Convocante

Concello de Lugo

Publicación

Diario Oficial da Provincia de Lugo

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, no eido dos
servizos sociais, a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o exercicio
económico de 2017, de programas e actividades que beneficien a colectivos do termo municipal de Lugo que se
encontren en situación de desvantaxe, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das
infraestruturas nas que se levan a cabo os ditos programas e actividades.

Beneficiarios

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades xurídico-privadas
sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Con carácter excepcional, tamén
poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar, dentro deste termo municipal, un
proxecto para o desenvolvemento de accións ou actividades que beneficien as veciñas e veciños de Lugo que se
encontren en situación de desvantaxe. Este punto acreditarase a través dunha memoria que se achegue para os
efectos.
b) Figurar inscritas no Rexistro municipal de Asociacións do Concello de Lugo ou no seu caso no Rexistro
público de Fundacións ou calquera outro rexistro público que proceda.
c) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
d) Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e) Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo
Concello de Lugo.
f) Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos en situación de
desvantaxe.
g) Non percibir, durante este exercicio económico, subvención municipal ningunha das previstas
nominativamente en 2017.
h) Non poderán solicitar subvención por un importe superior ao 95 % do custo total da acción para a que
solicita subvención, segundo o orzamento presentado, xa que o 5 % restante é de obrigada asunción pola
entidade e non pode ser subvencionado por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou
estranxeiras.
i) Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación
dos membros da directiva

Voltar