Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Programa Virada_Equipos para fortalecemento do liderado dos equipos de dirección

O programa Virada_Equipos  vai dirixido a Equipos de dirección de Entidades de economía social, co propósito de que estes desenvolvan as súas competencias de liderado, xestión e dinamización de equipos, necesarias para enfrontar retos e superar dificultades.

As Entidades de economía social están a responder ao desafío de ser axentes de cambio e transformación no seu ámbito de influencia, e a nosa experiencia é que esta contribución social incrementa a súa efectividade cando o Equipo de dirección afronta e lidera a resposta aos retos dos tempos e se converte en inspiración para o resto de persoas e equipos da Entidade.

O impulso do Equipo de dirección resulta clave para que unha Entidade de economía social acade o cumprimento da súa misión, a institución desenvolva un proxecto atractivo, viable e sostible, e mellore a satisfacción de todas as partes implicadas no proxecto.

Pretendemos acompañar a Equipos de dirección para contribuír a facer máis efectivos as Entidades de economía social.

Máis información programa Virada_Equipos

Persoa de contacto:  Celso Gándara, celso@algalia.com

Datos xerais

  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 15/09/2017
Voltar