Xerando seguridade e confianza. A xestión fiscal e contable da captación de fondos

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Neste módulo do curso de captación de fondos para entidades non lucrativas abordaremos a lexislación, que nos afecta para desenvolver unha axeitada xestión de fondos privados. A seguridade e a confianza son claves para os doantes. O coñecemento das leis de transparencia, branqueo de capitais, protección de datos, mecenado, etc así como unha axeitada xestión das mesmas son instrumentos imprescindibles nunha organización que queira presentarse perante a sociedade como receptora de fondos.

 

 

Datos xerais

  • Organiza: Algalia Servizos para o Terceiro Sector
  • Duración: 6 horas
  • Datas: 26 de outubro
  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 20/10/2017
  • Destinatarios: Persoas con responsabilidades no departamento de administración, comunicación ou dirección de entidades non lucrativas. Tamén a persoas interesadas en orientar a súa carreira profesional cara á captación de fondos
  • Nivel: Medio
  • Formato: Presencial
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Lugar: Cidade da Cultura de Galicia, Biblioteca e Arquivo de Galicia – Aula I. Monte Gaiás, s/n|
  • Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 17:30.
  • Prezo: 125€
  • Descontos curso:
    • Os clientes de Algalia terán un desconto do 10%
    • Aplicarase un 20% de desconto ás segundas e sucesivas inscricións de participantes dunha mesma entidade.
    • O prezo inclúe a documentación e o xantar.
    • A inscrición poderá cancelarse 72 horas antes da celebración do curso. En caso contrario abonarase o 50% da importe.
    • Os descontos non son acumulativos. Seleccionarase o desconto máis beneficioso.
  • Avisos:

    A xornada é bonificable pola FEFE. Podes informarche das bonificacións que a túa entidade poderá aplicarse nas cotizacións á Seguridade Social pola realización dos nosos cursos no 986-379587 o algalia@algalia.com

Obxectivo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn
  • Reflexionar sobre as condicións necesarias para a captación de fondos e cal é o potencial de cada unha das entidades asistentes para as diferentes técnicas de captación de fondos.
  • Identificar as claves da comunicación nas organizacións para orientala á captación de fondos.
  • Coñecer as claves e técnicas das distintas fontes de financiamento ás que poden acceder as organizacións.
  • Ser capaz de implementar distintas técnicas de captación de fondos en función do obxectivo perseguido e das características do proxecto.
  • Asegurar que se cumpre o marco legal nas accións de captación

Metodoloxía

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

As sesións seguirán unha metodoloxía de aprendizaxe activa baseada na análise de exemplos e na posta en acción dos coñecementos compartidos mediante casos prácticos.
Se aposta por un método activo, grupal e experiencial, onde as técnicas e dinámicas grupais e participativas xogan un papel substancial combinándoas cos contidos teóricos claves.

Un dos reforzos do curso é a transmisión a partir da propia experiencia das persoas docentes no desenvolvemento de accións e campañas orientadas á captación de fondos e da achega de materiais que axuden ao alumnado á planificación e o desenvolvemento de accións de captación.

Programa

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Xerando seguridade e confianza: A organización que define utilizar a captación de fondos como vía de financiamento ha de velar por un cumprimento e unha xestión adecuada para manter a relación de confianza cos seus doantes.

  • Implicacións da lei de transparencia.
  • Lei de protección de datos como garantía para cos doantes.
  • Consecuencias da lei de branqueo de capitais na captación de fondos.
  • Outras obrigacións legais.
  • Exercicio práctico: Diagnóstico de cumprimento legal
  • Posta en común do exercicio práctico.

A xestión fiscal e contable da captación de fondos. A captación de fondos ten un marco fiscal vantaxoso, polo cal se fai necesario para obter os beneficios o cumprimento normativo.

  • Marco fiscal da lei de mecenado
  • Beneficios fiscais das doazóns e impacto no imposto de sociedades e IRPF
  • Tratamento contable das operacións máis habituais

Documentación

Docencia

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Santiago Míguez: Avogado, exerce desde 1991 con vinculación e desenvolvemento profesional vinculado a entidades do terceiro sector e a aspectos sociais do dereito. Actualmente é o responsable dos servizos xurídicos de Algalia e durante a súa traxectoria foi asesor xurídico de numerosas organizacións tanto sociais como culturais. No exercicio da súa carreira especializouse nos aspectos xurídicos vinculados aos principais procesos das entidades non lucrativas: Financiamento a través de Subvencións e contratos públicos, Comunicación a través da lexislación de propiedade intelectual e protección de datos, así como ao funcionamento interno das formas xurídicas que compoñen a economía social como son as asociacións, fundacións, cooperativas, empresas de inserción, centros especiais de emprego, etc

Jorge Rodríguez Malingre: Socio-Responsable Asesoría de Algalia, Servizos para o terceiro sector e membro da comisión de entidades sen ánimo de lucro da AECA (Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas). Cursou estudos de Dirección e Administración de Empresas pola Universidade de Vigo, así como un curso de posgrao de Dirección de entidades non lucrativas, pola Universidade Ramón Llull. Ademais numerosos cursos de especialización como o Curso de control de xestión na Escola de Negocios A Fundación. Profesionalmente leva 25 anos de experiencia no asesoramento económico de organizacións lucrativas. Especialmente no ámbito de Asociacións vinculadas á discapacidade e fundacións sociais, culturais, públicas e deportivas. .

Voltar