Para afianzar a aprendizaxe, garantir a adquisición de competencias e a transferibilidade ao posto de traballo diario de cada persoa en cada Entidade de economía social, o Programa VIRADA basease nos seguintes principios:

Primeiro principio

Ten como centro as persoas dos Equipos de dirección, e ofrece dende o recoñecemento e o respecto, unha batería de ferramentas que cada equipo moldea, axusta, prioriza e desenvolve.

Segundo principio

Pide compromiso ás persoas que participan nel, incide na realidade concreta da entidade e ten como obxectivo a mellora e o cambio.

Terceiro principio

Propón actividades, contidos e dinámicas activas que inciden na capacidade de pensar, crear e propor das persoas, nas que dende o seu punto de vista e partida, medran, maduran, evolucionan e integran as aprendizaxes, xerando unha aprendizaxe significativa que favorece o cambio.

Cuarto principio

Traballa para o procomún do sector da economía social, tomando como punto de partida e clave do proceso a creación de vínculos, a aprendizaxe colaborativa e o intercambio de recursos.

Quinto principio

Ten un soporte vital no encontro presencial, onde desde claves de participación e creación conxunta, desenvólvense procesos de escoita, desafogo, creación de criterios e achegas de melloras.

Estes procesos son xeradores de aprendizaxe, contraste, crecemento, encontro, comunidade e rede.