As entidades do terceiro sector que teñen certificado o seu sistema de calidade, despois do esforzo realizado, fanse a mesma pregunta, ¿ e agora… ,que?

Normalmente buscamos avidamente implantar outros sistemas, xa sexa un modelo EFQM, ou calquera outro modelo que entendamos que é válida e/ou necesaria para a nosa organización. Nesta análise, descoidamos varios aspectos que son claves:
  1. O primeiro e fundamental é que a certificación en si, adoita ser entendida como un fin, e non como o punto de partida do noso sistema.
  2. O segundo aspecto clave, é que, por “moi ben” que implantaramos o noso sistema, temos que entender que é un sistema novo e como tal necesita tempo para afianzarse e interiorizarse na organización.
  3. O último é a mellora da eficacia e eficiencia do noso sistema de calidade. Una vez tiñamos un sistema maduro, eficaz e eficiente, é cando realmente estamos preparados para afrontar novos retos.

Miguel Barbosa
Socio Responsable da área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar