Empezando pola base. Os socios e crowdfunding: connecting people

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

A captación de fondos ten como obxectivo implicar a persoas para que participen nunha causa.

Con este curso abordaremos a captación de fondos vía persoas físicas e desde todas as perspectivas para as entidades sen fins lucrativos, que necesitan sumar doantes que acheguen de forma regular unha doazón, ou para aquelas que necesitan doantes puntuais para un proxecto concreto

 

Datos xerais

  • Organiza: Algalia Servizos para o Terceiro Sector
  • Duración: 10 horas
  • Datas: 21 e 22 de setembro
  • Prezo: 200€
  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 15/09/2017
  • Destinatarios: Persoas con responsabilidades no departamento de administración, comunicación ou dirección de entidades non lucrativas. Tamén a persoas interesadas en orientar a súa carreira profesional cara á captación de fondos
  • Nivel: Medio
  • Formato: Presencial
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Lugar: Cidade da Cultura de Galicia, Biblioteca e Arquivo de Galicia. Monte Gaiás, s/n| 15707 Santiago de Compostela
  • Horario: Xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 17:30, e venres de 10:00 a 14:00

Obxectivo

  • Reflexionar sobre as condicións necesarias para a captación de fondos e cal é o potencial de cada unha das entidades asistentes para as diferentes técnicas de captación de fondos.
  • Identificar as claves da comunicación nas organizacións para orientala á captación de fondos.
  • Coñecer as claves e técnicas das distintas fontes de financiamento ás que poden acceder as organizacións.
  • Ser capaz de implementar distintas técnicas de captación de fondos en función do obxectivo perseguido e das características do proxecto.
  • Asegurar que se cumpre o marco legal nas accións de captación

Metodoloxía

As sesións seguirán unha metodoloxía de aprendizaxe activa baseada na análise de exemplos e na posta en acción dos coñecementos compartidos mediante casos prácticos. Se aposta por un método activo, grupal e experiencial, onde as técnicas e dinámicas grupais e participativas xogan un papel substancial combinándoas cos contidos teóricos claves. Un dos reforzos do curso é a transmisión a partir da propia experiencia das persoas docentes no desenvolvemento de accións e campañas orientadas á captación de fondos e da achega de materiais que axuden ao alumnado á planificación e o desenvolvemento de accións de captación.

Programa

Empezando pola base. Os socios son máis que doantes que achegan estabilidade económica, xeran a lexitimidade social para levar adiante os nosos proxectos.
  • O papel dos socios como xeradores de ingresos e de lexitimidade para operar como entidade social.
  • Trazos propios da comunicación para a xeración de fondos vía socios.
  • Dúas claves fundamentais: o recoñecemento e o agradecemento.
  • Exercicio práctico: como xerar base social?
  • Posta en común do exercicio práctico.
Crowdfunding: connectingpeople. O financiamento colectivo é máis que captación de fondos: unha comunidade que apoia e identifícase cunha causa.
  • Características dun proxecto para que resulte máis atractivo na captación de fondos vía crowdfunding.
  • Elección da plataforma de crowdfunding.
  • Fases nunha campaña de crowdfunding.
  • Como comunicar para implicar persoas e obter fondos na nosa campaña de crowdfunding.
  • Exercicio práctico: creamos a nosa campaña de crowdfunding.
  • Posta en común do exercicio práctico.

Docencia

Arancha Cejudo: Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais (Universidade de Valladolid) e Máster en Consultoría e Desenvolvemento Organizacional (Universidade de Valladolid). Máis de 15 anos de experiencia profesional en entidades non lucrativas en postos de coordinación de proxectos, financiamento público, innovación e posta en marcha de novos proxectos. Experiencia en formación de entidades non lucrativas, con diferentes accións en temas de crowdfunding, desenvolvemento de base social, innovación social e modelos de financiamento. Xosé Ramil: Responsable de comunicación do itdUPM. Consultoría e formación en comunicación dixital, crowdfunding, crowdsourcing. Realiza consultorías e imparte formación en comunicación dixital, novas narrativas, procesos de financiamento colectivo (crowdfunding), ferramentas TIC e innovación para a participación cidadá, comunicación estratéxica e xestión do cambio en ONG de Desenvolvemento e de Acción Social.
Voltar