Programa Virada_Liderado, para o desenvolvemento do liderado en persoas con responsabilidades de dirección ou coordinación en organizacións

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

O programa Virada_Liderado, vai dirixido a persoas con responsabilidades, presentes ou futuras, de dirección, xerencia ou coordinación de equipos entidades de economía social, organizacións non lucrativas ou empresas.

Queremos facilitar que estas persoas adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o exercicio dun liderado máis efectivo que contribúa ao desenvolvemento das súas organizacións.

O Programa está deseñado para que a persoa participante sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, aínda que será de gran axuda a aprendizaxe en grupo e o apoio do equipo facilitador.

Para lograr as competencias de liderado levará a cabo un itinerario con espazos e actividades individuais e grupais. Todas elas están deseñadas para lograr unha aprendizaxe efectiva e aplicable.

Virada_Liderado inclúe:

  • A aprendizaxe a través do proceso vivencial nos Encontros presenciais outdoor. Son espazos que pretenden propiciar un espazo vivencial próximo e de confianza, onde se traballen aspectos relacionados co plan de mellora persoal e ao fío do itinerario da formación nos Obradoiros de contidos sobre liderado.
  • Obradoiros de contidos sobre liderado. Neste espazo de aprendizaxe ofreceranse enfoques e ferramentas prácticas sobre liderado. Realizarase unha mirada profunda e vivencial dos elementos que interveñen na nosa forma de pensar, comunicarnos e actuar, a nivel persoal e grupal.
  • Plan de mellora de competencias persoais en liderado: Coaching persoal. Cada participante será guiado por un coach de maneira personalizada, co fin de indagar e reflexionar sobre a súa visión e práctica como líder. Trátase dun proceso persoal con gran repercusión na forma de pensar, sentir e actuar.
  • Proxecto de mellora organizacional. Cada participante deseñará e levará a cabo un proxecto de mellora organizativa aplicado a súa organización, estreitamente relacionado co plan de liderado persoal e o desenvolvemento das habilidades traballadas durante a primeira parte do programa. Este proceso será guiado por un titor en titorías grupais.

A participación no programa leva 100 horas de dedicación: 75 horas presenciais e aproximadamente 25 horas de traballo persoal.

O programa está deseñado para compaxinalo co labor profesional, axudar a resolver situacións do día a día e compartir inquietudes con persoas afíns. Suporá, en certo xeito, un “respiro” na devandita labor.

Máis información programa Virada_Liderado

Persoa de contacto: David Pereiro, 687 879 414 ou david@algalia.com

 

 

Datos xerais

  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 10/02/2018
Voltar