{"id":11901,"date":"2022-07-26T13:40:19","date_gmt":"2022-07-26T11:40:19","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=11901"},"modified":"2023-11-29T16:43:42","modified_gmt":"2023-11-29T14:43:42","slug":"somos-algalia-jorge-rodriguez-vicepresidente-do-consello-reitor-de-algalia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/somos-algalia-jorge-rodriguez-vicepresidente-do-consello-reitor-de-algalia\/","title":{"rendered":"Somos Algalia: Jorge Rodr\u00edguez, vicepresidente do Consello Reitor de Algalia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-11903 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Jorge-Blog-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"246\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Jorge-Blog-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Jorge-Blog-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Jorge-Blog.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/>Jorge Rodr\u00edguez forma parte de Algalia desde a s\u00faa constituci\u00f3n e ocupa o cargo de vicepresidente do seu Consello Reitor desde 2020.<\/p>\n<p><strong>1.- Cal \u00e9 o principal papel do Servizo Econ\u00f3mico de Algalia para as entidades coas que traballa?<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong>O servizo ten d\u00faas funci\u00f3ns principais. A primeira est\u00e1 relacionada con garantir o adecuado cumprimento das obrigaci\u00f3ns contables e fiscais de calquera organizaci\u00f3n da Econom\u00eda Social. especializaci\u00f3n no sector non lucrativo, en particular e na Econom\u00eda Social, en xeral, \u00e9 a garant\u00eda diso. A segunda est\u00e1 relacionada con servizos que, entendemos, te\u00f1en un maior valor para as nosas entidades clientes: traballamos para as persoas con responsabilidades de direcci\u00f3n nestas organizaci\u00f3ns (xuntas directivas, padroados, consellos reitores, persoal de direcci\u00f3n ou xerencia, etc.) na obtenci\u00f3n de informaci\u00f3n econ\u00f3mica relevante que lles permita, co noso asesoramento, tomar decisi\u00f3ns fundamentadas para o seu futuro inmediato. Isto faise con servizos de control e seguimento orzamentario e co acompa\u00f1amento directo \u00e1 direcci\u00f3n das entidades polo noso equipo de profesionais asesores e t\u00e9cnicos.<\/p>\n<p><strong>2.- Cales son as principais dificultades coas que se atopan as entidades do terceiro sector na actualidade?<\/strong><\/p>\n<p>As entidades do terceiro sector conviven na econom\u00eda e na sociedade co conxunto de organizaci\u00f3ns empresariais, administraci\u00f3ns e cidad\u00e1ns, polo que, non son alleas \u00e1s dificultades xerais que estamos a vivir. Tras unha aparente \u201cnormalizaci\u00f3n\u201d posterior aos primeiros dous anos de pandemia, hab\u00eda unha confianza en recuperar canto antes, ou mesmo mellorar, os \u00edndices econ\u00f3micos e sociais. Evidentemente, coa galopada na inflaci\u00f3n e a problem\u00e1tica da guerra en Ucra\u00edna, volven aparecer nuboeiros no futuro inmediato: aumento dos custos, dificultades para repercutilos aos financiadores, etc.<\/p>\n<p><strong>3.- A nivel interno, como \u00e9 o equipo que desenvolve o servizo? Que elementos de innovaci\u00f3n est\u00e1 a implementar?<\/strong><\/p>\n<p>Na actualidade o servizo econ\u00f3mico conta con once profesionais repartidos nas oficinas de Vigo e Santiago de Compostela. Os principais elementos de innovaci\u00f3n nestes momentos te\u00f1en que ver coa dixitalizaci\u00f3n na prestaci\u00f3n de servizos. Un dos grandes proxectos deste ano \u00e9 inclu\u00edr \u00e1 nosa carteira de clientes nun servizo gratu\u00edto de organizaci\u00f3n, clasificaci\u00f3n e almacenamento de toda a documentaci\u00f3n contable e fiscal compart\u00edndoa cos nosos clientes coas vantaxes da tecnolox\u00eda Cloud. Ademais, estamos a incorporar ferramentas que faciliten a recollida autom\u00e1tica de informaci\u00f3n contable para poder centrar o servizo no que importa ao cliente: a informaci\u00f3n a tempo e o asesoramento.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jorge Rodr\u00edguez forma parte de Algalia desde a s\u00faa constituci\u00f3n e ocupa o cargo de vicepresidente do seu Consello Reitor desde 2020. 1.- Cal \u00e9 o principal papel do Servizo Econ\u00f3mico de Algalia para as entidades coas que traballa? \u00a0O servizo ten d\u00faas funci\u00f3ns principais. A primeira est\u00e1 relacionada con garantir o adecuado cumprimento das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11903,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[14],"tags":[31],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11901"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11901"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11901\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14322,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11901\/revisions\/14322"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11903"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11901"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11901"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11901"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}