Transición á Norma ISO 9001:2015

O 23 de setembro do 2015 publicouse a Norma UNE-EN-ISO 2015, abríndose un período de transición para a incorporación dos novos requirimentos desta norma, que finaliza o próximo setembro do 2018, e onde deixará de ter vixencia as certificacións  baixo  a versión do 2008.

A nova ISO 9001: 2015 trae cambios moi importantes, aínda que o máis destacado é a incorporación da xestión do risco ou o enfoque baseado en riscos nos Sistemas de Xestión da Calidade. Aínda que é unha técnica normalmente aplicada nas organizacións ata agora non estaba aliñada co SGC.

  • Organiza: Algalia Servizos para o Terceiro Sector
  • Duración: 6 horas
  • Datas: 9 de novembro de 2017
  • Prezo: 110 €
  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 06/11/2017
  • Destinatarios: Responsables de Calidade, Dirección, responsables e/ou coordinadores de servizos que queiran adquirir un coñecemento profundo no desenvolvemento dun sistema de xestión da Calidade nas Organizacións.
  • Nivel: Medio
  • Formato: Presencial
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Lugar: Cidade da Cultura de Galicia, Biblioteca e Arquivo de Galicia – Aula II. Monte Gaiás, s/n
  • Horario: De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30
Nesta xornada que vos propoñemos, pretendemos analizar os principais cambios que introduciu a ISO 9001:2015 axudando aos participantes para comprender o novo enfoque e dotándolles das ferramentas e coñecementos necesarios para levar a cabo con éxito a transición á nova norma adaptando os Sistemas de Xestión da Calidade ás novas directrices. É moi importante non deixar todo o traballo para o final do citado período, pois podes poñer en risco o certificado de calidade da túa organización.
A metodoloxía será teórico-practica, abordando a través de casos, as claves para realizar a transición á nova norma. Ademais facilitarase a ferramenta de Gap de Análise para que cada participante poida planificar a adaptación do seu sistema.
  1. Evolución da Norma ISO 9001
  2. Estrutura de alto nivel para as normas de Xestión
  3. A Norma ISO 9001:2015. Principais cambios e novos requisitos:
    • Contexto da Organización
    • Liderado
    • Enfoque sobre a xestión do risco
    • Énfase na xestión por procesos
  4. Comparación entre ISO 9001:2008 e ISO 9001:2015.Matriz de correlación
  5. Impacto dos cambios para a organización
Miguel Angel Barbosa,  Socio responsable de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector.

Formulario de inscrición

Voltar