Responsabilidade e Bo Goberno en fundacións

com y rseJPG

Dotar ás Fundacións e os seus órganos máximos de goberno, dunha serie de pautas e recomendacións prácticas que, dende a obrigatoriedade en canto a lexislación e estatutos, e desde a voluntariedade en canto a boas prácticas, axuden a reflexionar co fin de, respectivamente, garantir a dilixencia debida no cumprimento das obrigacións, previndo responsabilidades e mellorar os modos de facer.

As obrigacións de rendición de contas e transparencia, de acordo coa regulación propia destas organizacións e de acordo coa recentemente aprobada Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e a súa Orde de 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude de acceso á información pública da Administración xeral e das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia, e as obrigas das fundacións e asociacións en relación coa normativa de prevención do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo, conforme ao previsto na Lei 10/2010, de 28 de abril, e o desenvolvemento regulamentario aprobado por Real Decreto 304/2014, de 5 de maio, incluiranse nesta xornada, ofrecendo unha visión práctica das medidas a adoptar polas entidades de acordo á nova normativa.

A Lei 43/2015, de 9 de outubro, do Terceiro Sector de Acción Social subliña o fortalecemento e promoción de prácticas e criterios de bo goberno e de transparencia nestas organizacións.

Ficha do curso e inscrición

  • Organiza: Algalia Servizos para el Tercer Sector
  • Duración: 7 h
  • Datas: 14 de julio
  • Prezo: 175€
  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 11/07/2016
  • Destinatarios: Membros del patronato y personal directivo o de gestión de una Fundación, además de cualquier otra persona interesada en el tercer sector.
  • Nivel: Medio
  • Formato: Presencial
  • Localidade: Santiago De Compostela
  • Lugar: Hotel Ac Palacio del Carmen. C/ Oblatas S/N
  • Horario: De 9:00 a 14:00 y de 15:30 a 17:30
  • Formular, analizar e abordar de forma práctica as necesidades, retos e problemas na gobernanza das fundacións.
  • Ofrecer unha visión xeral ás principais obrigacións xurídicas, contables e fiscais das fundacións de ámbito autonómico e estatal, á vista das principais novidades aplicables nestes campos.

Cada persoa asistente disporá dun itinerario a través do cal abordará as principais cuestións de cada un dos catro módulos de desenvolvemento deste ciclo formativo, nos termos detallados nos obxectivos e a descrición.

A metodoloxía será eminentemente práctica, habilitando mecanismos para poder expor casos concretos de cada entidade e poder abordalos como elemento de aprendizaxe grupal.

Para iso as persoas participantes poderán expor previamente ao equipo docente calquera dúbida que queira ver abordada na sesión, de maneira pública ou anónima, para despois poder ser integrado ese contido e compartida a aprendizaxe.

  • As responsabilidades de goberno nas fundacións e asociacións.
  • Elementos organizativos do órgano máximo de goberno.
  • Funcións do órgano máximo de goberno: o desempeño das funcións esenciais e indicadores de boas prácticas.
  • Factores críticos da eficacia do órgano máximo de goberno.
  • Fundamentos legais do goberno de asociacións e fundacións. Dereitos, deberes e responsabilidades dos membros do órgano máximo de goberno.

Isabel Peñalosa Esteban, directora da asesoría xurídica e fiscal da Asociación Española de Fundaciones.

Formulario de inscrición

Voltar