Convocante

Concello de Redondela

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto destas subvencións e promover as festas tradicionais, populares e gastronómicas en todas as súas vertentes. Estas actividades deben ser iniciadas e rematadas durante o ano 2017, abranguendo o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017.

Beneficiarios

Terán a consideración de beneficiarios as persoas que organicen a festa obxecto da subvención. Ditas persoas deberán ser persoas xurídicas legalmente constituídas coma asociacións, ou comisións de festas que deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro.
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Redondela.
  • Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda ante o Concello de Redondela para o mesmo obxecto para o que se solicita a nova subvención.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, co Concello e coa Seguridade Social.
Voltar