{"id":1228,"date":"2016-05-18T11:52:20","date_gmt":"2016-05-18T09:52:20","guid":{"rendered":"https:\/\/algalia.com\/?page_id=1228"},"modified":"2016-06-17T11:51:04","modified_gmt":"2016-06-17T09:51:04","slug":"historia","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/algalia.com\/gl\/somos-e-aspiramos\/historia\/","title":{"rendered":"Historia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"aligncenter size-full wp-image-1698\" src=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/historiagal-1.jpg\" alt=\"historiagal\" width=\"1101\" height=\"652\" srcset=\"https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/historiagal-1.jpg 1101w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/historiagal-1-300x178.jpg 300w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/historiagal-1-768x455.jpg 768w, https:\/\/algalia.com\/wp-content\/uploads\/2016\/05\/historiagal-1-1024x606.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 1101px) 100vw, 1101px\" \/><br \/>\nAlgalia nace en 1994 como unha iniciativa de autoemprego de varios amigos que compartiran estudos secundarios no Colexio Salesiano Mar\u00eda Auxiliadora de Vigo e posteriormente na Facultade de Econ\u00f3micas da Universidade de Vigo.<\/p>\n<p>Todos eles, mozos participantes en distintas iniciativas sociais relacionadas co asociacionismo xuvenil, o tempo libre, a inclusi\u00f3n social, as drogodependencias, a cooperaci\u00f3n internacional, o ecoloxismo, etc., consideran que poden atopar un modo de vida digno achegando a s\u00faa formaci\u00f3n, co\u00f1ecementos e experiencia de xesti\u00f3n ao mundo asociativo, o que nos anos noventa ir\u00eda configur\u00e1ndose como o Terceiro Sector.<\/p>\n<p>O 31 de xaneiro de 1995, cristaliza o proxecto coa creaci\u00f3n de <em>Algalia Asesor\u00eda C.B<\/em>, sociedade civil, que integraba tres socios traballadores e catro colaboradores puntuais na prestaci\u00f3n de servizos que tam\u00e9n apoiaban financeiramente a empresa.<\/p>\n<p>Os inicios foron precarios e <em>Algalia Asesor\u00eda<\/em> foi dot\u00e1ndose aos poucos dos recursos necesarios para o exercicio da s\u00faa actividade. Daquela, os principios que rex\u00edan a pol\u00edtica de investimentos eran a austeridade, o autofinanciamento e a creatividade.<\/p>\n<p><span style=\"line-height: 1.5;\">A actividade in\u00edciase coa prestaci\u00f3n de servizos de asesoramento econ\u00f3mico e laboral, orientados \u00e1s entidades sen \u00e1nimo de lucro, e o Colectivo Galego do Menor foi o primeiro cliente deste tipo, pois para garantir a viabilidade do proxecto prest\u00e1banse servizos a familiares, amigos e co\u00f1ecidos. Aqu\u00ed est\u00e1 a orixe da li\u00f1a de negocio para entidades lucrativas.<\/span><\/p>\n<p>Tam\u00e9n se realizan servizos de formaci\u00f3n en xesti\u00f3n de organizaci\u00f3ns, a trav\u00e9s das distintas administraci\u00f3ns p\u00fablicas competentes nesta materia, e se te\u00f1en as primeiras experiencias en servizos de consultor\u00eda estrat\u00e9xica.<\/p>\n<p><span style=\"line-height: 1.5;\">O esforzo, a dedicaci\u00f3n e o traballo ben feito, durante o per\u00edodo 1995-1999, tiveron como recompensa comezar a ser reco\u00f1ecidos no sector como unha asesor\u00eda especializada e aumentar a nosa carteira de clientes, permit\u00edndonos ampliar o persoal ata sete persoas.<\/span><\/p>\n<p>En 1999, coa aprobaci\u00f3n do Primeiro plan estrat\u00e9xico de Algalia 1999-2002, dec\u00eddese a constituci\u00f3n dunha cooperativa: <em>Algalia S. Coop. Galega<\/em>. Esta decisi\u00f3n responde a que a cooperativa \u00e9 a forma xur\u00eddica que mellor encaixa na nosa forma de organizarnos e \u00e1 decisi\u00f3n de incorporar os valores cooperativistas como elementos directores das nosas pol\u00edticas.<\/p>\n<p><span style=\"line-height: 1.5;\">Non s\u00f3 foi un salto xur\u00eddico, sen\u00f3n que foi o paso de <em>Algalia Asesor\u00eda<\/em> a unha organizaci\u00f3n maior estruturada nun <em>Departamento de asesor\u00eda<\/em> e nun novo departamento denominado <em>Proxectos<\/em>, que englobaba servizos de formaci\u00f3n, consultor\u00eda, publicaci\u00f3ns e organizaci\u00f3n de eventos, actividades que fomos sumando \u00e1 nosa oferta para responder as demandas dos nosos clientes.<\/span><\/p>\n<p>Este salto supuxo adquirir unha posici\u00f3n de liderado no sector e unha presenza en todo o territorio galego. No ano 2004 \u00e1brese unha nova oficina en Vigo e o persoal ascende a 18 persoas.<\/p>\n<p>En 2005, apr\u00f3base o Plan estrat\u00e9xico 2005-2008. Os elementos fundamentais deste Plan foron a aposta por ofrecer servizos de consultor\u00eda estrat\u00e9xica, organizativa e sistemas de xesti\u00f3n da calidade, como resposta \u00e1s necesidades que percibiamos no sector.<\/p>\n<p>Esta decisi\u00f3n supuxo a transformaci\u00f3n do <em>Departamento de Proxectos<\/em> no <em>Departamento de Consultor\u00eda<\/em> e a contrataci\u00f3n de persoal especializado para o seu enriquecemento. Neste per\u00edodo cr\u00e9ase a oficina en Santiago de Compostela co prop\u00f3sito de profundar na dimensi\u00f3n territorial auton\u00f3mica<\/p>\n<p>Asistimos nese per\u00edodo a un crecemento importante nos dous departamentos en cifra de negocio, que se concretou na prestaci\u00f3n de servizos a organizaci\u00f3ns grandes e servizos m\u00e1is importantes e de alto valor engadido. O persoal chegou a estar formado por 30 persoas.<\/p>\n<p>Este crecemento fixo renxer a estrutura organizativa e o funcionamento interno, polo que se adoptaron medidas dirixidas a adecuar o organigrama e os procedementos ao novo tama\u00f1o de organizaci\u00f3n. Cara ao final do per\u00edodo prod\u00facese o abandono da li\u00f1a de servizos de organizaci\u00f3n de eventos, consolid\u00e1ndose o enfoque de consultor\u00eda do Departamento.<\/p>\n<p>No ano 2009 prod\u00facese un cambio na estrutura organizativa: cr\u00e9ase a figura de Xerente, ord\u00e9nanse seis \u00e1reas de negocio, que suprimen os departamentos, e as funci\u00f3ns de recursos humanos e xesti\u00f3n econ\u00f3mica central\u00edzanse no Departamento de Administraci\u00f3n.<\/p>\n<p>A finais do ano 2009 apr\u00f3base o Plan estrat\u00e9xico 2010-2012, que sup\u00f3n unha aposta por ampliar presenza noutros sectores, como o deportivo e cultural, e noutros territorios, abordando a dimensi\u00f3n estatal para alg\u00fans servizos. Ap\u00f3stase decididamente por orientar a prestaci\u00f3n de servizos \u00e1 mellora da eficiencia na organizaci\u00f3n e xesti\u00f3n dos nosos clientes.<\/p>\n<p>Durante o ano 2013 ab\u00f3rdase o novo plan estrat\u00e9xico, facilitado por LKS, a trav\u00e9s do cal se d\u00e1 un salto de mentalidade para a construci\u00f3n dunha Algalia m\u00e1is sustentable a longo prazo na que apostamos por dirixirnos a un tama\u00f1o de cliente m\u00e1is desenvolvido, unha aposta pola nosa presenza en Madrid e un desenvolvemento da f\u00f3rmula cooperativa. Para iso, a pol\u00edtica de alianzas, a aposta por incrementar as capacidades dos nosos profesionais e a intensidade de m\u00e1rketing e comercializaci\u00f3n son os alicerces que sustentan a consecuci\u00f3n dos nosos obxectivos.<\/p>\n<p>Organizativamente, fusi\u00f3nanse as \u00e1reas de servizos econ\u00f3micos e laborais, que pasan a concibirse como un \u00fanico negocio a trav\u00e9s da \u00e1rea de asesor\u00eda cun responsable \u00fanico e articulado por li\u00f1as de servizos. Pot\u00e9nciase a \u00e1rea de consultor\u00eda, realizando unha aposta moi importante na adquisici\u00f3n de co\u00f1ecemento para a creaci\u00f3n de novos servizos, sobre todo centrados en recursos humanos, e incorp\u00f3ranse novas metodolox\u00edas nos servizos de estratexia. Neste reforzo de servizos de consultor\u00eda \u00e9 substancial a aprendizaxe xurdida nas alianzas coa Fundaci\u00f3n EDE e LKS S. Coop, ambas as organizaci\u00f3ns do Pais Vasco.<\/p>\n<p><span style=\"line-height: 1.5;\">Na actualidade, con 20 anos de historia, e en plena mocidade, acompa\u00f1amos a 200 Clientes e o equipo humano de Algalia est\u00e1 composto por 22 persoas implicadas no proxecto.<\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Algalia nace en 1994 como unha iniciativa de autoemprego de varios amigos que compartiran estudos secundarios no Colexio Salesiano Mar\u00eda Auxiliadora de Vigo e posteriormente na Facultade de Econ\u00f3micas da Universidade de Vigo. Todos eles, mozos participantes en distintas iniciativas sociais relacionadas co asociacionismo xuvenil, o tempo libre, a inclusi\u00f3n social, as drogodependencias, a cooperaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":4,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"template-interior.php","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1228"}],"collection":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1228"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1228\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1727,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1228\/revisions\/1727"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/4"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/algalia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1228"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}