{"id":12289,"date":"2022-10-20T12:22:24","date_gmt":"2022-10-20T10:22:24","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=12289"},"modified":"2022-10-21T11:56:20","modified_gmt":"2022-10-21T09:56:20","slug":"o-liderado-das-xuntas-directivas-no-asociacionismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/o-liderado-das-xuntas-directivas-no-asociacionismo\/","title":{"rendered":"O liderado das xuntas directivas no asociacionismo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-12290 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/EstherGarc\u00eda700x430-002.jpg\" alt=\"\" width=\"450\" height=\"276\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/EstherGarc\u00eda700x430-002.jpg 700w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/EstherGarc\u00eda700x430-002-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/10\/EstherGarc\u00eda700x430-002-610x375.jpg 610w\" sizes=\"(max-width: 450px) 100vw, 450px\" \/><\/p>\n<p>As xuntas directivas das asociaci\u00f3ns, como \u00f3rganos de goberno das mesmas, te\u00f1en capacidade e unha posici\u00f3n privilexiada para seren promotoras e axentes de cambio organizativo e social.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/asociacionamipa.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Asociaci\u00f3n AMIPA<\/a> \u00e9 unha organizaci\u00f3n que traballa a prol da inclusi\u00f3n social de persoas con discapacidade intelectual nunha contorna rural. Xestiona un centro en Rois (A Coru\u00f1a) e acompa\u00f1a os proxectos de vida de 24 persoas, ofrecendo tam\u00e9n apoios as s\u00faas familias.<\/p>\n<p>Esther Garc\u00eda, membro da xunta directiva de AMIPA, comparte, nesta entrevista, como <a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-liderado\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>VIRADA Liderado<\/strong> <\/a>\u00a0contribu\u00edu ao desenvolvemento do liderado do seu equipo directivo.<\/p>\n<p><strong>1- Como membro da xunta directiva de AMIPA participaches en VIRADA Liderado 2022 porque a xerente da t\u00faa entidade che recomendou que o fixeras<\/strong>. <strong>En que esperabas que VIRADA Liderado te axudara no teu labor como directiva? Foi de utilidade?<\/strong><\/p>\n<p>A verdade \u00e9 que non ti\u00f1a moitas expectativas xa que nunca fixera unha formaci\u00f3n deste estilo. Tam\u00e9n era a primeira vez que participaba nunha formaci\u00f3n como membro dunha xunta directiva.<\/p>\n<p>Cando lin o programa, a terminolox\u00eda result\u00e1bame allea, non sab\u00eda o que me \u00eda atopar. Cando lin, por exemplo, <em>corporalidade<\/em>, pregunt\u00e1bame, \u201cde que ir\u00e1 isto?\u201d<\/p>\n<p>Cando a xerente me propuxo participar, levaba menos de 6 meses como directiva en AMIPA e acoll\u00edn a proposta emocionada e con moita ilusi\u00f3n. Entend\u00eda que era algo novo do que pod\u00eda sacar rendemento e aprender.<\/p>\n<p>Foi de moita utilidade porque me proporcionou multitude de co\u00f1ecementos totalmente novos para min. Abriume paso a un mundo novo.<\/p>\n<p><strong>2- Descubriches ou aprendiches outras cousas que non esperabas? Cales?<\/strong><\/p>\n<p>Si, houbo para min moita aprendizaxe. A m\u00e1is destacada foi a seguinte:<\/p>\n<p>O liderado vai m\u00e1is al\u00e1 de saber dar ordes&#8230; Para poder ser unha boa l\u00edder, e tomar as mellores decisi\u00f3ns, \u00e9 importante aprender a comunicar, escoitar, saber observar e indagar para poder obter a m\u00e1xima informaci\u00f3n sobre as nosas asociaci\u00f3ns, as persoas que nelas traballan, as usuarias e todas as persoas involucradas.<\/p>\n<p>Puiden co\u00f1ecer os diferentes tipos de comunicaci\u00f3n, tomando consciencia dende onde, e como me comunico, e aprendendo a ver dende onde, e como, se comunican as persoas do meu arredor para as\u00ed poder comprender mellor a informaci\u00f3n que me chega.<\/p>\n<p>VIRADA Liderado tam\u00e9n me ensinou a importancia de saber reco\u00f1ecer os meus xu\u00edzos para as\u00ed poder desmontalos e aprender a ser consciente de cando eses xu\u00edzos non me deixan ver con claridade.<\/p>\n<p>Para min foi tam\u00e9n especialmente relevante a aprendizaxe sobre a corporalidade, xa que creo que co\u00f1ecer como comunico dende o meu corpo e aprender a reco\u00f1ecer as mi\u00f1as emoci\u00f3ns, \u00e9 vital para poder transmitir dunha forma m\u00e1is eficaz, consciente e produtiva.<\/p>\n<p>Dende esa li\u00f1a da individualidade, outra das ensinanzas que me deixou o programa foi o aprender a ver os meus puntos fortes, as\u00ed coma os m\u00e1is d\u00e9biles e como suma saber apreciar a mi\u00f1a val\u00eda tanto como persoa e como directiva.<\/p>\n<p><strong>3- Que lle dir\u00edas a outras persoas membro de xuntas directivas de asociaci\u00f3ns para que se animaran a participar en VIRADA Liderado?<\/strong><\/p>\n<p>Se queremos que as nosas asociaci\u00f3ns evolucionen e medren \u00e9 indispensable que os \u00f3rganos de direcci\u00f3n mudemos a nosa forma de implicarnos e dirixir: como tomamos decisi\u00f3ns, como promovemos organizaci\u00f3ns m\u00e1is participativas nas que se te\u00f1an en conta a todas as persoas, etc&#8230;<\/p>\n<p>Aporta moito valor ao noso labor directivo compartir o espazo de formaci\u00f3n e aprendizaxe con traballadoras e traballadores, profesionais de xerencias, direcci\u00f3ns, coordinaci\u00f3ns&#8230; que participan e expo\u00f1en asuntos nos que non pensar\u00edas como membro de xunta directiva. \u00c9 un espazo privilexiado para poder co\u00f1ecer novas ideas, puntos de vista, experiencias, e as\u00ed poder empatizar e co\u00f1ecer m\u00e1is do mundo asociativo coas persoas que traballan no mesmo.<\/p>\n<p>As directivas, sobre todo en asociaci\u00f3ns do terceiro sector, podemos ser axentes activas de cambio e agora \u00e9 o momento de evolucionar, \u00e9 o momento de que os seus membros nos formemos e especialicemos ao m\u00e1ximo. Sen d\u00fabida, VIRADA Liderado \u00e9 unha gran oportunidade.<\/p>\n<p>A formaci\u00f3n das persoas das xuntas directivas \u00e9 unha inversi\u00f3n de futuro que hai que ter en conta nas nosas organizaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Moitas grazas, Esther! Foi un pracer compartir singradura contigo en VIRADA.<\/p>\n<p>Falamos da participaci\u00f3n en VIRADA Liderado de persoas da t\u00faa Xunta directiva? <a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-equipos\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Pincha aqu\u00ed<\/a> se queres m\u00e1s informaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Equipo VIRADA<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As xuntas directivas das asociaci\u00f3ns, como \u00f3rganos de goberno das mesmas, te\u00f1en capacidade e unha posici\u00f3n privilexiada para seren promotoras e axentes de cambio organizativo e social. Asociaci\u00f3n AMIPA \u00e9 unha organizaci\u00f3n que traballa a prol da inclusi\u00f3n social de persoas con discapacidade intelectual nunha contorna rural. Xestiona un centro en Rois (A Coru\u00f1a) e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12290,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12289"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12289"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12289\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12316,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12289\/revisions\/12316"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12290"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12289"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12289"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12289"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}