Transición á Norma ISO 9001:2015

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

O 23 de setembro do 2015 publicouse a Norma UNE-EN-ISO 2015, abríndose un período de transición para a incorporación dos novos requirimentos desta norma, que finaliza o próximo setembro do 2018, e onde deixará de ter vixencia as certificacións  baixo  a versión do 2008.

A nova ISO 9001: 2015 trae cambios moi importantes, aínda que o máis destacado é a incorporación da xestión do risco ou o enfoque baseado en riscos nos Sistemas de Xestión da Calidade. Aínda que é unha técnica normalmente aplicada nas organizacións ata agora non estaba aliñada co SGC.

Datos xerais

  • Organiza: Algalia Servizos para o Terceiro Sector
  • Duración: 6 horas
  • Datas: 9 de novembro de 2017
  • Subvencionado: Si
  • Límite de inscripción: 03/11/2017
  • Destinatarios: Responsables de Calidade, Dirección, responsables e/ou coordinadores de servizos que queiran adquirir un coñecemento profundo no desenvolvemento dun sistema de xestión da Calidade nas Organizacións.
  • Nivel: Medio
  • Formato: Presencial
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Lugar: Cidade da Cultura de Galicia, Biblioteca e Arquivo de Galicia – Aula II. Monte Gaiás, s/n
  • Horario: De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30
  • Prezo: 110 €
  • Descontos curso:

    Os clientes de Algalia terán un desconto do 10%

    Aplicarase un 20% de desconto ás segundas e sucesivas inscricións de participantes dunha mesma entidade.

    Os descontos non son acumulativos. Seleccionarase o desconto máis beneficioso.

  • Avisos:

    A xornada é bonificable pola FTFE. Podes informarche das bonificacións que a túa entidade poderá aplicarse nas cotizacións á Seguridade Social pola realización dos nosos cursos no 986-379587 ou algalia@algalia.com

    *Se desexas bonificar o curso e a túa empresa dispón de RLT, a data límite de inscrición será o 30 de outubro.

     

Obxectivo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Nesta xornada que vos propoñemos, pretendemos analizar os principais cambios que introduciu a ISO 9001:2015 axudando aos participantes para comprender o novo enfoque e dotándolles das ferramentas e coñecementos necesarios para levar a cabo con éxito a transición á nova norma adaptando os Sistemas de Xestión da Calidade ás novas directrices.

É moi importante non deixar todo o traballo para o final do citado período, pois podes poñer en risco o certificado de calidade da túa organización.

Metodoloxía

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

A metodoloxía será teórico-practica, abordando a través de casos, as claves para realizar a transición á nova norma.

Ademais facilitarase a ferramenta de Gap de Análise para que cada participante poida planificar a adaptación do seu sistema.

Programa

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn
  1. Evolución da Norma ISO 9001
  2. Estrutura de alto nivel para as normas de Xestión
  3. A Norma ISO 9001:2015. Principais cambios e novos requisitos:
    • Contexto da Organización
    • Liderado
    • Enfoque sobre a xestión do risco
    • Énfase na xestión por procesos
  4. Comparación entre ISO 9001:2008 e ISO 9001:2015.Matriz de correlación
  5. Impacto dos cambios para a organización

Documentación

Docencia

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Miguel Angel Barbosa,  Socio responsable de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector.

Voltar