Nova lei de réxime xurídico do sector público: Fundacións do sector público

Paddling on a calm lake --- Image by © Scott Barrow/Corbis

O próximo mes de outubro de 2016 entra en vigor a lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. A entrada en vigor desta norma obriga a operadores xurídicos e empregados públicos a unha actualización dos seus coñecementos e con este propósito organizamos unha Xornada sobre o réxime xurídico do sector público, no que afecta as Fundacións do Sector Público.

Na devandita Xornada pretendemos ofrecer unha visión específica, sobre o impacto de dicha normativa en aspectos como o órgano de goberno, rendición de contas, contratación, otorgamento de axudas, fiscalidade, etc.

Ademais quere ser un espazo de coñecemento entre os diferentes profesionais do sector fundacional en Galicia.

Ficha do curso e inscrición

  • Duración: 7 horas
  • Datas: 27 de octubre de 2016
  • Prezo: 175 €
  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 19/10/2016
  • Destinatarios: Membros do patronato e persoal directivo de xestión dunha Fundación do sector público, ademáis de calquera outro profesional interesado nas Fundacións.
  • Formato: Presencial
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Lugar: Hotel AC Palacio del Carmen. C/ Oblatas S/N
  • Horario: De 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30

A metodoloxía será eminentemente práctica, habilitando mecanismos para poder expoñer casos concretos de cada entidade e poder abordalos como elemento de aprendizaxe grupal.

Para iso as persoas participantes poderán expoñer previamente ao equipo docente calquera dúbida que queira ver abordada na sesión, de maneira pública ou anónima, para despois poder ser integrado ese contido e compartido a aprendizaxe.

Introdución. Fundacións privadas e fundacións do sector público.

  • Definición e marco regulador aplicable ás fundacións privadas e ás fundacións do sector público: estatal, autonómico e local, fundacións dependentes das universidades públicas e fundacións de investigación biomédica dos hospitais públicos. Nova Lei de Réxime Xurídico do Sector Público.

Goberno das fundacións.

  • Atribución da condición de patrón e réxime de responsabilidades.
  • Adopción de acordos: facultades indelegables e relación do padroado con outros órganos da fundación unipersoais ou colexiados (comités executivos, directores, xerentes e consellos asesores).
  • Conflito de interese patrón – fundación: a autocontratación, en particular no ámbito da investigación e das fundacións do sector público.
  • O programa de prevención de riscos penais.

Rendición de contas.

  • Obrigacións en materia orzamentaria e de rendición de contas das fundacións privadas e do sector público: presentación de contas, plans de actuación e orzamentos, e obrigacións de auditoría.
  • Réxime de fiscalización das fundacións do sector público: tribunal e cámaras de contas, intervención e subministración de información relativa a contratos e subvencións.
  • Transparencia fundacional: obrigacións legais e outros estándares voluntarios.
  • Normativa de prevención de branqueo de capitais e fundacións.

Obrigacións das fundacións do sector público en materia de contratación, otorgamento de axudas sen contraprestación e persoal:

  • Perspectiva da fundación como poder adxudicador/ente subvencionante e como contratista/beneficiario.
  • Contratación de persoal e réxime aplicable.
  • Réxime de incompatibilidades persoal e altos cargos.

Réxime xurídico e fiscal dalgunhas actividades “típicas” das fundacións.

  • Captación de fondos: doazóns e mecenado, convenios, patrocinio, crowdfunding.
  • Os novos incentivos fiscais ao mecenado.
  • Contratos de investigación e transferencia de tecnoloxía.
  • Participación en sociedades e outras formas de colaboración.

Reestruturación de fundacións:

  • Réxime de fusión e absorción de fundacións.
  • Outras reestruturacións: cesión global de activos e pasivos.
  • Reestruturación do sector público fundacional.

Presenta: Santiago Míguez Caridad, responsable de servizos xurídicos de Algalia, servizos para o terceiro sector

Formadora: Isabel Peñalosa Esteban, directora da asesoría xurídica e fiscal da Asociación Española de Fundacións.

Formulario de inscrición

Voltar