Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Vivimos un momento único, sen referentes na historia, de cambio tecnolóxico e de cambio na estrutura de pensamento ou crenzas que compartimos a sociedade, e que nos sirve para observar e interpretar a realidade que nos rodea.

Este cambio esixe utilizar novas ferramentas -ou utilizar as ferramentas tradicionais dunha nova forma- para a comunicación, para a captación de fondos, para a participación da cidadanía… E estas ferramentas nos servirán para transmitir valores novos onde deixaremos de ver os recursos en termos de necesidades para utilizalos en termos de oportunidades.

O crowdfunding é unha desas ferramentas para a captación de fondos baixo un novo paradigma, que ten a capacidade para promover ou acelerar cambios no eido social, e obriga a buscar fondos a partir de valores como a apertura, a participación, a transparencia, a horizontalidade, etc.

Por iso, neste curso utilizaremos o crowdfunding non só como ferramenta para captación de fondos, senón tamén para a comunicación de proxectos ou iniciativas e para xerar novas formas de participación que van máis alá do doante, voluntario, socio, etc. Os dous tipos de públicos clave cos que conectaremos os nosos proxectos serán:

  • Os novos, nativos dixitais na súa maioría, que non se identifican coa figura de socio ou doante dunha ONG, pero si estarían dispostos a apoiar un proxecto social si este se aborda dende un novo paradigma: aberto, participativo, global e replicable en diversos contextos.
  • Un público tradicional das ONG –socios, doantes, voluntarios …- ás veces inactivo, desencantado ou que busca outras formas de cambiar o seu entorno de forma activa.

Traballaremos o crowdfunding dende a práctica, deseñando campañas concretas que, ao mesmo tempo, nos axuden a repensar como abordar os proxectos sociais, poñendo as énfases na comunicación de resultados, na participación de todos os actores implicados, na transparencia e apertura do proceso, e na aprendizaxe continua.

Nos talleres de crowdfunding  falamos de obter cartos, pero tamén de obter compromisos, talento, coñecemento e innovación. E ese capital atópase frecuentemente no público obxectivo ao que as ONG poden chegar, pero non saben como.

Esperámosvos!

Xosé Ramíl
Colaborador en captación de fondos de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar