Fundación Ede e Algalia realizarán a avaliación do Plan Estratéxico do Terceiro Sector de Acción Social

A Plataforma de ONG de Acción Social confiou a avaliación do I Plan estratéxico do terceiro sector de acción social, á Fundación Ede e a Algalia, Servizos para o Terceiro Sector.

Desde Algalia queremos compartir cos nosos clientes, equipo e colaboradores esta inmensa satisfacción que sen dúbida foi posible grazas á confianza depositada en nós durante todos estes anos. Tamén nos gustaría destacar a colaboración coa Fundación EDE, a cal permitiranos enriquecer a nosa visión do terceiro sector e poder trasladar experiencias doutros sitios a Galicia.

Esta actuación contribúe dunha forma importante á estratexia de Algalia de ser  recoñecidos como especialistas en servizos de asesoría e consultoría no sector non lucrativo en España

Celso Gándara Carnero
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar