Imatia , o socio tecnolóxico de Algalia, recibe un premio que recoñece a súa visión innovadora

Imatia Innovation, socio tecnolóxico de Algalia, no desenvolvemento de +INTEGRA, aplicación informática que persigue mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade a través da mellora dos procesos de xestión e intervención, ven de ser recoñecida polo Colexio profesional de Enxeñería en Informática de Galicia co premio a Iniciativa Empresarial.

Imatia, é unha empresa xurdida ao abeiro da Universidade de Vigo, como spin-off especializada no desenvolvemento eficaz de sistemas de información e alta calidade. Este mesmo ano, a editorial Red Herring incluíu a firma galega dentro da súa listaxe de referencia a nivel mundial de empresas, TOP 100 en Europa. Esta inclusión certifica entre outras cousas o potencial de medre e de desenvolvemento da firma galega.

Dende aquí felicitar a Imatia polos seus éxitos e desexarlles moitos máis no futuro.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar