Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que lles dediquen unha especial atención á programación e difusión do cine galego e ás demais variantes lingüísticas de produción.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (o que acreditarán cunha declaración responsable da persoa representante)
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra
Voltar