Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

As organizacións procuran o cumprimento das normas, e acreditar que as compren: como?. Pero, sobre todo, cando e para que?

Compliance. É una das palabras do momento no ámbito xurídico e no das organizacións, con ou sen ánimo de lucro. Os riscos de compliance -se queremos velo en negativo-  ou o cumprimento normativo -se o vemos en positivo- convertéronse nunha das necesidades ¿e preocupacións? básicas das organizacións, e nun motor xerador de cambios e solucións.

CUMPRIMENTO PENAL
  1. No ámbito xurídico penal, en 2010, 2012 e 2015 modificouse o Código Penal introducindo en España a responsabilidade penal das persoas xurídicas: xa non só responde a persoa que estea na presidencia ou a dirección ou a xerencia -ou ten autor descoñecido-, senón que a responsable penal é a propia entidade.
  2. Na práctica, o 2 de setembro de 2015 ditouse a primeira sentenza, seguindo outra serie delas nas cales se xulgaron delictos de estafa, delicto contra a saúde pública (tráfico de drogas), delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente, delicto societario ou delictos fiscais ou delicto contra os dereitos dos traballadores (ver aquí) unha relación, parcial das sentenzas, ou seguir o blog do fiscal galego Juan-Antonio Frago; e en 2016 a Circular 1/2016, de 22 de xaneiro, sobre a responsabilidade das persoas xurídicas, da Fiscalía Xeral do Estado  interpretou que nos beneficios obtidos pola organización poden estar os económicos, pero tamén beneficios estratéxicos, intanxibles ou reputacionais; e que as persoas con máis responsabilidade na organización son quen poden cometer o delicto que produza responsabilidade penal á persoa xurídica (representantes legais, membros dun órgano con autorización para tomar decisións no seu nome con facultades de organización e control, e mesmo persoas indebidamente controladas por aquelas).

Cos repertorios xurídicos temos tido público coñecemento dos nomes e actuacións de DESALUP S.L. ou TOP RECAMBIOS S.L., por exemplo, e as diferentes opcións de sanción: a disolución da organización; clausúra temporal ou definitiva; a suspensión ou prohibición da actividade; ou, como neste recente caso de TOP RECAMBIOS, S.L. multas e perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas e do dereito a obter beneficios ou incentivos fiscais ou da Seguridade Social desde o 15 de xuño de 2017 

Pero, ademais, cos medios de comunicación -incrementando así o dano reputacional- tivemos coñecemento en xaneiro de 2016 de que o Partido Popular estreaba a responsabilidade penal de partidos políticos por danos informáticos pola destrución de discos duros; ou en decembro de 2016 de que o F.C. Barcelona quedaba condenado por dous delictos fiscais

CUMPRIMENTO LEGAL

Pero se nos saímos da parte do delicto, no noso día a día máis cotián nas organizacións os incumprimentos legais -van contra a norma, pero non son constitutivos de delicto- son pouco menos que constantes en materias ordinarias como fiscal, contable, laboral, seguridade social, riscos laborais, protección de datos persoais, prevención de branqueo de capitais ou contratos e/ou subvencións, por exemplo; a listaxe das súas modificacións legais cáseque non se poden abranguer; e as sentenzas e novas son pouco menos que infinitas.

COMO?

En xeral, o cumprimento especificamente penal, ou o cumprimento legal integral, poden afrontarse con solucións baseadas na prevención, deseñadas especificamente a partir do coñecemento de cada organización concreta e o seu contexto particular.

  1. Para a parte estrictamente penal:
  2. E para a parte legal integral, esa tan ampla e cambiante… ¿temos algo semellante? A xestión do risco legal integral nunha entidade non ten un artigo dunha norma legal concreta onde nos diga todo o que temos que facer -ou non facer-. E non ten una norma ISO de “compliance legal integral”. Ten requisitos ou boas prácticas, por exemplo centradas en aspectos ambientais , ou aplicacións sectoriais, por exemplo do ámbito tecnolóxico , ou mesmo libros brancos sobre a función de cumprimento en xeral dentro de una organización.

Pero non temos nada integral. Entón, ¿como facer? Desde ALGALIA propomos a prevención, comenzando por nós mesmos.

CANDO E PARA QUE?

“Son riscos de Compliance os relacionados co incumprimento das obrigacións de Compliance, isto é, aquelas que una organización debe cumprir, e tamén as que elixe voluntariamente cumprir”.

A partir desta definición tomada do Libro Branco sobre a función de Compliance editado en marzo de 2017 por ASCOM (Asociación Española de Compliance)  estamos a tentar xerar solucións.

Se una organización quere controlar os seus riscos para non ser sancionada pola comisión de delictos, e facelo de maneira inmediata, podemos comprendelo, pero non é o enfoque que queremos compartir.

Se quere cumprir coas regras de xogo de maneira continuada, construíndo unha solución preventiva e proactiva, adaptada ás circunstancias propias, entón compartimos ese enfoque de traballo. E aí estamos: un grupo de responsables de dirección e xestión de varias entidades tiveron a xenerosidade e a visión de aceptar a iniciativa e colaborar con ALGALIA no deseño dunha ferramenta de análise e de diagnose coa cal dar esa resposta:

  • integral para todo o cumprimento legal, e
  • específica para cada entidade .

En vindeiros boletíns informarémosvos sobre a evolución deste apaixonante proxecto para este inescusable ámbito, e confiamos en poder presentarvos moi pronto una solución práctica, eficaz e especificamente adaptada para entidades sen ánimo de lucro.

Santiago Miguez
Responsable do Servizo Xurídico de Algalia Servizos para o Terceiro Secto

Voltar