Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Convocante

Concello de Redondela

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

As presentes bases e convocatoria ten por obxecto regular a concesión de subvencións para o desenvolvemento de programas de servizos sociais para o ano 2017, ás asociacións ou entidades legalmente constituídas que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela cuxos fins estatutarios se atopen expresamente vinculados á finalidade das presentes bases e convocatoria, que leven a cabo programas no término municipal de Redondela ou que interveñan coa poboación empadroada no municipio, vinculadas ás seguintes liñas de traballo:

  • De prevención da exclusión social ou promoción da inclusión social.
  • De promoción do voluntariado social.
  • De atención a infancia en colectivos que traballen con nenos e nenas redondeláns.
  • De prevención do illamento social das persoas maiores do noso municipio.
  • De prevención e promoción do coidado da saúde física, psíquica e social.

Beneficiarios

Terán a consideración de entidade beneficiaria das subvencións destas bases e convocatoria todas as asociacións e colectivos legalmente constituídos que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela,e que entre os obxectivos estatutarios figuren expresamente os establecidos no artigo segundo.

Para poder ser beneficiaria desta subvención as asociacións deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser unha entidade sen ánimo de lucro.
  • Ter debidamente xustificadas as subvencións concedidas en anteriores convocatorias, ou ben ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada, ou ben ter presentado unha renuncia por escrito.
  • Levar inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela como mínimo 6 meses dende a data de publicación destas bases e convocatoria.
  • Estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Redondela.
Voltar