Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

Convocante

Concello de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, Área de Cultura,Turismo,Xuventude e Promoción da Lingua – Xuventude – a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio económico de 2017, de programas e actividades xuvenís, programas e actividades dirixidas ás mozas e mozos lucenses con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global e programas e actividades con participación xuvenil dirixidas a promoción, difusión e recuperación histórica da cidade de Lugo, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.

Beneficiarios

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Con carácter excepcional, tamén poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar, dentro do termo municipal, un proxecto
    para o desenvolvemento de accións ou actividades que beneficien a xuventude de Lugo.
  2. Segundo se trate de asociacións, fundacións ou outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar inscritas no Rexistro municipal de asociacións, Rexistro público de fundación ou calquera outro rexistro público.
  3. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá quedar acreditado para estes efectos, coa declaración responsable incluída no Anexo IV destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das certificacións ás que se refire o parágrafo f) do artigo 10 destas bases.
  4. Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  5. Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
  6. Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a xuventude
  7. Desenvolver actividades e/ou programas que complementen a programación de animación de xuventude.
  8. Desenvolver actividades que complementen a difusión e recuperación histórica da cidade de Lugo.
  9. Non percibir, durante este exercicio económico, ningunha subvención municipal das previstas nominativamente no orzamento xeral de 2017.
  10. Non solicitar subvención por un importe superior ao 95 % do custo total da acción para a que solicita subvención, segundo o orzamento presentado, xa que o 5 % restante é de obrigada asunción pola entidade e non pode ser subvencionado por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras.
  11. Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva.
  12. Non utilizar a imaxen da muller como reclamo e con connotacións de tipo sexual ou a denigración da sua imaxen ( acordo plenario 9/124 do día 30/06/2016)

 

Voltar