{"id":1236,"date":"2016-05-18T11:54:11","date_gmt":"2016-05-18T09:54:11","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?page_id=1236"},"modified":"2018-03-01T10:50:23","modified_gmt":"2018-03-01T08:50:23","slug":"principios","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/somos-e-aspiramos\/principios\/","title":{"rendered":"Principios"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<h3><b>LIBRE ADHESI\u00d3N<\/b><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA decl\u00e1rase aberta a todas as persoas que de forma voluntaria acepten estes Principios Cooperativos; compartan e se identifiquen cos seus valores; acrediten idoneidade profesional para os postos de traballo que puidesen existir e acepten e se comprometan coas responsabilidade de ser socias.<\/p>\n<p>Para a adscrici\u00f3n \u00e1 cooperativa non existir\u00e1 discriminaci\u00f3n algunha por motivos relixiosos, pol\u00edticos, \u00e9tnicos, ou de sexo. Soamente ser\u00e1 esixible o respecto aos postulados da s\u00faa constituci\u00f3n interna.<\/p>\n<h3><strong>ORGANIZACI\u00d3N DEMOCR\u00c1TICA<\/strong><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA proclama a igualdade b\u00e1sica das socias traballadoras no que respecta aos seus dereitos a ser, posu\u00edr e co\u00f1ecer, o que implica a aceptaci\u00f3n dunha organizaci\u00f3n democr\u00e1tica da empresa, concretada en:<\/p>\n<ol>\n<li>A soberan\u00eda da Asemblea Xeral, composta pola totalidade da socias, que se exercita segundo a pr\u00e1ctica de \u201cunha persoa, un voto\u201d.<\/li>\n<li>A elecci\u00f3n democr\u00e1tica dos \u00f3rganos de goberno, e en concreto do Consello Reitor, responsable da s\u00faa xesti\u00f3n ante a Asemblea Xeral. O Consello Reitor representa \u00e1 Cooperativa e a s\u00faa actuaci\u00f3n, orientada polo proxecto compartido aprobado pola Asemblea, estar\u00e1 dirixida a compaxinar o interese xeral da Cooperativa co particular das s\u00faas socias.<\/li>\n<li>A colaboraci\u00f3n cos \u00f3rganos directivos designados para xestionar a sociedade por delegaci\u00f3n de toda a comunidade, que gozar\u00e1n das atribuci\u00f3ns suficientes para desenvolver eficazmente a s\u00faa funci\u00f3n en beneficio com\u00fan.<\/li>\n<\/ol>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA\u00a0 \u00e9 unha organizaci\u00f3n democr\u00e1tica controlada polos seus membros, quen participan activamente na definici\u00f3n das s\u00faas pol\u00edticas e na toma de decisi\u00f3ns.<\/p>\n<p>As persoas elixidas para representar \u00e1 Cooperativa responden antes os membros.<\/p>\n<p>Si entra en acordo con outras organizaci\u00f3ns (inclu\u00edndo gobernos) ou ten capital de fontes externas, real\u00edzao en termos que aseguren o control democr\u00e1tico por parte dos seus membros e mante\u00f1a a autonom\u00eda da Cooperativa.<\/p>\n<h3><strong>SOBERAN\u00cdA DO TRABALLO<\/strong><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA considera que o Traballo\u00a0 \u00e9 o principal factor transformador da natureza, da sociedade e do propio ser humano e, por conseguinte:<\/p>\n<ol>\n<li>Renuncia \u00e1 contrataci\u00f3n sistem\u00e1tica dos traballadores asalariados.<\/li>\n<li>Adxudica ao Traballo plena soberan\u00eda na organizaci\u00f3n da empresa cooperativa.<\/li>\n<li>Considera ao Traballo acredor esencial na distribuci\u00f3n da riqueza producida.<\/li>\n<li>Manifesta a s\u00faa vontade de ampliar as opci\u00f3ns de traballo a todos os membros da sociedade.<\/li>\n<\/ol>\n<h3><b>CAR\u00c1CTER INSTRUMENTAL E SUBORDINADO DO CAPITAL<\/b><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA considera ao factor Capital como un instrumento, subordinado ao Traballo, necesario para o desenvolvemento empresarial e acredor por tanto:<\/p>\n<ol>\n<li>A unha remuneraci\u00f3n:\n<ul>\n<li>Xusta, en relaci\u00f3n cos esforzos que implica o seu aforro.<\/li>\n<li>Adecuada, para propiciar a adscrici\u00f3n dos recursos necesarios.<\/li>\n<li>Limitada na s\u00faa cont\u00eda, mediante a correspondente regulaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Non directamente vinculada aos Resultados obtidos.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li>A unha dispo\u00f1ibilidade subordinada \u00e1 continuidade e desenvolvemento da Cooperativa, que non impida unha real aplicaci\u00f3n do principio de libre adhesi\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n<h3><b>PARTICIPACI\u00d3N NA XESTI\u00d3N<\/b><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA estima que o car\u00e1cter democr\u00e1tico da Cooperativa non se esgota na s\u00faa vertente societaria, sen\u00f3n que implica un desenvolvemento progresivo da autoxesti\u00f3n e consecuentemente da participaci\u00f3n da socias no \u00e1mbito da xesti\u00f3n empresarial, o que, \u00e1 s\u00faa vez, require:<\/p>\n<ol>\n<li>O desenvolvemento dos mecanismos e canles de participaci\u00f3n adecuados.<\/li>\n<li>A transparencia informativa en relaci\u00f3n coa evoluci\u00f3n das variables b\u00e1sicas da xesti\u00f3n da Cooperativa.<\/li>\n<li>A pr\u00e1ctica de m\u00e9todos de consulta e negociaci\u00f3n coas socias traballadoras nas decisi\u00f3ns econ\u00f3micas, organizativas e laborais que lles concirnan ou afecten.<\/li>\n<li>A aplicaci\u00f3n sistem\u00e1tica de plans de formaci\u00f3n social e profesional da socias.<\/li>\n<li>O establecemento da promoci\u00f3n interna como v\u00eda b\u00e1sica para a cobertura dos postos con maior responsabilidade profesional.<\/li>\n<\/ol>\n<h3><strong>SOLIDARIDADE RETRIBUTIVA<\/strong><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA proclama a retribuci\u00f3n suficiente e solidaria como un principio b\u00e1sico da s\u00faa xesti\u00f3n, expresada nos termos de:<\/p>\n<ol>\n<li>Suficiente, acorde coas posibilidades reais da Cooperativa.<\/li>\n<li>Solidaria, nos seguintes \u00e1mbitos concretos:\n<ul>\n<li>Interno. Materializado, entre outros aspectos, na existencia dun intervalo solidario de retribuci\u00f3ns ao traballo.<\/li>\n<li>Externo. Materializado no criterio de que a remuneraci\u00f3n media interna sexa equivalente \u00e1 das traballadoras asalariadas do seu sector profesional, salvo manifesta insuficiencia da pol\u00edtica salarial no mesmo.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ol>\n<h3><b>INTERCOOPERACI\u00d3N<\/b><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA considera que, como aplicaci\u00f3n concreta de solidariedade e requisito de eficacia empresarial, o principio de Intercooperaci\u00f3n debe manifestarse:<\/p>\n<ol>\n<li>Na contribuci\u00f3n \u00e1 colaboraci\u00f3n entre cooperativas que buscan sinerx\u00edas para desenvolver os seus proxectos e fortalecer os seus negocios.<\/li>\n<li>Na contribuci\u00f3n ao desenvolvemento do cooperativismo galego, co fin de potenciar a Econom\u00eda Social en Galicia.<\/li>\n<li>Na contribuci\u00f3n con outros movementos cooperativos do Estado, Europeos e do resto do mundo, realizando acordos e establecendo \u00f3rganos conxuntos dirixidos a propiciar o desenvolvemento com\u00fan.<\/li>\n<\/ol>\n<h3><b>TRANSFORMACI\u00d3N SOCIAL\u00a0<\/b><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA manifesta a s\u00faa vontade de transformaci\u00f3n social solidaria coa doutros pobos, a trav\u00e9s da s\u00faa actuaci\u00f3n en Galicia \u00a0nun proceso de expansi\u00f3n que colabore \u00e1 s\u00faa construci\u00f3n econ\u00f3mica e social e \u00e1 edificaci\u00f3n dunha sociedade galega m\u00e1is libre, xusta e solidaria, mediante:<\/p>\n<ol>\n<li>Unha pol\u00edtica de Protecci\u00f3n Social das s\u00faas socias e traballadoras coherente co sistema cooperativo, baseado na solidariedade e responsabilidade.<\/li>\n<li>O apoio a iniciativas de desenvolvemento comunitario, mediante a aplicaci\u00f3n do Fondo de Formaci\u00f3n e Promoci\u00f3n<\/li>\n<li>A cooperaci\u00f3n con outras instituci\u00f3ns galegas de car\u00e1cter econ\u00f3mico e social, especialmente as promovidas por axentes da econom\u00eda social.<\/li>\n<li>A colaboraci\u00f3n na revitalizaci\u00f3n do Galego e, en xeral, dos elementos caracter\u00edsticos da cultura Galega.<\/li>\n<li>A reinversi\u00f3n para a creaci\u00f3n de postos de traballo cooperativos.<\/li>\n<\/ol>\n<h3><b>CAR\u00c1CTER UNIVERSAL\u00a0<\/b><\/h3>\n<p>ALGALIA S. COOP. GALEGA, como expresi\u00f3n da s\u00faa vocaci\u00f3n universal, proclama a s\u00faa solidariedade con todas as que traballan pola democracia econ\u00f3mica no \u00e1mbito da \u201cEconom\u00eda Social\u201d, facendo seus os obxectivos de Paz, Xustiza e Desenvolvemento, propios do Cooperativismo Internacional.<\/p>\n<h3><b>EDUCACI\u00d3N E FORMACI\u00d3N\u00a0<\/b><\/h3>\n<p><b>\u00a0<\/b>ALGALIA S. COOP. GALEGA manifesta que para promover a implantaci\u00f3n dos anteriores Principios \u00e9 fundamental a dedicaci\u00f3n de suficientes recursos persoais e econ\u00f3micos \u00e1 Educaci\u00f3n, nas s\u00faas diversas vertentes:<\/p>\n<ol>\n<li>Cooperativa, do conxunto das socias e en especial das elixidas para os \u00f3rganos sociais.<\/li>\n<li>Profesional, en especial das socias designadas polos \u00f3rganos directivos.<\/li>\n<li>En xeral, da mocidade, propiciando o xurdimento de persoas cooperadoras, capaces de consolidar e desenvolver experiencias cooperativas no futuro.<\/li>\n<\/ol>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>LIBRE ADHESI\u00d3N ALGALIA S. COOP. GALEGA decl\u00e1rase aberta a todas as persoas que de forma voluntaria acepten estes Principios Cooperativos; compartan e se identifiquen cos seus valores; acrediten idoneidade profesional para os postos de traballo que puidesen existir e acepten e se comprometan coas responsabilidade de ser socias. Para a adscrici\u00f3n \u00e1 cooperativa non existir\u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":4,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"template-interior.php","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1236"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1236"}],"version-history":[{"count":30,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1236\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5825,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1236\/revisions\/5825"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/4"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1236"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}