Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Neste mes de outubro o Parlamento dos Deputados aprobou a nova lei de contratos do sector público. As diferentes organizacións que representan á economía social, felicitáronse e danlle a benvida. É certo que a nosa historia está chea de casos de boas intencións e  escasos resultados, pero a día de hoxe temos unha Lei que na súa redacción abre oportunidades para o desenvolvemento e consolidación das entidades de economía social.

  • Inclúense nos contratos públicos consideracións de tipo social, ambiental e de innovación e desenvolvemento. Estas consideracións poderán incluírse tanto ao deseñarse os criterios de adxudicación, como nos criterios cualitativos para avaliar a mellor relación calidade-prezo.
  • Reservaranse entre un 7 e un 10% dos contratos de servizos a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e a Empresas de inserción. (Disposición Adicional Cuarta)
  • As Cláusulas Sociais incluiranse nos pregos de condicións técnicas e administrativas.
  • Se transversaliza o Enfoque de Xénero na LCSP: prohíbese licitar a aquelas empresas que non cumpran coa obrigación de implementar plans de igualdade;
  • A LCSP recolle a posibilidade de que, nos procesos de contratación, as administracións públicas poidan consultar ás organizacións sociais no proceso de adxudicación dos contratos, para verificar os criterios sociais que presenten as empresas nas súas ofertas.
  • Aquelas ofertas que sexan anormalmente baixas e vulneren a normativa laboral, social ou ambiental serán automaticamente rexeitadas.

Para que realmente estas medidas sexan realmente efectivas, faise necesario contar con organizacións representativas da economía social, con capacidade para realizar un labor de divulgación, asesoramento e control das administracións públicas para que realmente a contratación pública sexa tamén un instrumento da acción política.

As propias organizacións da economía social, terán que familiarizarse con este novo instrumento para así poder incidir politicamente e detectar situacións que se poderían amparar neste  novo marco.

Por tanto este é un camiño que se inicia e nos próximos meses iremos abordando desde Algalia S. Coop. diferentes medidas para trasladar aos nosos clientes as oportunidades que poden xurdir así como asesoramento na súa aplicación.

Celso Gándara
Xerente de Algalia S. Coop.

Voltar