00e1is alto da escaleira, Mel\u00e9 sit\u00faa o <strong>desenvolvemento<\/strong>, que nace de actuar con verdadeira estima cara aos colaboradores, favorece a integridade e o comportamento virtuoso dentro da organizaci\u00f3n, cando se act\u00faa con esp\u00edrito de servizo e cooperaci\u00f3n, e fomenta a iniciativa, a creatividade, a participaci\u00f3n, o sentido de responsabilidade e o compromiso. Acontece cando co\u00f1eces os talentos de cada persoa e traballas para intentar maximizalos.<\/p>\n<p>Agora pensemos&#8230; A que nivel est\u00e1 a nosa entidade? Todo o equipo ten a mesma percepci\u00f3n? Non \u00e9 unha utop\u00eda querer chegar a esta \u00faltima etapa dentro da nosa organizaci\u00f3n. Analicemos e reflexionemos sobre onde estamos e cara onde queremos chegar, e empreguemos todas as ferramentas ao noso alcance para acadar ese obxectivo com\u00fan.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4><strong>VIRADA, un recurso eficaz<\/strong><\/h4>\n<p>Como entidades do terceiro sector e da econom\u00eda social apostamos por antepo\u00f1er \u00e1s persoas \u00e1 prestaci\u00f3n econ\u00f3mica, polo que non hai escusas \u00e1 hora de buscar tempo para coidarnos, e coidar aos que nos rodean.<\/p>\n<p>\u00c9 a\u00ed onde entran en xogo ferramentas que nos axudar\u00e1n a po\u00f1er no punto de mira \u00e1 xente, como o Programa Virada.<\/p>\n<p>VIRADA artic\u00falase como un programa en d\u00faas iniciativas principais:<\/p>\n<ul>\n<li>O desenvolvemento do liderado executivo de persoas,\u00a0<strong><a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-liderado\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">VIRADA Liderado<\/a><\/strong>.<\/li>\n<li>O desenvolvemento da eficacia dos equipos de traballo, <strong><a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-equipos\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">VIRADA Equipos<\/a><\/strong>.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Dende Algalia convid\u00e1moste a co\u00f1ecer o que pode ofrecer este programa formativo \u00e1 t\u00faa organizaci\u00f3n e ao equipo.<\/p>\n<p>Consulta as caracter\u00edsticas de cada un e inscr\u00edbete antes do <strong>17 de febreiro de 2023.<\/strong><\/p>\n<p>En breve zarpamos e non queremos que vos quededes f\u00f3ra&#8230; Acomp\u00e1\u00f1anos!<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A calidade das nosas relaci\u00f3ns profesionais v\u00e9n determinada, en boa medida, pola \u00e9tica que impera nas nosas organizaci\u00f3ns. Adoitamos dedicar tempo a revisar e mellorar os procesos produtivos, pero poucas veces nos paramos a pensar se as relaci\u00f3ns entre as persoas que forman o noso equipo son saudables. Unha organizaci\u00f3n saudable \u00e9 aquela que establece [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12989,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[27,26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12988"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12988"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12988\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12995,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12988\/revisions\/12995"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12989"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12988"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12988"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12988"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}