{"id":1114,"date":"2010-11-19T13:11:55","date_gmt":"2010-11-19T11:11:55","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?p=1114"},"modified":"2026-08-21T08:59:57","modified_gmt":"2026-08-21T06:59:57","slug":"entrevista-ander-mimenza-docente-curso-liderar-proxectos-organizativos-sustentables-en-tempos-de-cambio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/entrevista-ander-mimenza-docente-curso-liderar-proxectos-organizativos-sustentables-en-tempos-de-cambio\/","title":{"rendered":"Entrevista a Ander Mimenza, docente do curso Liderar proxectos organizativos sustentables en tempos de cambio"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-13539 alignleft\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2010\/11\/entrevista-300x180-1-1-300x184.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"246\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2010\/11\/entrevista-300x180-1-1-300x184.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2010\/11\/entrevista-300x180-1-1-610x375.jpg 610w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2010\/11\/entrevista-300x180-1-1.jpg 700w\" sizes=\"(max-width: 400px) 100vw, 400px\" \/>Entrevista con Ander Mimenza Aurrekoetxea responsable de Bidera (Escuela de directivos y directivas de la Fundaci\u00f3n EDE), coach, consultor e formador en desenvolvemento organizativo, que ser\u00e1 o docente do curso Liderar proxectos organizativos sustentables en tempos de cambio, que organiza Algalia os dias 14 e 15 de decembro.<\/p>\n<p><strong>1.- Que elementos ou que dimensi\u00f3ns das organizaci\u00f3ns do terceiro sector consideras que deben terse en conta para que estas sexan realmente efectivas e para que realicen de maneira eficaz e eficiente a contribuci\u00f3n social que se espera delas?\u00a0<\/strong><\/p>\n<p>As organizaci\u00f3ns, no contexto actual enfr\u00f3ntanse a unha crise de gran calado. As crises adoitan ser escenarios propicios para afrontar un cambio. Un cambio que mobilice \u00e1 organizaci\u00f3n e que leve a preguntarse se as pr\u00e1cticas adquiridas te\u00f1en vixencia nun escenario completamente diferente. As crises son unha oportunidade na medida que as organizaci\u00f3ns son capaces de desaprender certos h\u00e1bitos e automatismos, para reinventarse. A capacidade para afrontar a xesti\u00f3n do cambio \u00e9, quizais, \u00a0o factor m\u00e1is determinante.<\/p>\n<p>Unha organizaci\u00f3n \u00e9 un sistema de sistemas, interrelacionados entre si. Entender as din\u00e1micas que subxacen nos sistemas resolve gran parte das dificultades e conflitos, adem\u00e1is de axudar a desenvolver o potencial de todo o equipo. Un equipo \u00e9 m\u00e1is que a suma dos seus individuos!<\/p>\n<p>Do mesmo xeito, unha organizaci\u00f3n \u00e9 un conxunto de conversas&#8230; conversas internas e coa s\u00faa contorna. Na medida que se adquiran competencias conversacionais, o equipo estar\u00e1 m\u00e1is cohesionado e ser\u00e1 m\u00e1is eficaz.<\/p>\n<p>Finalmente, temos que asumir con normalidade e responsabilidade que as persoas somos ante todo seres emocionais. As competencias emocionais son necesarias para dinamizar equipos e relaci\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>2.- As organizaci\u00f3ns enfr\u00f3ntanse continuamente aos retos que lles presenta unha contorna cambiante. Cales son os desaf\u00edos da contorna actual nos que as organizaci\u00f3ns do terceiro sector p\u00f3dense estar a xogar o seu presente e futuro?<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda que antes comecei falando dun contexto de crise, creo que \u00e9 m\u00e1is enriquecedor identificar tendencias do sector a m\u00e1is longo prazo. Ao cabo, as crises son c\u00edclicas; e con todo as tendencias son \u201cevoluci\u00f3ns\u201d cara a novos escenarios.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos identifiquei certas tendencias. Por exemplo, a converxencia entre os diferentes sectores. Ata hai non moito a forma xur\u00eddica (con o sen \u00e1nimo de lucro) era o elemento diferenciador entre unha empresa e unha entidade social. Agora, o factor clave \u00e9 o modo de organizarse&#8230;a din\u00e1mica de funcionamento, o liderado e a cultura organizativa, a xesti\u00f3n por valores. Falamos\u00a0 m\u00e1is de formas de xestionarse ca de tipos de organizaci\u00f3ns que nos definan. Isto l\u00e9vanos a un escenario no que dismin\u00faen as diferenzas entre as organizaci\u00f3ns de distintos sectores. O desaf\u00edo consiste en saber convivir e colaborar con todo tipo de organizaci\u00f3ns, aprendendo doutras formas de facer posiblemente diferentes \u00e1 nosa.<\/p>\n<p><strong>3.- O management actual tam\u00e9n centra a s\u00faa atenci\u00f3n no papel que representa o liderado no desenvolvemento das organizaci\u00f3ns. Como cres que debe caracterizarse o liderado no terceiro sector?<\/strong><\/p>\n<p>Temos que enfrontarnos ao feito de que cada vez m\u00e1is as organizaci\u00f3ns est\u00e1n constitu\u00eddas por persoas cuxos intereses est\u00e1n por riba dos corporativos. A tradici\u00f3n do terceiro sector l\u00e9mbranos que o proxecto est\u00e1 por riba dos intereses particulares. Sen entrar no interesante debate sobre se isto debe continuar sendo as\u00ed, polo menos debemos afrontar con honestidade o feito de que o liderado\u00a0 consiste fundamentalmente en contribu\u00edr no benestar (satisfacci\u00f3n) de todas as partes implicadas na organizaci\u00f3n, e non tanto en optimizar os recursos dispo\u00f1ibles para lograr o fin ao que aspira a organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Se damos por v\u00e1lida esta formulaci\u00f3n atop\u00e1monos ante a necesidade de orientar os nosos esforzos de liderado cara \u00e1 relaci\u00f3n coas persoas. E que significa relacionarse coas persoas? Significa que as s\u00faas inquietudes son tan v\u00e1lidas como as nosas, que a s\u00faa opini\u00f3n e participaci\u00f3n na toma de decisi\u00f3ns non son algo meramente testemu\u00f1al, que son seres que pensan e senten e que, polo tanto, debemos prestar a mesma atenci\u00f3n tanto ao \u00e1mbito do co\u00f1ecemento como ao das emoci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Probablemente a radiograf\u00eda da persoa l\u00edder de hoxe en d\u00eda, \u00e9 daquela que conxuga a capacidade de proxectar a organizaci\u00f3n cara ao exterior (direcci\u00f3n estrat\u00e9xica, viabilidade econ\u00f3mica e relaci\u00f3ns coa contorna) coa capacidade de dinamizar a organizaci\u00f3n no seu interior (direcci\u00f3n de persoas, xesti\u00f3n por valores, xesti\u00f3n dos recursos), adquirindo especial relevancia este \u00faltimo \u00e1mbito. C\u00f3mpre, mesmo, dominar competencias para a resoluci\u00f3n de conflitos, a xesti\u00f3n da aprendizaxe, a arquitectura da participaci\u00f3n, o est\u00edmulo da innovaci\u00f3n e da creatividade, etc.<\/p>\n<p>Gustar\u00edame acabar este punto coa reflexi\u00f3n de que o liderado non \u00e9 un mandato dirixido exclusivamente \u00e1 direcci\u00f3n, a xerencia ou a presidencia da organizaci\u00f3n. O liderado \u00e9 dinamizado por todas e cada unha das persoas que constit\u00faen o proxecto.<\/p>\n<p><strong>4.- Que ferramentas eficaces te\u00f1en ao seu alcance as persoas directivas das entidades do terceiro sector para conducir o desenvolvemento organizativo das s\u00faas entidades?<\/strong><\/p>\n<p>Contamos con xeraci\u00f3ns de persoas directivas cunha significativa capacidade t\u00e9cnica. O gran reto \u00e9 conseguir que esas persoas realicen un gran traballo persoal.<\/p>\n<p>A maior porcentaxe do seu tempo e enerx\u00eda deber\u00edan\u00a0 dedicala\u00a0 as\u00ed mesmas: a preguntarse e cuestionarse que tipo de l\u00edderes son, cales son as s\u00faas din\u00e1micas de relaci\u00f3n e de comportamento, que as bloquea e lles d\u00e1 medo, que as anima e impulsa, etc.<\/p>\n<p>Unha vez feito isto, poden acompa\u00f1ar e a animar aos seus equipos a facer o mesmo. E as\u00ed sucesivamente co resto de persoas: aquelas ante as que responden (por exemplo unha xunta directiva), as persoas que se atopan no seu mesmo nivel xer\u00e1rquico e de responsablididade, etc.<\/p>\n<p><strong>5.- Calquera outra cuesti\u00f3n que consideres oportuna?<\/strong><\/p>\n<p>Ata agora falei practicamente da responsabilidade de cada organizaci\u00f3n e das persoas, no seu propio desenvolvemento. Quedannos facer unha breve reflexi\u00f3n como sector.<\/p>\n<p>O noso sector viviu unha \u00e9poca de expansi\u00f3n nas \u00faltimas d\u00e9cadas. Isto l\u00e9vanos a un escenario de gran diversidade e atomizaci\u00f3n do sector, que en ocasi\u00f3ns e m\u00e1is a\u00ednda en tempos de crise, deriva nun \u201cs\u00e1lvese quen poida\u201d.<\/p>\n<p>Afrontar os retos de maneira conxunta perm\u00edtenos ter unha posici\u00f3n de forza (no mellor sentido da palabra) ante outros sectores; contar cunha identidade m\u00e1is rica; aprender da diversidade os demais; e aforrar tempo, enerx\u00eda e recursos xerando sinerx\u00edas e econom\u00eda de escala.<\/p>\n<p>Hai moitas formas de traballar en rede e colaborar. Primeiro hai que ter a vontade de facelo. Segundo identificar e xestionar as resistencias a facelo. Finalment, c\u00f3mpre cami\u00f1ar no d\u00eda a d\u00eda, xa que a acci\u00f3n compartida constituir\u00e1 a nosa identidade colectiva. Como sector temos moito que cami\u00f1ar xuntos!<\/p>\n<p><strong>Celso G\u00e1ndara<br \/>\nXerente\u00a0de Algalia Servizos para o Terceiro Sector<br \/>\n<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entrevista con Ander Mimenza Aurrekoetxea responsable de Bidera (Escuela de directivos y directivas de la Fundaci\u00f3n EDE), coach, consultor e formador en desenvolvemento organizativo, que ser\u00e1 o docente do curso Liderar proxectos organizativos sustentables en tempos de cambio, que organiza Algalia os dias 14 e 15 de decembro. 1.- Que elementos ou que dimensi\u00f3ns das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":13539,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12],"tags":[27,22,26,39],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1114"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1114"}],"version-history":[{"count":25,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1114\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16405,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1114\/revisions\/16405"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13539"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1114"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1114"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1114"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}