Xornada Financiamento Público: contratos, convenios, concertos e subvencións

financiación pública

Nesta xornada analizarase o réxime xurídico dos contratos do sector público, as subvencións públicas, os convenios de colaboración, o concerto social -con seguimento da actual Proposición de lei de modificación da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos socias de Galicia(09/PPL-000042)-, e encomendas ou encargos de xestión como instrumentos de colaboración entre fundacións e entidades públicas,así como convenios de colaboración co sector empresarial, diferenciando na parte teórica e práctica entre as figuras, os seus requisitos, límites e efectos.

Facilitaremos unha visión global do actual contexto de financiamento público e mostraremos o itinerario idóneo a seguir no proceso de identificación e tramitación das contratacións ou subvencións públicas.

Proporcionaremos as pautas básicas para elaborar eficazmente os expedientes administrativos, desenvolvendo cada unha das fases de tramitación que conforman o proceso, repasando os procedementos e as súas incidencias e patoloxías máis comúns, así como as expostas durante a xornada, dende o inicio (convocatoria e/ou formulación) ata a súa finalización (xustificación e reintegro).

Ficha do curso e inscrición

  • Organiza: Algalia Servizos para o Terceiro Sector
  • Duración: 7 horas
  • Datas: 30/06/2016
  • Prezo: 175€
  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 23/06/2016
  • Destinatarios: Membros do padroado e persoal directivo ou de xestión dunha Fundación, ademais de calquera outra persoa interesada no tercer sector.
  • Nivel: Medio
  • Formato: Presencial
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Lugar: Hotel AC Palacio del Carmen, C/ Oblatas S/N
  • Horario: De 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30

Os obxectivos que queremos alcanzar co ciclo son os seguintes:

  • Formular, analizar e abordar de forma práctica as necesidades, retos e problemas na gobernanza e na xestión legal, das fundacións.
  • Ofrecer unha visión xeral ás principais obrigacións xurídicas, das fundación.

Cada persoa asistente disporá dun itinerario a través do cal abordará as principais cuestións de cada un dos catro módulos de desenvolvemento deste ciclo formativo, nos termos detallados nos obxectivos e a descrición.

A metodoloxía será eminentemente práctica, habilitando mecanismos para poder expor casos concretos de cada entidade e poder abordalos como elemento de aprendizaxe grupal.

Para iso as persoas participantes poderán expor previamente ao equipo docente calquera dúbida que queira ver abordada na sesión, de maneira pública ou anónima, para despois poder ser integrado ese contido e compartida a aprendizaxe.

  • Réxime xurídico dos contratos do sector público.
  • As subvencións públicas.
  • Os convenios de colaboración.
  • Os convenios de colaboración co sector empresarial.
  • Os expedientes administrativos.
  • Incidencias  máis comúns.

Santiago Míguez, responsable servizos xurídicos Algalia, Servizos para o terceiro sector.

Formulario de inscrición

Voltar