Michael Porter e a creación do valor compartido: O terceiro sector en vanguardia

Michael Porter e Mark R. Kramer recomendan a creación de valor compartido entre empresas como forma de reinventar o capitalismo e desatar unha onda de innovación e crecemento, e recoñecen que o terceiro sector ten unha forma de comportarse en sintonía con este principio.

O recoñecido gurú da estratexia empresarial, profesor da escola de negocios de Harvard e director do Instituto para a estratexia e a competitividade, presenta na Harvard Business Review a súa “The big idea”: a creación de valor compartido.

Con este concepto quere salientar a conexión entre a sociedade e o progreso económico, xa que considera que este enfoque ten o poder para desatar unha nova onda de crecemento global

Segundo os autores do artigo, un número crecente de empresas coñecidas polo seu duro posicionamento no mundo dos negocios como Google, IBM, Intel, Johnson & Johnson, Nestlé, Unilever, ou Wal-Mart, estanse empezando a embarcar en importantes iniciativas de valor compartido.

Consideran que hai tres formas crave mediante as que as empresas poden crear oportunidades de valor compartido: por reinventar de produtos e mercados, por redefinir a produtividade na cadea de valor e por posibilitar o desenvolvemento de clúster locais.

Para iso, as empresas han de decidir e aproveitar oportunidades dende o prisma do valor compartido, que permitirá o crecemento das empresas e o beneficio da sociedade no seu conxunto.

Porter e Kramer consideran que as entidades sociais non pensan soamente en beneficios inmediatos, como as empresas, senón que prestan atención ao valor compartido e sitúanse, deste xeito, nun referente para a creación dunha nova economía que permita unha nova onda de crecemento empresarial e mellora social.

Para afondar  ARTIGO .

Celso Gándara Carnero
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar