Convocante

Diputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto a  selección e distribución dun total de 400 bolsas de práctica laboral, dirixidas a mozas e mozos con titulación universitaria ou de formación profesional de ciclo superior, entre empresas privadas (en calquera da súas formas xurídicas),  da provincia de Pontevedra coa finalidade de seleccionar aquelas máis capacitadas para facilitarlles ás mozas e mozos beneficiarios a realización dunha práctica laboral que complemente a súa formación académica e lles proporcione a práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral.

Beneficiarios

Nesta convocatoria poderán participar todas as empresas privadas (calquera que sexa a súa forma xurídica), as corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) ou as organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais ) da provincia de Pontevedra que reúnan os seguintes requisitos:

  • Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos proxectos formativos de práctica laboral solicitados
  • Estar inscritas no rexistro público correspondente
  • Ter a sede social ou centro de traballo na provincia de Pontevedra
  • Non despedir de forma improcedente a ningunha persoa traballadora da empresa da mesma titulación ou que realizase tarefas similares ás que levará a cabo a persoa bolseira nos seis meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
  • Asumir o compromiso de non extinguir contratos laborais vixentes ao persoal da mesma titulación ou que veña realizando tarefas similares ás que levará a cabo a persoa bolseira.
  • Deseñar un proxecto ou programa formativo de práctica laboral por medio do cal as persoas con titulación universitaria ou de ciclos superiores de FP poidan adquirir
    competencias para o exercicio de actividades profesionais que faciliten a súa empregabilidade
  • Estar relacionada a súa actividade coas titulacións solicitadas
  • Dispoñer de persoal técnico cualificado que se encargue de exercer as funcións de titoría e responsabilizarse da formación práctica da persoa bolseira, acreditando documentalmente esa cualificación mediante a titulación, contrato de traballo ou cargo na empresa que estea relacionado co obxecto da bolsa
  • Dispor dos medios técnicos necesarios para que a persoa bolseira desempeñe as súas tarefas
  • Non ter asignada na actualidade unha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación de Pontevedra, tomando como referencia para tal efecto o período de tempo que
    transcorre desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata a data de finalización de presentación das solicitudes.
Voltar