Prezo

Total do programa: 2050 €.

Inclúe

  • 64 horas de docencia presencial (48 en Encontros presenciais outdoor e 12 en Obradorios de contido sobre liderado).
  • 6 horas de Coaching persoal.
  • 8 horas de acompañamento grupal para o Proxecto de mellora organizacional.
  • Aloxamento e comidas no lugar de celebración dos Encontros presenciais outdoor.
  • Xestións para a bonificación ante a FTFE.

Descontos

  • Este programa é bonificable pola Fundación Tripartita para a Formación e o Emprego. O importe bonificable será calculado especificamente para cada participante durante o proceso de inscrición.
  • Os clientes de Algalia terán un desconto do 5 %. A segunda persoa da mesma entidade terá un desconto do 5 %. Os descontos non son acumulables.
  • Os pagos poden ser fraccionados: o 50% ao inicio (antes do 24 de xaneiro de 2020) e o 50% restante antes do 19 de maio de 2020.

Inscrición

Prazo

  • Antes das 08.00 horas do venres  24 de xaneiro de 2020.

Requisitos

  • Persoas con responsabilidades, presentes ou futuras, de dirección, xerencia ou coordinación de equipos en entidades de economía social ou empresas.
  • Non poderán participar máis de dúas persoas da mesma entidades ou empresa, salvo excepcións que se estudarán en particular.

Número de prazas

  • O número de prazas está limitado a un máximo de 25.
  • Algalia resérvase o dereito de suspender a edición do programa no caso de que non haxa un número de inscritos suficiente.

Criterio de selección

  • Valorarase a adecuación dos contidos do curso ao perfil profesional presente ou futuro da persoa candidata.
  • Terase en conta o número de participantes dunha mesma empresa ou organización non lucrativa, así como a orde de inscrición.
  • Terase en conta a orde de inscrición.
  • Unha vez realizada a inscrición, o responsable do Programa VIRADA LIDERADO, David Pereiro (687 879 414 o david.pereiro@algalia.com) manterá unha entrevista persoal coa persoa candidata.

Para inscribirche pica aquí