Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar con esta convocatoria é o fomento do emprego ea consolidación dos proxectos empresariais das persoas emprendedoras e das micropemes, en particular:

  • Facilitar a consolidación de proxectos de emprendemento empresarial.
  • Fomentar o uso de entornas colaborativas (espazos de traballo compartidos entre varios usuarios (coworking)) na cidade, cara á redución de custes e á eficiencia empresarial.
  • Potenciar a xeración e continuidade de grupos empresariais e autónomos en entornas colaborativas.
  • Facilitar os inicios ás persoas emprendedoras e ás micropemes, cunha axuda económica destinada ao aluguer de espazos para o desenvolvemento da súa actividade en colaboración con outros profesionais, na mesma entorna.
  • Fomentar o traballo empresarial en rede (networking), mediante o compartimento de espazos físicos con outros empresarios e persoas emprendedoras, establecer novas relacións, coñecer outros puntos de vista e crear novas sinerxias.

Beneficiarios

Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarias as persoas autónomas e micropemes, que teñan a súa sede fiscal e social no termo municipal de Vigo.

Voltar