Convocante

Deputación Provincial de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Constitúe o obxecto desta convocatoria a realización de actividades culturais na anualidade de 2018, cuxo obxecto social sexa a promoción cultural, e cuxos fins redunden na:

  • Dinamización cultural en todas as súas vertentes.
  • No beneficio das correspondentes colectividades e do interese xeral, potenciando a historia, a música, as tradicións de Galiza, o uso do idioma galego en todas as actividades que se leven a cabo.
  • Actividades de potenciación do patrimonio material e inmaterial do país.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas  subvencións as entidades culturais ou asociacións legalmente constituídas da provincia de Lugo ( enténdase con sede ou delegación social na provincia), adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da provincia, que os beneficiarios formen parte o conxunto demográfico lucense e sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto íntegro destas bases.

Voltar