{"id":11344,"date":"2022-03-08T13:08:00","date_gmt":"2022-03-08T11:08:00","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/gl\/?p=11344"},"modified":"2022-03-09T13:48:26","modified_gmt":"2022-03-09T11:48:26","slug":"11344-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/11344-2\/","title":{"rendered":"Po\u00f1emos rumbo \u00e1 VI Edici\u00f3n de Virada Liderado"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-11356 alignright\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/Liderado-2022-1-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"307\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/Liderado-2022-1-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/Liderado-2022-1-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2022\/03\/Liderado-2022-1.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/>Este m\u00e9rcores, 9 de marzo, comeza, na s\u00faa sexta edici\u00f3n, o programa Virada Liderado, coa participaci\u00f3n de 15 entidades da econom\u00eda social galega, 5 novas e 10 que xa co\u00f1ecen o programa de edici\u00f3ns anteriores.<\/p>\n<p>En concreto, nas vindeiras semanas, 23 persoas vencelladas ao cooperativismo e ao terceiro sector de acci\u00f3n social conf\u00edan en\u00a0<a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-liderado\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><em>VIRADA Liderado<\/em><\/a>\u00a0 a proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA,\u00a0 para desenvolver e fomentar o liderado en entidades de econom\u00eda social.<\/p>\n<p>O prop\u00f3sito de\u00a0<a href=\"https:\/\/algalia.com\/gl\/programa-virada\/virada-liderado\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><em>VIRADA Liderado<\/em><\/a>\u00a0\u00e9 contribu\u00edr a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinaci\u00f3n de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estrat\u00e9xicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado m\u00e1is efectivo.<\/p>\n<p>As actividades principais que estruturan o programa son:<\/p>\n<ul>\n<li>Encontros presenciais <em>outdoor<\/em>.<\/li>\n<li>Obradoiros de contido sobre liderado.<\/li>\n<li>Coaching persoal.<\/li>\n<li>Proxecto de Impacto Organizacional.<\/li>\n<\/ul>\n<p>A continuaci\u00f3n, present\u00e1mosvos as entidades participantes desta edici\u00f3n:<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.adaoemam.es\/inicio.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">A MARI\u00d1A<\/a><\/strong>. A Asociaci\u00f3n de Sa\u00fade Mental A Mari\u00f1a persegue desde 1999 o obxectivo com\u00fan de alcanzar que aos enfermos mentais e \u00e1s s\u00faas familias pr\u00e9steselles unha axuda e asistencia continuada, buscando a integraci\u00f3n dos mesmos na sociedade e na vida de comunidade, e fixando como obxectivo prioritario a s\u00faa rehabilitaci\u00f3n psicosocial e laboral.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.aira.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">AIRA<\/a><\/strong>, Sociedade Cooperativa Agroalimentaria, que \u00e9 o resultado dun proceso de integraci\u00f3n cooperativo iniciado no ano 2018 e que supuxo a fusi\u00f3n nunha \u00fanica entidade xur\u00eddica das cooperativas\u00a0 AGRIS,\u00a0 ICOS,\u00a0 COGASAR,\u00a0 COELPLAN e a propia AIRA.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/asociacionamipa.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">AMIPA<\/a><\/strong>. Son un grupo de persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais e persoas voluntarias, nunha contorna rural. Comparten un proxecto asociativo no que apoian e acompa\u00f1an \u00e1s persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e \u00e1s s\u00faas familias para alcanzar unha mellor calidade de vida, xerando oportunidades desde o respecto e a ilusi\u00f3n e promovendo a inclusi\u00f3n na comunidade nunha contorna rural.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/autismobata.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">AUTISMO BATA<\/a><\/strong>. No seu manifesto declara:\u00a0 Bata form\u00e1mola persoas comprometidas, que xeran oportunidades e apoios para as persoas, que promoven a inclusi\u00f3n para a consecuci\u00f3n dunha plena calidade de vida, que acomodan o dese\u00f1o e a adaptaci\u00f3n de contornas que faciliten a comprensi\u00f3n e a comunicaci\u00f3n, que desenvolven intervenci\u00f3ns eficaces axustadas \u00e1s capacidades, necesidades, expectativas e intereses de cada persoa, valorando tanto os seus puntos fortes como os apoios e recursos que necesita, onde os pequenos cambios xeran grandes momentos que constr\u00faen sorrisos, onde se salienta o importante do coti\u00e1n\u2026 en definitiva, centrados na boa vida das persoas e en apoios para a cidadan\u00eda de pleno dereito.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/avelai\u00f1a.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">AVELAI\u00d1A<\/a><\/strong>. A raz\u00f3n de ser da Asociaci\u00f3n Avelai\u00f1a \u00e9 potenciar a inclusi\u00f3n das persoas con enfermidade mental na provincia de Pontevedra, mediante a promoci\u00f3n da mellora da s\u00faa calidade de vida e a dos seus familiares.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.cogami.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">COGAMI<\/a><\/strong>. A misi\u00f3n da Confederaci\u00f3n\u00a0Galega de\u00a0 Discapacidade \u00e9 conseguir a plena inclusi\u00f3n das persoas con discapacidade en todos os \u00e1mbitos da sociedade, a trav\u00e9s da defensa e promoci\u00f3n dos seus dereitos, da reivindicaci\u00f3n do cambio social, da potenciaci\u00f3n do asociacionismo e da prestaci\u00f3n de servizos que satisfagan as s\u00faas necesidades e expectativas.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.evdgalicia.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">EVD Galicia<\/a><\/strong>, instituci\u00f3n que desde Mos e Crecente promove a dignidade de mulleres con discapacidade intelectual, facilit\u00e1ndolles apoios individualizados de calidade.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.maier.es\/es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">MAIER FERROPLAST\u00a0<\/a><\/strong>\u00e9 unha sociedade cooperativa radicada no Porri\u00f1o que pertence ao Grupo\u00a0Mondrag\u00f3n e que \u00e9 l\u00edder europea na decoraci\u00f3n de pezas de pl\u00e1stico e fabricantes de sub-conxuntos t\u00e9cnicos para a industria do autom\u00f3bil. Traballa con tecnolox\u00edas como o cromado, a pintura, o gravado l\u00e1ser e o <em>hot stamping.<\/em><\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/afaga.com\/es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">AFAGA Alzheimer<\/a>. <\/strong>A Asociaci\u00f3n de Familiares de Enfermos de Alzh\u00e9imer e outras Demencias de Galicia \u00e9 una entidade sen \u00e1nimo de lucro que foi creada para mellorar a calidade de vida dos enfermos de alzh\u00e9imer e os seus familiares, as\u00ed como para ofrecer informaci\u00f3n, asesoramento e orientaci\u00f3n a todas as persoas que, neste eido, o demanden. Afaga ten centros de atenci\u00f3n en Vigo, Mar\u00edn, Mos, Porri\u00f1o, Salceda de Caselas e Tui, e realiza obradoiros en Redondela, Chapela, Ponteareas, Nigr\u00e1n e Baiona.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.sanxerome.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Asociaci\u00f3n San Xerome Emiliani<\/a>. <\/strong>Ao longo dos seus m\u00e1is de 40 a\u00f1os de historia, esta asociaci\u00f3n mant\u00e9nse fiel \u00e1s cualidades que xorden da s\u00faa labor de apoio \u00e1s persoas con diversidade intelectual da comarca de Baixo Mi\u00f1o.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/aceesca.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ACEESCA<\/a><\/strong> traballa, dende hai m\u00e1is de 35 anos, pola visibilidade, inclusi\u00f3n e normalizaci\u00f3n das persoas con diversidade intelectual en t\u00f3dalas etapas da vida, nenos e adultos.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.aeiga.org\/es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Asociaci\u00f3n de Empresas de Inserci\u00f3n de Galicia AEIGA<\/a>. <\/strong>AEIGA\u00a0\u00e9 unha\u00a0asociaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro\u00a0que re\u00fane empresas de inserci\u00f3n laboral da comunidade galega. O seu obxectivo \u00e9 impulsar a difusi\u00f3n e o fomento das empresas de inserci\u00f3n laboral como forma de\u00a0loita contra a exclusi\u00f3n social\u00a0e instrumento de\u00a0inserci\u00f3n no mercado laboral\u00a0das persoas en situaci\u00f3n ou en risco de exclusi\u00f3n social.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.cormointegral.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">CORMO INTEGRAL<\/a>,<\/strong> unha iniciativa da Fundaci\u00f3n \u00c9rguete de Vigo, ded\u00edcase a servizos de xardiner\u00eda, traballos forestais, agricultura, etc, est\u00e1 comprometida coa inserci\u00f3n sociolaboral de persoas en situaci\u00f3n ou risco de exclusi\u00f3n social.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.arroupa.es\/arroupa\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ARROUPA Santiago<\/a><\/strong>, promovida pola Fundaci\u00f3n C\u00e1ritas Diocesana de Santiago de Compostela, pon o foco na recollida, selecci\u00f3n e clasificaci\u00f3n de roupa para incidir na econom\u00eda circular.<\/p>\n<p><strong>SERVICIOS COMERCIALES DE INSERCI\u00d3N LABORAL,<\/strong> promovida por la Fundaci\u00f3n C\u00e1ritas Diocesana de Tui-Vigo, oferta servizos de provisi\u00f3n de recursos humanos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Dende Algalia agradecemos a vosa confianza, e quedamos a disposici\u00f3n de calquera interesado para ampliar informaci\u00f3n sobre o Programa Virada no tel\u00e9fono 986 379 587 ou no enderezo electr\u00f3nico\u00a0<a href=\"mailto:algalia@algalia.com\">algalia@algalia.com<\/a>.<\/p>\n<p>Comezamos!<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este m\u00e9rcores, 9 de marzo, comeza, na s\u00faa sexta edici\u00f3n, o programa Virada Liderado, coa participaci\u00f3n de 15 entidades da econom\u00eda social galega, 5 novas e 10 que xa co\u00f1ecen o programa de edici\u00f3ns anteriores. En concreto, nas vindeiras semanas, 23 persoas vencelladas ao cooperativismo e ao terceiro sector de acci\u00f3n social conf\u00edan en\u00a0VIRADA Liderado\u00a0 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11356,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11344"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11344"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11344\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11357,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11344\/revisions\/11357"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11356"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11344"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11344"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11344"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}