Estrutura xurídica

Despois de vinte anos de vida, asumimos a Cooperativa como unha asociación de persoas que teñen necesidades ou intereses socioeconómicos comúns, cuxo propósito é mellorar a situación económica e social dos seus compoñentes e da súa contorna comunitaria, mediante unha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática na que o servizo mutuo e a achega económica de todas as persoas membros permitan cumprir unha función que tende a mellorar as relacións humanas e a antepoñer os intereses colectivos a calquera idea de beneficio particular.

Algalia S Coop. Galega é unha cooperativa que desenvolve servizos profesionais directamente e a través de otra sociedade da que ten participacións maioritarias:

  • XEGALIA GALEGA DE XESTIÓN SL. Que presta servizos de asesoramento económico e laboral.
Voltar